Bienvenido

O MOTOR DA MIÑA VIDA: A MIÑA FAMILIA.

viernes, 15 de mayo de 2015

O 20 de setembro de 1993 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decideu que cada 15 de maio se celebraría o “Día Internacional da Familia”.

Sen lugar a dúbidas, a familia convértese nun elemento importante nas nosas vidas, pois constitúe o primeiro grupo social ao que pertencemos e nela establecemos a nosa base afectiva e cultural e adquirimos os valores e normas vixentes no noso contorno socializador inmediato.


Hoxe en día, existe unha ampla diversidade de estruturas familiares, por iso, nas asembleas matinais, tentamos fomentar o respecto e valoración da propia familia; ademais, procuramos achegarnos aos distintos tipos de familias.
Claro que si!... as persoas que viven connosco na casa son a nosa familia, tamén as madriñas e padriños, os primos e primas, incluso algún ata engadiu aos seus amigos e amigas, pero non, por moito que os queiramos, os amigos e amigas non son da nosa familia, pero... como si o foran!
Lembraredes que o centro de interese da familia o traballaramos no comezo de curso alá polo mes de outubro. A partir desta unidade didáctica, cada un de nós conversara moi timidamente acerca dos membros da súa familia. Para iso, axudabamonos dunha fotografía que aportaran as nosas familias e que actualmente presiden a zona de exposicións da aula.
O tempo pasa, e pasa para todos, e as escasas informacións acerca dos membros das nosas familias daquel entón, quedaron esquecidas e agora engadimos a información que cadaquén estimou oportuna, extendendo esta máis aló dos membros da unidade básica. Falamos das madriñas, dos nosos primos pequenos -dos maiores ninguén dixo nada-,... ata dos avós e avoas que que tanto tantísimo nos queren…
Todas estas conversas, culminaron hoxe co agasallo para as nosas familias que fomos elaborando día a día cun entusiasmo e entrega totais.
Comezamos pintando un triángulo con pincel e témpera de cor vermella intentando non saírnos demasiado…o espazo era moi moi pequeno, uf!


Xa logo, seca a témpera, picamos coa axuda do punzón e da táboa de picado pola liña negra do triángulo pequeno, amodo e... sen présas?...


Finalmente, aproveitando os logros na escrita, escribimos un pequeno texto a partir do noso nome. Tiñan que ser letras medianas, -máis ben tirando a grandes-, para que se viran no fondo vermello, pero estamos acostumados ás letras medianas que custounos un chisquiño cambiar o “chip”...


E para rematar... estampamos a nosa man impregnada en témpera de cor verde no centro do triángulo e... rápido a lavarse!


Aha!... Un sinal de cor?... vermella! E de forma?... de triángulo!... Siii, é un sinal de tráfico!


Para completar o agasallo, decidimos xa o xoves elaborar unha tarxeta na que de novo picamos e pegamos unha das nosas mellores fotos.


Por último, na parte adicada ao texto, escribimos, ademais do noso nome, un texto a partir da escrita de palabras significativas.


O resultado?... Un sinal de tráfico do máis especial, non se trata dun sinal de tráfico calquera, senón da nosa sinal que coidamos que mamá, papá, os avós, padriño, madriña… penduren no seu coche para non esquecer nunca que os queremos… “hasta el infinito y más allá”.


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

O contacontos deste venres será:
- BRUNO: "Negros e Brancos”. (Edit. Xerais)

Anónimo dijo...

Que bonitos !!!!!
Parabéns a todas as familias e en especial as que tiveron a José Ricardo de profe.

Conchi Glez Machado dijo...

Gracias por os regaliños!!! Fixestes un bo traballo entre todos!!!
Profe Ricardo ti tamen formas parte da nosa familia.
Un saúdo.

Joe dijo...

Precioso detalle que nos trouxeron os peques, e con que ilusión insisteu a miña en colgalo no coche.
O que pasa e que ahora quere facer máis po resto da familia....ja, ja, ja.
Moitas gracias.

sonia dijo...

Encantounos o regalo!!! A yaiza non lle daba chegado seu pai de traballar para colgalo no coche jejeje. Moitisimas gracias!!!