Aínda non o podemos crer!...
Pascuala voou coma os paxaros, os avións, os helicópteros, os globos e as naves
espaciais, pero… nunha fregona! A viaxe foi estupenda e a Pascula aínda lle
dura a emoción.
Deste xeito, montados nunha
fregona voadora coa axuda da caixa máxica de papeliños de cores, Pascuala,
Rosalía e Fernando foron de viaxe nada máis e nada menos que á selva para
axudar á mamá do elefantiño Tembo. Asemade, nesta viaxe todos e todas
reatopámonos cuns vellos amigos… María e Papelote!
De novo inmersos nun novo
centro de interese, nesta ocasión aprenderemos, se cabe todavía máis, acerca
dos animais.
Traballaremos aspectos como:
características morfolóxicas, comparación de diferentes especies de animais,
forma de desprazarse, crecemento, diferentes hábitats... ao tempo que
adquirimos hábitos e actitudes de respecto, de coidado e de cariño cara aos
animais. Tamén aprenderemos a valorar os animais como seres vivos necesarios e
imprescindibles no equilibrio do ecosistema, onde todos os organismos teñen unha
función importante, relacionando a utilidade entre os animais e as persoas,
identificando alimentos e produtos de orixe animal…
Buf!, canto traballiño nos
agarda para acadar todos estes obxectivos, pero que dúbida cabe que pouco a
pouco convertirémonos nuns pequenos-grandes expertos tamén no mundo animal.
Para comezar, nas asembleas
matinais, falamos longo e tendido sobre os animais máis coñecidos, identificamos
algunhas das súas características… introducindo uns novos termos ata o de agora
descoñecidos para moitos de nós: animal doméstico e animal salvaxe.
O certo é que, como vén sendo
habitual, sempre imos por diante daquilo que nos quere ensinar Pascuala, pois quen
máis e quen menos xa sabía as diferenzas fundamentais entre os animais
domésticos e os animais salvaxes. Por iso, para comprobar si eramos quen de
diferenciar entre ambas clases de animais, nomeamos unha morea de animais de
cada tipo, resultando unha lista interminable de animais tales como elefante,
león e tigre, crocodilo… -como animais salvaxes- e can, gato ou tartaruga -como
animais domésticos-.
Esto resultou doado, agora
ben,… sabiades cal é a diferenza entre a selva e a sabana?...
A selva e a sabana son
lugares doutros países onde viven os animais salvaxes. A diferenza entre elas é
que a selva é como un labirinto de plantas e a sabana é un terreo liso con
algunhas árbores, sobre todo acacias.
Todo máis ou menos claro, así
que tras disfrutar de varias presentacións de imaxes de animais salvaxes que o
profe nos tiña preparadas no ordenador da clase… que medo o tabeirón branco
comendo a balea!... debuxamos os nosos animais salvaxes preferidos, ubicándoos
nun hábitat determinado: selva ou sabana.
SELVA |
SABANA |
SABANA |
SELVA |
SABANA |
SABANA |
Estas experiencias de
aprendizaxe, servíronnos para chegar a conclusións como que a maioría dos animais
non teñen mans e teñen catro patas que lles serven para moverse.
Todos?... Non!, xa que hai
algúns coma o mono e o esquío que teñen dúas das súas patas semellantes aos
nosos brazos con mans que empregan para coller cousas.
Mirade si estamos sensibilizados
co mundo animal e cos insectos en particular que o outro día apareceu na clase
un cempés a primeirísima hora da mañá cando aínda estabamos poñendo o mandilón
e, lonxe de pisalo, -alomenos non na clase-, decidimos collelo e sacalo fora do
cole pola ventá… tamén teñen dereito á vida, non si?...
Agora xa, na vindeira semana,
ultimaremos os derradeiros detalles do agasallo que estivemos preparando para o
“Día da Familia” e descubriremos a figura de Roberto Vidal Bolaño, escritor
santiagués ao que se lle adican este ano o “Día das Letras Galegas”.
Comezamos a recta final do
curso, pero agarrádevos ben forte porque veñen curvas... avisados!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos
comentarios!
3 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- NEREA: "Toamte, patata y pimiento" (Edit. Vicens Vives)
Abraiada quedo con estes debuxos! Menudos artistas...e iso que só teñen 4 e 5 anos!
Futuros Picassos, seguro!
Unha aperta profe!
Marta- Cole de Colores
Que aplicados, a min tamen me pareceu raro cando me contou que na clase apareceu un bicho pero: no o pisaron! sacouse pola ventana para que buscase á súa mamá.
Publicar un comentario