COMEZAMOS UN ANINOVO: FELIZ 2015!!!
miércoles, 31 de diciembre de 2014Publicado por Profe J.Ricardo 1 comentarios
HO!, HO!, HO!...
jueves, 25 de diciembre de 2014
Moitos estaredes sen palabras e preguntándovos como Papa Nöel
entrou nas vosas casas para deixarvos xunto á árbore de Nadal os
agasallos cos que estaredes disfrutando; senón é así, non vos
preocupedes, xa que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente non
se esquecerán das cartas que lles entregamos cando viñeron visitarnos ao cole.
Para iso, lembrade o que hai que facer na noite de Reis senón queremos que nos
pase como a Martiño… están máis cerca!
Siii..., unha vez
aberta a última venta do noso Calendario de Adviento, a ventá do día 24 de
decembro... chegou o NADAL!!!
E os nenos e nenas de 3 ANOS B, queren desexarvos un BO NADAL no que todos os
vosos soños e desexos se convirtan en realidade.
E pola miña parte, neste día tan especial, gustaríame desexar a todos cos que compartín un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento da vida e deixástedes unha pegada en min que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a quen querer.
Un saúdo con delicioso sabor a
turrón de chocolate con améndoas e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
Publicado por Profe J.Ricardo 1 comentarios
GRAZAS, querido público!
viernes, 19 de diciembre de 2014
Baixo o título CIRCUS, agochábase a performance que gardamos con secreto ás
nosas familias e que con traballo, constancia, entrega e ilusión, moooita ilusión, preparamos pouquiño a
pouco, logrando converternos en todos uns profesionais do mundo do circo.
No escenario recreamos algúns dos números máis representativos do maior
espectáculo do mundo: o circo… lembrades?
Comezaron o show uns FORZUDOS
que excelentemente amosaron estar en plena forma co levantamento de pesas; tamén
unha incrible DOMADORA que con arte e enxeño conseguiu que 3 feroces LEÓNS pasaran
por dentro do aro e fixeran un exercicio de equilibrio... que valor!...
Logo foi o turno dun fantástico ENCANTADOR DE SERPES que logrou hipnotizar a
unha serpe agochada no interior dunha caixa… incrible! Tamén os EQUILIBRISTAS
que camiñaron con gran temeridade por unha corda de cor azul servíndose unicamente
para o exercicio dunhas picas… uns auténticos profesionais!
Por último, no noso CIRCUS non podía faltar un número de maxia que
correu a cargo dunha fermosa MAGA que amosou as súas dotes circenses facendo
aparecer nada máis e nada menos que... un coello da súa chisteira!... E que dicir das 5 presumidas MAJORETTES que deleitaron ao público coas súas variñas de súper-bailarinas!...
Ah!... e quen
falta?... Exacto!, os nosos PALLASOS, xeniais coas súas trompetas e narices de
cor vermella... estupendos!...
![]() |
TITIRICIRCUS. (Edit. Kalandraka) |
Así pois, cadaquen metido no papel que nos tocou desenvolver no
escenario, logramos emocionar a un público sempre entregado ante este tipo de
acontecementos... uf, apenas quedaban
sitios libres nas gradas do pavillón!...
Estabamos requete-guapísimos,
extra-ideais,... non nos faltaba detalle! Familias, mil millóns de grazas pola
vosa colaboración!...
Agora, despois dun 1º trimestre
cargado de traballo, actividade e aprendizaxes, chegan as vacacións, pero non perdades
de vista o noso blogue, xa que agardamos seguir sorprendéndovos tamén durante
as vacacións de Nadal.
Publicado por Profe J.Ricardo 5 comentarios
CiRcUs, CiRcUs!!!...
viernes, 12 de diciembre de 2014
SI, SI, SIII..., O FESTI XA ESTÁ AQUIIÍ!!...
A nosa posta en escena comezará da man de EVA e SABELA R.G. que serán as encargadas de abrir o telón que dará inicio a un dos espectáculos máis fantásticos do universo mundial...
CiRcUs!!!
Familias!!... Estades tooodas convidadas, tan só quedan por ultimar uns pequenos detalles e... todo listo!!... Así que: dedos cruzados e facédenos sentir os vosos aplausos! A nosa actuación é por e para vos, familias!!...
Xa o sabedes, o vindeiro VENRES 19 de DECEMBRO ás 10:00h., agardámosvos no "Festival de Nadal"...
Publicado por Profe J.Ricardo 5 comentarios
MOMENTOS DELICIOSAMENTE MÁXICOS...
viernes, 5 de diciembre de 2014
Esta semana, incorporamos unha nova rutina á asemblea matinal
aproveitando a inminente chegada do Nadal: a rutina do “Calendario de
Adviento”... que emocionante!
Así, o luns 1 de decembro, o inicio da semana e da xornada resultou
sorprendente, pois no banco da asemblea había unha caixa -nin moi grande nin
moi pequena- cunha ilustración típica do Nadal na que aparecía Papá Noel no seu
trineo repartindo agasallos na Noite de Nadal, pero... de que se trataba?...
Pois ben, tratábase do “Calendario de Adviento” co que realizaremos a
conta atrás para o comezo do Nadal.
Cada mañá, o súper-encargado/a
-con gorro de Papá Noel incorporado-, logo de escribir a data diaria, moi
amodiño abre a portiña do día no que nos atopamos para descubrir que debuxo se
agocha na chocolatina... mmm, delicious!...
Asemade, o súper-encargado/a diario
ten outro cometido relacionado con esta nova rutina, pois cada mañá nomeará a
un “axudante” que, -tamén con gorro de Papá Noel incorporado-, colabore no
desenvolvemento normal desta nova actividade cotiá que tanta expectación
levantou.
Sen dúbida, a introdución desta rutina cotiá, proporciona un cúmulo de
experiencias que non deixamos escapar, pois ademais de realizar actividades relacionadas
coa lóxica-matemática tales como contar, iniciación á suma e á resta,
identificación e trazado de números… propicia multitude de conversas sobre esta
data que tan máxica e especial nos resulta.
No noso “Calendario de Adviento”, aparece unha ilustración de Papa Noel
no seu trineo co saco cargado de agasallos. Como non podía ser doutro xeito, do
trineo tiran os seus compañeiros fieis: os renos.
Sabiades como se chama o reno que sempre sempre vai de primeiro?...
Chámase Rodolfo, un reno do que o resto de renos se rían ata o momento en que Papa
Noel o converte no seu principal axudante.
Rodolfo, é un reno diferente, especial, é o único reno que ten o nariz
de cor vermella e sempre vai diante de todo para que Papa Noel non se perda
polo ceo e os agasallos lles cheguen a todos os nenos e nenas que lle escribiron
a súa carta.
A incorporación desta nova rutina ás nosas asembleas, supón o comezo
dunhas semanas cargadas de sorpresas e de ilusións compartidas: rematamos o noso
primeiro trimestre no cole dos maiores -momento no que levaremos todos os
traballiños realizados para ensinar ás nosas familias-, celebraremos os
derradeiros aniversarios do trimestre -EVA, JUAN RAÚL e YAIZA..., xa vos queda
menos!-, a chegada próxima de Papá Noel e das SS.MM. os Reis Magos de Oriente,...
e un senfín de cousas máis coas que dalgún modo, os maiores voltan a ser de
novo un chisquiño máis nenos...
Lembrade... os Reis Magos existen!, existen no corazón de cada un dos
que cren neles!!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
Publicado por Profe J.Ricardo 2 comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)