Esta semana, pechamos o centro de interese con varias actividades nas que concentramos todas as aprendizaxes acadadas durante este tempo.
Así pois, como actividade final, solicitamos a colaboración das familias para decorar un indio, pero non se trataba dun indio calquera, non, tratábase dun indio moi particular, xa que tiña as nosas caras.
Nunha das asembleas matinais, o profe explicounos todos os materiais e técnicas da linguaxe plástica que podiamos empregar (ceras, témperas, plastilina, purpurina, lá, material de refugallo, distintos tipos de papel...), facendo especial fincapé en que os encargados de decorar o indio na casa debiamos ser nos, iso quedounos a todos clariño... que simpático estaba o profe de indio!, non se saeu nadiña por fora!
Foi moi grato comprobar como día a día os nosos traballiños ían chegando á escola. Rapidamente e moi contentos, sen apenas poñer o mandilón, quitabamos a nosa obra de arte da carpeta para ensinarlla ao profe... quedaron realmente sensacionais! Mil millóns de grazas familias, sen a vosa participación esta actividade non sería posible. Como?, os resultados?... velaí os tedes...
Pero aquí non quedou todo, non, faltaba levar a cabo a actividade final de grupo-clase, fixemos nada máis e nada menos que... un tótem!
No desenvolvemento do proxecto, apredimos que os indios facían unhas esculturas de madeira de moitas cores que se chaman tótems, así que entre todos e todas, cada día fomos decorando o noso tótem empregando de novo distintos materiais e técnicas da linguaxe plástica.
Uns pegamos papeliños de cores, outros pintamos con témpera ao xeito sen saírnos do contorno delimitado, -isto si que foi complicado-, tamén modelamos bolas de plastilina de cor negra para os ollos e botámoslle purpurina prateada, pegamos gomets de cor vermella e forma cuadrangular...
E por fin, o venres cando entramos na clase descubrimos o noso tótem montado, era alto, moooi alto... pero xa estaba listo?...
Nooon, faltaba pegarlles as plumas de cores que pintaramos o día anterior. Así, un a un, fomos pegando as plumas arredor do noso tótem semellando a plumaxe do paxaro.
Pituca, “imagina que es posible y lo será”, acaso despois de ver o noso tótem aínda o dubidas?...Sabes que?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios
8 comentarios:
Que indios/as máis bonitiños....
O disfraz vaille nin que pintado, polo menos ao noso fillo
Eso si, canto nos están a ensinar os nosos fillos dos indios, a nós dinos cousas que non nos acordaban (a danza da choiva, os totems, os titis,...) que sabios son e canto aprenden con Ricardo. Imos ter que ir de novo ao cole.
Saúdos
hola ricardo,son uxia.hoxe xogo eu sola no teu blog.un dia quero qe seas o meu profesor,eres moi bo.un bico e unha aperta de uxia.
QUE ESPECTACULAR O MUNDO DOS INDIOS,E QUE SEMANAS TAN DIVERTIDAS...
Canto estades a traballar e a aprender no cole dos maiores.
Un tótem ben bonito, si señor!
Ola Profe:
Son FROILÁN, voume a portar moi ben.
Hoxe paseino moi ben sendo encargado, estou desexando volver a selo
O luns xa nos vemos
Saúdos
Como lles gusta pintar o indio a estes nenos.
Sodes uns artistas!
PARABENS, O TÓTEM ESTÁ MOI LOGRADO, CANTO TRABALLASTEDES.
Todo un detallazado en una fecha tan especial........
Gracias
Pituca
Publicar un comentario