Bienvenido

SABER MÁIS PARA COMER MELLOR.

viernes, 6 de abril de 2018


Esta semana, con enerxías renovadas tras as vacacións, iniciamos un novo centro de interese: a vida na granxa.
En primeiro lugar, comezamos coa lectura do conto da unidade titulado: A Muna le encanta la verdura, unha divertida historia coa que valoramos a necesidade dunha boa alimentación como medida fortalecedora de saúde, descubrindo compracidos que o verde non está de todo mal. 
Todo isto non é algo novo na nosa clase, pois na reunión de principio de curso onde se estableceron as normas de aula, estimouse o establecemento dunhas merendas saudables nas que o chocolate, pasteis e demais alimentos pouco ou nada saudables estarían “prohibidos”. Neste senso, o momento da merenda antes do patio, convértese nun alicerce excepcional para conseguir unha boa calidade de vida, incorporando condutas e hábitos saudables  na vida cotiá: lácteos, galletas básicas, cereais, froitos secos, bocadillo de fiame, froita de tempada... mmm, rico rico o noso menú, con cantidades cada vez máis acordes ao noso apetito e tempo establecido... fantástico!


Ao tempo, a partir deste centro de interese, coñecemos novas curiosidades de MUNA no que a hábitos alimenticios se refire: ensalada con leituga e tomate, lentellas e mesmo espaguetes con salsa de tomate resultan os seus pratos preferidos que creamos e recreamos nalgunhas das actividades impresas do caderniño número 5.... mmm, todo excelente, delicioso!


Asemade, a través do uso sistemático e guiado en asemblea da pequena enciclopedia individual, traballamos e investigamos na procedencia das froitas e verduras que tanto lle gustan a MUNA.
Descubrimos elementos representativos da GRANXA como a HORTA -onde se cultivan alimentos vexetais: tomates, leitugas, cebolas, patacas...-  e o CORRAL -onde viven animais domésticos: vacas, galiñas, porcos, ovellas...-.
Coñecemos que o GRANXEIRO e GRANXEIRA viven e traballan na granxa coidando da horta e dos animais: gardan as ovellas, muxen as vacas, alimentan aos animais, recollen os ovos, sementan, regan e recollen a colleita... canto traballo hai nunha granxa!
Que rápidos!... axiña no momento de xogo libre logo do traballo individual, as pezas de construción e os lotes de animais posibilitaron un senfín de situacións para diferenciar e clasificar en granxas, zoos e cuadras os animais salvaxes, domésticos e mariños... canta imaxinación na construción!


Así siii!... saber máis para comer mellor na casa e na escola!...
Arrancamos este 3º trimestre con forza. Vésenos ilusionados, contentos, activos... cada vez un chisquiño máis maiores... isto promete!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

0 comentarios: