Bienvenido

AAAACHIGUEÑAAAA!!...

viernes, 18 de diciembre de 2015

Por fin, por fin chegou o día tan agardado do Festival de Nadal; un día nervos e ilusións compartidas entre nenos e nenas, familias e mestres do cole, que puxeron o mellor dos broches a este 1º trimestre de 4 anos.

Como xa sabiades, este curso preparamos a performance de EL REY LEÓN; un número que con traballo, constancia, entrega e ilusión, moooita ilusión, preparamos pouquiño a pouco, logrando converternos nunha estupenda tribo africana.

Así pois, cadaquén metido no papel que nos tocou desenvolver no escenario, logramos emocionar a un público sempre entregado ante este tipo de acontecementos... uf, si que había xente nas gradas do pavillón!...

Sen lugar a dúbidas, a performance deste curso converteuse en todo un exercicio de memoria e de concentración. Tiñamos que estar moi, pero que moi atentos para saber a parte que soaba en cada momento, coller e recoller a Moni Monita, as máscaras, cadanseu animal… canto artista concentrado por metro cadrado!...

MOITOS PARABÉNS TRIBO!... ESTIVESTES FENOMENAL!...


E que requete-guapísimos!... A tribo africana máis espectacular endexamais vista na nosa vila, non nos faltaba detalle!... Familias, mil millóns de grazas pola vosa colaboración!... Unha vez máis distes no clavo!...


Agora, despois dun 1º trimestre cargado de traballo, actividade e aprendizaxes, chegan as vacacións, pero non perdades de vista o noso blogue, xa que agardamos seguir sorprendéndovos tamén durante as vacacións de Nadal.

4 comentarios:

Familia Romero Sobradelo dijo...

O 18 de decembro, día tan agardado, foi espectacular, súper emocionante, fixérono xenial. Como non esperabamos menos non faltou detalle, todos tan coordinados, en fin..........., como di Bruno estiveron de RECHUPETE.

Mil grazas a todos os nen@s de 4 anos B por ese momento tan especial e tamén o seu titor por ter tanta paciencia coa tribo africana e coas súas respectivas familias.

Un saúdo.

Loli Tubio dijo...

Despois de ver a actuación do ano pasado, o maravilloso CIRCUS, xa imaxinabamos que o REY LEÓN sería precioso, pero de verdade... FOI ESPECTACULAR! a coordinación, os movementos tan sincronizados que parecían as sirenas de natación, cada un sabía perfectamente onde se tiña que colocar... en fin, temos que estar moi orgullosos dos nosos pequenos artistas!

E como non, felicitar ó maravilloso profesor que cada ano nos fai chorar a moco tendido (para o ano que ven irei con gafas de sol), por ter tanta paciencia con eles, e acadar uns resultados impresionantes, que fan que se nos "caia a baba" nas gradas. Gracias profe J.Ricardo!!!

BO NADAL A TODOS!!! FELICES FESTAS!!!

manuel v dijo...

Que día mas bonito!
Lo hicieron perfecto. Es increible lo precisos que llegan a ser a su edad "cuando quieren" claro, Jajaja.
Ha sido un día maravilloso, tanto para los peques, como para las familias.

Muchas gracias por esos momentos tan llenos de vida y diversión

ROMY dijo...

El Festival de Navidad fue un día muy muy esperado y super espacial, al fin podíamos ver "el secreto" jejeje.
La actuación de nuestros artistas no pudo ser mejor FANTÁSTICA, SUPER BONITA!!!!!, lo hicieron genial, estaban muy atentos a la música y coordinados entre ellos y que decir, de la puesta en escena no faltaba detalle, todo estaba perfecto, y lo más importante que a nuestros peques se les notaba que estaban disfrutando un montón, un MEGA Y SUPER APLAUSO para los artistas, y MUCHAS FELICIDADES a Ricardo por el gran trabajo y paciencia que tienes con nuestros peques, para que las familias podamos disfrutar de acontecimientos tan maravillosos,y que en estos casos nos salga alguna lagrimiña, MIL GRACIASSSS!