Bienvenido

HO!, HO!, HO!...

jueves, 25 de diciembre de 2014

Moitos estaredes sen palabras e preguntándovos como Papa Nöel entrou nas vosas casas para deixarvos xunto á árbore de Nadal os agasallos cos que estaredes disfrutando; senón é así, non vos preocupedes, xa que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente non se esquecerán das cartas que lles entregamos cando viñeron visitarnos ao cole. Para iso, lembrade o que hai que facer na noite de Reis senón queremos que nos pase como a Martiño… están máis cerca!

Siii..., unha vez aberta a última venta do noso Calendario de Adviento, a ventá do día 24 de decembro... chegou o NADAL!!!


E os nenos e nenas de 3 ANOS B, queren desexarvos un BO NADAL no que todos os vosos soños e desexos se convirtan en realidade.



E pola miña parte, neste día tan especial, gustaríame desexar a todos cos que compartín un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento da vida e deixástedes unha pegada en min que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a quen querer.

Un saúdo con delicioso sabor a turrón de chocolate con améndoas e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

1 comentarios:

Joe dijo...

Feliz Aninovo!!
Aínda que cada vez se vai perdendo máis o costume de felicitar estas fechas a través de correo mediante preciosas postais navideñas polos continuos avances tecnolóxicos, eu aínda mando algunhas a familiares que están lonxe e a algúns amigos os que quero sorprender.
Direi q estas postais foron máis especiais e máxicas que as enviadas outros anos, posto q Daniela xa firmou de seu puño e letra o seu nome en todas elas!!
E Papa Noel troúxolle unha caixa chea de letras magnéticas pa continuar repasando na nevera....
Tamén aproveitei pa lavarlle as cazadoras, q con "tanto truco" estaban todas luxadas.
Témome o peor cando empece de novo o cole, pois esta señorita, apéganselle as malas costumes de seguido: deitarse tarde, levantarse á deshora....non querer facer fichas....sólo escoitar contos. ..
Un saúdo e que os reises traian moitos agasallos.