Bienvenido

GRAZAS, querido público!

viernes, 19 de diciembre de 2014

Por fin, por fin chegou o día tan agardado do Festival de Nadal, un día repleto de anécdotas e situacións divertidas que puxeron o mellor dos broches posibles a este 1º trimestre no cole dos maiores.


Baixo o título CIRCUS, agochábase a performance que gardamos con secreto ás nosas familias e que con traballo, constancia, entrega e ilusión, moooita ilusión, preparamos pouquiño a pouco, logrando converternos en todos uns profesionais do mundo do circo.

No escenario recreamos algúns dos números máis representativos do maior espectáculo do mundo: o circo… lembrades?

Comezaron o show uns FORZUDOS que excelentemente amosaron estar en plena forma co levantamento de pesas; tamén unha incrible DOMADORA que con arte e enxeño conseguiu que 3 feroces LEÓNS pasaran por dentro do aro e fixeran un exercicio de equilibrio... que valor!...
Logo foi o turno dun fantástico ENCANTADOR DE SERPES que logrou hipnotizar a unha serpe agochada no interior dunha caixa… incrible! Tamén os EQUILIBRISTAS que camiñaron con gran temeridade por unha corda de cor azul servíndose unicamente para o exercicio dunhas picas… uns auténticos profesionais!
Por último, no noso CIRCUS non podía faltar un número de maxia que correu a cargo dunha fermosa MAGA que amosou as súas dotes circenses facendo aparecer nada máis e nada menos que... un coello da súa chisteira!... E que dicir das 5 presumidas MAJORETTES que deleitaron ao público coas súas variñas de súper-bailarinas!...
Ah!... e quen falta?... Exacto!, os nosos PALLASOS, xeniais coas súas trompetas e narices de cor vermella... estupendos!...

TITIRICIRCUS. (Edit. Kalandraka)
Así pois, cadaquen metido no papel que nos tocou desenvolver no escenario, logramos emocionar a un público sempre entregado ante este tipo de acontecementos... uf, apenas quedaban sitios libres nas gradas do pavillón!...
Estabamos requete-guapísimos, extra-ideais,... non nos faltaba detalle! Familias, mil millóns de grazas pola vosa colaboración!...

Agora, despois dun 1º trimestre cargado de traballo, actividade e aprendizaxes, chegan as vacacións, pero non perdades de vista o noso blogue, xa que agardamos seguir sorprendéndovos tamén durante as vacacións de Nadal.

5 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Os forzudos, a domadora e os leóns, o encantador de serpes, os equilibristas, a maga, as majorettes e os pallasos estaban ideais!!... Mil millóns de grazas pola vosa colaboración, sen a vosa axuda esta actuación non sería posible...

Bo Nadal.
Profe J.Ricardo.

Anónimo dijo...

Mil millons de gracias a ti, profe ricardo, por facer realidade, xunto cos nosos nenos, este espectaculo impresionante.
Foi un dia especial, cheo de emocions, para eles, pero creo que mais para nos, os orgullosos papas.
Feliz navidad!!!!

Loli Tubio dijo...

Non hai dubida de que o circo é o maior espectáculo do mundo!!! sobre todo o que se montou o venres no festival!! qué maravilloso espectáculo!! Estaba todo disposto, coidouse ata o último detalle. Cada artista tiña as suas cousiñas meticulosamente dispostas, e estaban todos guapísimos!!
Xa sei que non che gustan moito os eloxios, pero profe, fixechelo xenial, "un traballo de chinos", porque conseguir que todos fixesen os seus papeis á perfección, porque así o fixeron os nosos peques, perfecto! e que acabaran coa música (que era o que mais temías) ja,ja... é un traballo grandioso. Noraboa Ricardo.
Nunca se borrará das nosas retinas a primeira actuación dos nosos cativos.
Aproveito para felicitarvos as festas a todos. BO NADAL!!!

Romy dijo...

Fue un día muy muy especial que lo esperamos con muchísima ilusión y a la vez muchos nervios. Fue toda una gran sorpresa para nosotros (papis, mamis, abuelos, tíos...) que teníais muy bien guardada jejeje. Estábais tod@s super guapetones y sois unos mega artisitas, muchas felicidades!!!, y profe Ricardo un trabajo super-super bonito, excelente.
Nosotros después de la actuación aún seguimos teniendo circo en casa y que tb representamos con mucha ilusión jejeje.
No queremos olvidarnos tampoco de los demás compis del cole que participaron en el festival y que seguro realizaron tb su puesta en escena con mucha ilusión y esfuerzo, muchas felicidades para ellos que lo hicieron muy bien, y a todos los profes muchisimas gracias por vuestro trabajo y esfuerzo para que todas las familias podamos disfrutar con actividades tan chulas y super bonitas como estas y otras.
Ah!! Feliz Navidad!!!

Martuca dijo...

Menudo traballiño debeu dar montar semellante número!! Pero o resultado pagou a pena!! Estaban guapísimos e fixérono perfecto!!

E que ben gardaron o segredo!!! Noraboa!! Gran traballo do profe e dos pequech@s!

Unha forma xenial de comezar o nadal! Felices festas!
:)