Bienvenido

"¡BARBIE, ERES ÚNICA!"

viernes, 20 de diciembre de 2013


Por fin, por fin chegou o día tan agardado do Festival de Nadal, un día repleto de anécdotas e situacións divertidas que puxeron o mellor dos broches posibles a este 1º trimestre de 5 anos.
Como xa vos contaramos, este curso voltou de novo un dos grandes acontecementos do noso colexio: o Festival de Nadal.
Baixo o título “¡Barbie, eres única!”, agochábase a performance que gardamos con secreto ás nosas familias e que con traballo, constancia, entrega e ilusión, moooita ilusión, preparamos pouquiño a pouco, logrando converternos nunhas auténticas súper-stars.
No escenario viveuse unha batalla entre algúns dos nosos bonecos e bonecas favoritas. Estaban dende as bonecas máis clásicas e tradicionais como as Nancy e Baby Nenuco, ata as máis sofisticadas e ultramodernas como as Barbies & Ken e Monster High.


Así pois, cadaquen metido no papel que nos tocou desenvolver no escenario, logramos emocionar a un público sempre entregado ante este tipo de acontecementos... uf, apenas quedaban sitios libres nas gradas do pavillón!...
Estabamos requete-guapísimos, extra-ideais, moi pero que moi presumidos tal e como esixía a performance convertidos nuns encantadores Ken e nunhas namoradizas Barbies... non nos faltaba detalle!... Familias, mil millóns de grazas pola vosa colaboración!


Agora, despois dun 1º trimestre cargado de traballo, actividade e aprendizaxes, chegan as vacacións, pero non perdades de vista o noso blog, xa que agardamos seguir sorprendéndovos tamén durante as vacacións de Nadal.

6 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Gustaríame felicitar aos meus 9 Ken e ás miñas 11 Barbie porque sen a súa entrega e ilusión “¡Barbie, eres única!” non sería posible… estuvéstedes fantásticos!
Agardo que Papá Noel e/ou as SS.MM. os Reis Magos de Oriente vos traian todo ou case todo o que pedides.
Vémonos o 9 de xaneiro!
Unha aperta moi grande.

san alalás dijo...

Felicitarllle por o bo traballo realizado, porque cada un conoce os seus....Felices Festas!!!
P.D. Unha preguntilla poderemos ter o video?
Un saúdo..

Profe J.Ricardo dijo...

Se no centro se fai o vídeo coas actuacións do Festival de Nadal... contade con el!
ROI estaba moi ilusionado e resultou fantástico.
Bo Nadal!

Anónimo dijo...

Orgullo e. O que sentimos nos co profe que temos. O meu fillo vai. Cada manan po cole con ganas e con ilusion e pensar que cando chegou non sabia abrochar nin o mandilon e o peor foi cando nos os pais vimos o nivel. q tina a clase entrounos tanto medo e a nosa sorpresa foi cando en tan solo un trimestre o noso fillo estaba a altura dos demais esto non seria posible sin ti profe ricardo gracias a ponerte. dia tras dia o seu lado e o que mais nos gustou e q si de profe eres bo como persona eres mellor sempre preocupado polo estado de animo dos nenos non podo explicalo pero nos como. pais sabemos o moito carino q lle destes o noso fillo e todo o q ti te implicastes con el. por eso te admira e te quere tanto po ano ti xa non estas e a nos nos consta q xa os estas preparando o unico consuelo q ten o noso neno e q vai baixar en halowen a asustarte ahora q coma o profe ricardo. Non vai haber ningun gracias de corazon ahora a nosa familia queremos desearte un feliz ano e q disfrutes e te empapes dos teus q o mereces

Profe J.Ricardo dijo...

Grazas a vos pola vosa implicación como pais e entender a miña forma de traballar cos nenos e nenas.
E a RODRIGO tamén mil millóns de grazas por contaxiar cada mañá tanta enerxía, entusiasmo e ilusión... é un gustazo traballar así!
Un abrazo moi forte.

Marta dijo...

GRAZAS Ricardo por facer posible que disfrutásemos dese día tan especial cos nenos.A actuacion foi fantastica e os nenos estaban moi ilusionados e fixeronno xenial (non parecía que fose a súa primeira actuación !!!)Asombrounos moito a seguridade que tiñan e o implicados que estaban.O teu traballo con eles ,como sempre, é impecable.GRAZAS.