Bienvenido

PEQUENOS EXPLORADORES.

viernes, 13 de diciembre de 2013

Estas últimas semanas de trimestre, emprendimos unha fascinante viaxe ao Antigo Exipto.
Da man de Aris e dun caprichoso faraón, descubrimos como era a vida no Antigo Exipto, a importancia do río Nilo, o proceso de construción das pirámides, como eran os palacios e templos, de que se alimentaban, como coidaban a súa saúde, a escritura...
Unha vez máis, coñecedores das repercusións na estimulación do cerebro, da aprendizaxe e da memoria dos “Bits de Intelixencia”, de novo convertíronse nun recurso didáctico excepcional que propiciaron un primeiro achegamento ao Antigo Exipto e que nos permitiron partir dos nosos coñecementos previos e coñecer aquilo que máis nos interesaba sobre a vida na época dos faraóns. Sen lugar a dúbidas, as momias e as pirámides foron uns temas recurrentes durante o traballo deste sempre interesante centro de interese.



Exipto é a terra das PIRÁMIDES, é o único lugar do mundo onde existen. Mandáronas construír os FARAÓNS e tardaron en construílas moitos, moitos anos porque están feitas pedra a pedra. Algunhas pirámides son tan grandes coma un rañaceos e aínda que por fóra son moi sinxelas, por dentro están cheas de pasadizos, labirintos e cámaras secretas.
Os faraóns eran enterrados con todos os seus tesouros nas cámaras secretas das pirámides. 


O corpo do faraón era perfumado e vendado con teas. Convertíanos en MOMIAS e metíanas en SARCÓFAGOS.
Ademais das pirámides, os exipcios construíron moitos templos. Alí, rogábanlle favores aos seus deuses e levaban obxectos ou alimentos como ofrenda. Algúns dos deuses e deusas máis importantes foron: Ra, Amón, Osiris, Anubis, Isis e Horus.


A fonte de vida no Antigo Exipto era o RÍO NILO que utilizaban como vía de comunicación e transporte.
Sabiades como escribían os exipcios?... Con XEROGLÍFICOS. Só uns poucos sabían escribir en xeroglíficos: eran os escribas que estudaban moito para ter este traballo. Ao principio, escribían en pedras e nas tumbas. Logo, aprenderon a fabricar un tipo de papel: o PAPIRO.
Todos os coñecementos adquiridos a través da proposta de traballo desenvolta durante estas semanas, quedaron plasmados en variadas actividades impresas nas que non podían faltar os debuxos libres e sen modelo sobre o Antigo Exipto. Uns debuxos nos que, como non podía ser doutro xeito, as pirámides, crocodilos e faraóns ocupan un lugar indispensable... canta imaxinación!


Paralelamente, a partir deste centro de interese, coñecimos e completamos contidos que non traballaramos en cursos anteriores sobre os alimentos e o corpo humano, recoñecendo algúns ósos e articulacións, os síntomas de enfermidades comúns e a súa prevención, profesionais relacionados coa saúde...
Deste xeito, nas asembleas matinais, conversamos sobre os distintos tipos de profesións e profesionais relacionados coa saúde, comentamos a utilidade dalgúns instrumentos e utensilios relacionados coa profesión de médico, coñecimos e diferenciamos segmentos e articulacións do noso corpo, así como distintos órganos internos como o corazón e os pulmóns... valorando a alimentación saudable como un dos alicerces fundamentais para conseguir unha boa calidade de vida.
Todo este traballo complementouse nos momentos de xogo libre nos rincóns cunha nova adquisición: o novo kit para o rincón de xogo simbólico co que nos convertemos en médicos aos que non lles faltan detalle: termómetro, xiringa, fonendoscopio, gasas...


Uf!... Esta semana será total!... arquivaremos e levaremos para a casa todos os traballos elaborados ao longo do trimestre, recibiremos a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente e por fin compartiremos con todas as nosas familias o saboroso CHICLE COSMOS que con tanto entusiasmo preparamos durante estas derradeiras semanas de trimestre... non podedes faltar!... agardámosvos!...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

8 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta do grafema /l/.
Non é preciso que os nenos e nenas traian a cartilla de lectura de "O País das Letras" ata a volta das vacacións de Nadal para traballar na casa, cando menos, cada un dos fonemas vistos durante este trimestre.

Anónimo dijo...

Tanto secreto para a canción do festival e onte xa ven no programa....jajajaja

Anónimo dijo...

QUE PILLOS, CONTAN O QUE QUEREN!

Profe J.Ricardo dijo...

Como tódolos cursos cada vez que se organiza o Festival de Nadal no centro, entrégase o programa para que as familias teñades a orde das actuacións; de todos modos, agardamos sorprendervos igualmente coa nosa actuación.

Anónimo dijo...

Mañan ai que levar merenda

Profe J.Ricardo dijo...

Non, mañá os nenos e nenas non terán que traer merenda. A media mañá durante o tempo do Festival de Nadal daráselles unhas galletas básicas.

Anónimo dijo...

Ricardo quero decirte que para min e un orgullo haberte tido como tutor do meu fillo estes dous anos o primeiro foi ver como o meu neno empezando nun colexio novo en menos de nada velo lebantarse cada dia con tantas ganas e cheo de ilusion para ir po cole onda os seus companeiros e especialmente onda o seu profe ver como de non saber nada nin abrochar o mandilon a pesar de estar en unha clase tan adiantada te puxestes con el dia a dia aprendesteslle a esforzarse e en un. solo trimestre estaba a altura da clase non teno palabras para agradecerche todo o que fixeches por el e quero decir que ssi eres bo como profesor como persona eres mellor sempre preocupandote polo ben estar dos nosos pequenos o meu fillo non solo sinte admiracion por ti senon que te quere tanto como se foses un de nos gracias de todo corazon danos moitisima pena que sea o ultimo curso contigo pero quero que sepas que na nosa familia nunca olvidaremos o que fixeches por o noso fillo e sempre estaras no noso recordo

Anónimo dijo...

Felices festas a todos/as

que ben o pasamos no festival .... como non sorprendestedes