Bienvenido

Á CALOR DO LUME.

viernes, 22 de noviembre de 2013


Uf!, xa de regreso ao presente, esta semana contarémosvos todo o que aprendimos na primeira viaxe con ARIS á época das cavernas e dos cavernícolas.
Durante estas semanas, a través do conto motivador da unidade “A familia da cova”, traballamos a Prehistoria; unha época na que tiñan unha forma de vida moi diferente á actual que nos permitiu discriminar algúns tipos de vivenda ao longo da historia: tipis, cabanas e castelos -de sobra coñecidos por nós- e os iglús nos que viven ademais dos pingüíns os esquimós. Esta situación de aprendizaxe, permitiu suscitar o interesse por coñecer a historia como medio para comprender o presente.
Coñecedores das repercusións na estimulación do cerebro, da aprendizaxe e da memoria dos “Bits de Intelixencia”, de novo convertíronse nun recurso didáctico excepcional que propiciaron un primeiro achegamento á época da Prehistoria.


A Prehistoria ocorreu hai moito, moito tempo. Tanto, que non existía a escritura.
A través de diferentes actividades impresas, recoñecimos e diferenciamos algunha característica representativa do Paleolítico e do Neolítico.
Así, do PALEOLÍTICO descubrimos que os primeiros seres humanos vivían en covas e en pequenos grupos, que cazaban con lanzas e pedras, pescaban e recollían plantas e froitas para alimentarse e que o lume daba luz e calor para quencer e cociñar, por iso sempre o tiñan acendido.
Dos animais aproveitaban case todo: a carne para comer, as peles para facer vestidos, os ósos para fabricar utensilios...
Os homes da prehistoria non vivían sempre nun mesmo sitio. Movíanse onde había comida. Eran nómades.


Máis adiante, no NEOLÍTICO, cultivaron plantas e domesticaron animais salvaxes. As primeiras casas eran de madeira, adobe e palla e fabricaban recipientes de barro para conservar e cociñar a comida.
Estes primeiros seres humanos, facían roupa tecendo a lá dos animais, domesticaron cabras, ovellas, porcos e vacas e cultivaban trigo e cebada.


Posteriormente, xa na IDADE DOS METAIS, o ser humano aprendeu a fabricar instrumentos con metais como o cobre, o bronce e o ferro que traballaban fundindo e dando forma. Nesta Idade, conseguiron ferramentas e armas máis resistentes, inventando a roda, a vela e os espellos que eran de bronce ou prata.
Todos os coñecementos adquiridos a través da proposta de traballo desenvolta durante estas semanas, quedaron plasmados en variadas actividades impresas nas que non podían faltar os debuxos libres e sen modelo sobre a Prehistoria. Uns debuxos nos que os mamuts e bisontes ocupan un lugar indispensable... canta imaxinación!









Ademais do mamut e dos bisontes, outro feito que sen lugar a dúbidas non pasou en absoluto desapercibido para nós foron as construcións da prehistoria. Chamábanse construcións megalíticas e estaban feitas de grandes pedras que, ao non existir daquela os guindastres de hoxe en día, precisaban da forza de varios homes que tiraban dunhas cordas... que enxeñosos eran!
Agora xa, e sen apenas coller folgos, esta semana emprendimos unha nova viaxe con ARIS ao Antigo Exipto, onde acompañados por un pequeno faraón caprichoso estamos aprendendo como era a vida, costumes e alimentación nesa época. Así que seguide moi atentos ao nosso blogue que axiña se encherá de pirámides, escaravellos, momias e faraóns...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Este venres fará de contacontos:

- CARLA S.: "El marciano azul". (Edit. Anaya)

Esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta do grafema /o/.

Anónimo dijo...

Que especialistas na Prehistoria....canto nos están ensinando os nosos nenos

san alalás dijo...

hola jose ricardo son rodrigo entrin xa no blog

Profe J.Ricardo dijo...

Ola Rodrigo, menuda sorpresa!...
Agardo que te divirtas moito cada vez que visites o noso blogue. Seguro que lle explicas a mamá, a papá e a Yoli todo o que traballamos cada semana.

Anónimo dijo...

QUE MERITO TEN ESCOITALOS FALAR DA PREHISTORIA