Logo dunhas longas e merecidas
vacacións de verán voltaremos a vernos de novo o próximo mércores 11 de setembro (de
11:00h. a 12:00h.) e, aínda que seguramente a moitos de nós custaranos
coller de novo os hábitos e o ritmo de traballo acadados ao longo do pasado
curso, quen máis e quen menos abofé está desexando atoparse de novo cos
compañeiros e compañeiras, coñecer en que equipo de traballo estaremos e en que
mesa nos sentaremos, a ARIS, a nosa nova mascota,...
Este curso será moi importante
para todos nós... buf!, convertémonos
nada máis e nada menos que nos súper-maiores
de mandilón, seremos os súper-maiores
de Educación Infantil, e como tales, deberemos dar exemplo aos máis pequerrechos
e pequerrechas, aos nenos e nenas de 3 anos que comezan esta etapa que tan
froitífera está resultando para moitos de nós e para moitas das nosas familias.
Un curso máis, e a medida que
avance o calendario escolar, iranse sucedendo as distintas actividades e
conmemoracións que marcan o ano e o ritmo da nosa aula: as cabazas terrorificamente
divertidas do Samaín e as deliciosas castañas do magosto, compartiremos soños e
ilusións coa chegada do Nadal, mergullarémonos na fantasía do Antroido... e mil
millóns de acontecementos que vos iremos contando no noso blog; un blog que con
esta entrada da por inaugurado oficialmente o curso académico 2013-2014, o
curso no que nos despediremos como se merece do mandilón...
Mmmm!!... Curso 2013-2014!... Prometémosvos
que será o curso máis especial... un curso cargadiño de mil e unha fazaña, de mil
e un reto... contamos convosco, familias!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se
alimentará dos vosos comentarios!
6 comentarios:
Me parece muy bien que nos informes de todo lo que va a pasar en el próximo curso por que para todos los niños y niñas que pasan para cinco años sera uno de los cursos mas importantes que pasen en el colegio y pasarlo lo mejor que puedan y sus familias ayudaran todo lo que podamos.Deseando la vuelta al cole.
Xa hai ganiñas de reencontrarse cos amiguiños!!
Cando vas a dar a lista do material
Xunto coa miña compañeira de nivel, acordamos entregar a relación de material para este curso o luns 23 de setembro.
Quiero saber cuando van a empezar con los libros y si se puede llevar solo el primer trimestre quiero saberlo para q mi hija los tenga cuando empiecen todos
Tan pronto como sexa posible comezaremos os libros. Levádeos ao colexio nunha bolsa pechada na que figurará nun lugar moi visible o nome do neno/a; non lle poñades o nome a ningún libro nin material.
Non hai ningún problema en levar os libros por trimestres.
Publicar un comentario