Bienvenido

ESTE COLE SI QUE MOLA!

viernes, 13 de septiembre de 2013

Siii, hoxe comezou de novo o cole tras as vacacións de verán e, aínda que pasaron xa máis de dous meses dende que moitos nos vimos por última vez, parece que foi onte cando rematou o cole... como pasa o tempo, xa estamos de novo co mandilón!
Estabamos nerviosos, ilusionados e algúns de nós ata con vergoña, si, si, menos mal que, xa na clase, e transcurridos uns minutos, todos e todas volvimos a ser os “nenos e nenas do profe” aos que se suma un novo amiguiño: Jhon Michael. Benvido, xuntos pasarémolo fenomenal!
O primeiro día, o día da presentación, quen máis e quen menos lembraba cal era o seu sitio na liña vermella da asemblea. Non resultou tan doado descubrir cal sería o noso novo sitio nas mesas de cada equipo de traballo.
Para este curso, o profe organizounos de novo en 4 equipos: o Equipo do “M”, do “P”, do “L” e do “S”. Deste xeito, e mediante unha dinámica sinxela de movemento ao son do pandeiro, coñecimos cal será o noso sitio ao longo deste curso e con quen compartiremos diariamente as actividades e o traballo individual.
O certo é que ninguén amosou reticencias a cambiar de mesa de traballo e de compañeiros... velaí van os equipos deste curso!
No Equipo do “M” estarán Froilán, Daniela, Unai, Diego, Tania e Xiana X..
No Equipo do “P” estarán Carla V. e Carla S., Roi e Sergio. e no Equipo do “L”: Leo, Andrea, Luis Miguel e Nerea.
Finalmente, noutra das mesas grandes estará o Equipo do “S” formado por Lois, Mencía, Rodrigo, Lucía, Álvaro e Jhon Michael.
Logo disto, e ao tratarse o día da presentación dun día diferente tamén no que a horario se refire, adicámonos a poñernos ao día e facer partícipes ao resto de compañeiros e compañeiras e ao profe de todas as vivencias que, dalgunha maneira, marcaron as nosas vacacións.
Algúns fomos á praia e ao parque case tódolos días e nada máis e nada menos que ata que se facía de noite, outros coñecimos montes con cabalos grandes e cabalos pequenos, tamén os hai que foron a un hotel cunhas inmensas piscinas e subiron a tobogáns enormes... guaaau!
Sen lugar a dúbidas, resultaron unhas vacacións escandalosamente divertidas...
... DE VIAXE EN TREN!
... NA PRAIA DE TANXIL!
... NO PARQUE DA TIROLINA!
... NA PISCINA DOS TOBOGÁNS!
Asemade, durante estes días tamén reservamos un anaquiño de tempo para coñecer á nosa nova mascota, ARIS. Xunto a ela, comezamos a adentrarnos nun lugar onde se custodian os bos desexos, as palabras amables e os soños doces... NUBARIS!



Do mesmo xeito, e para que as nosas familias vaian organizando a parrilla de clase de cada día, este curso voltamos a elaborar un horario semanal no que figura o menú da merenda e o especialista ou especialistas que temos cada día. Nesta ocasión, cambiamos o caracol Ramón de 4 anos, por unha actividade impresa un pouco máis sofisticada... o moucho Pascual! (dun ou doutro xeito Pascuala seguirá presente no noso día a día)
Traballamos como auténticos súper-maiores, coloreamos o moucho sen deixar ocos e case case sen saírnos do contorno. Logo, veu o máis complicado, colocar a roda co horario e calendario na parte central do moucho cun encuadernador que xiraremos dependendo no día da semana no que nos atopemos.
Agora si que si, todo baixo control, e non teremos excusa para non traer a roupa e o calzado axeitado os días que temos Psicomotricidade ou para non cumprir co menú establecido para cada día da semana... unha idea estupenda!
Para ser a os nosos primeiros días de cole como súper-maiores do noso corredor, non estiveron nada, pero que nada mal... este cole si que mola!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Hay que trabajar por proyectos que las familias estan en epoca de crisis y las hay que lo estan pasando mal...esos son buenos profes y buenos coles...con el metodo es mas facil alcanzar el exito y mas dificil llegar a fin de mes...como coordinador de ciclo seria bueno que lo trasladases a tus compañer@s
Gracias

Anónimo dijo...

Aris causou sensacion entre eles, Pero que guapos e que cambiados en tan pouco tempo!!

Anónimo dijo...

O horario vai servir de gran axuda, pero .. ainda asi algunha equivocacion habera, jaja

Anónimo dijo...

BENVIDOS/AS ao novo curso e derradeiro en educación infantil... agora sodes os maiores de mandilón.

Anónimo dijo...

Este curso no va haber reunion de principio de curso

Profe J.Ricardo dijo...

Como todos os cursos, no mes de outubro, convocarase unha reunión de nais e pais para lembrar as normas de aula e avanzar algunhas das actividades que levaremos a cabo durante o curso.

Anónimo dijo...

NO NOVO HORARIO, A MERENDA DO XOVES VEN REFERENCIADA CUN DEBUXO DE FROITOS SECOS. E DIFERENTE CO ANO PASADO?PODEMOS LEVAR CEREAIS TAMEN?

Profe J.Ricardo dijo...

Si, os xoves para o momento da merenda, os nenos e nenas poderán traer ademais de froitos secos, cereais e/ou galletas básicas.