Non deixamos
as nosas prácticas diarias e esta semana comezamos a traballar uns novos “Bits de Inteligencia”, nesta ocasión vencellados
co mundo da arquitectura.
Esta nova rutina, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artítisticas que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade que se amosa. Ademais, día a día, aprenderemos un pouquiño máis de cada construción arquitectónica: lugar no que se atopa, características máis salientables... e todo aquilo que nos amose un coñecemento o máis exhaustivo posible das 7 construcións seleccionadas. Non se nos escapa unha!!!
Os “Bits de
Inteligencia”, resultan de gran utilidade para estimular o cerebro,
a aprendizaxe e a memoria dos nenos e nenas, axudando a adquirir novos
coñecementos, a desenvolver e ampliar a linguaxe, o hábito e a capacidade de
atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a curiosidade e o interese...
e xa o curso pasado convertíronse nuns recursos didácticos excepcionais cos que
aprendemos, entre outras cousas: os planetas do Sistema Solar, descubrimos as
características dalgúns animais e do conxunto instrumental escolar, tamén
algunhas obras pictóricas de artistas archi-coñecidos...
Con esta rutina, descubrimos construcións
arquitectónicas representativas do mundo que se atopan en lugares tan dispares
tales como China, París, México ou na mesma India, axudando deste xeito a
contribuir ao desenvolvemento da competencia no coñecemento e interacción co
mundo físico establecida pola UNESCO.
Esta nova rutina, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artítisticas que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade que se amosa. Ademais, día a día, aprenderemos un pouquiño máis de cada construción arquitectónica: lugar no que se atopa, características máis salientables... e todo aquilo que nos amose un coñecemento o máis exhaustivo posible das 7 construcións seleccionadas. Non se nos escapa unha!!!
- TAJ MAHAL - |
- TORRE EIFFEL - |
- MUSEO GUGGENHEIM - |
5 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- ÁLVARO: "El fantasma Faustino" (Edit. Vicens Vives)
Non salo do asombro, vendo unha peli, o meu neno dixome que eran vacaciones de Paris, porque salia a Torre Eifel", a min pasabame desapercibida totalmente a imaxe! Canto saben, e sin darnos conta, como se involucran!!
cuando veais a este profe hacedle la ola!!!!
Moi interesante coñecer estas marabillas do mundo.A miña favorita é a Torre Eiffel. Un saúdo para tod@s
A cantos sitios temos que ir de excursión....
Publicar un comentario