Bienvenido

UN MUNDO DE MARABILLAS.

viernes, 12 de abril de 2013

Non deixamos as nosas prácticas diarias e esta semana comezamos a traballar uns novos “Bits de Inteligencia”, nesta ocasión vencellados co mundo da arquitectura.
Os “Bits de Inteligencia”, resultan de gran utilidade para estimular o cerebro, a aprendizaxe e a memoria dos nenos e nenas, axudando a adquirir novos coñecementos, a desenvolver e ampliar a linguaxe, o hábito e a capacidade de atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a curiosidade e o interese... e xa o curso pasado convertíronse nuns recursos didácticos excepcionais cos que aprendemos, entre outras cousas: os planetas do Sistema Solar, descubrimos as características dalgúns animais e do conxunto instrumental escolar, tamén algunhas obras pictóricas de artistas archi-coñecidos...
Con esta rutina, descubrimos construcións arquitectónicas representativas do mundo que se atopan en lugares tan dispares tales como China, París, México ou na mesma India, axudando deste xeito a contribuir ao desenvolvemento da competencia no coñecemento e interacción co mundo físico establecida pola UNESCO.


Esta nova rutina, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artítisticas que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade que se amosa. Ademais, día a día, aprenderemos un pouquiño máis de cada construción arquitectónica: lugar no que se atopa, características máis salientables... e todo aquilo que nos amose un coñecemento o máis exhaustivo posible das 7 construcións seleccionadas. Non se nos escapa unha!!!

- TAJ MAHAL -
- TORRE EIFFEL -
- MUSEO GUGGENHEIM -

- PIRÁMIDE DE KUKULKÁN -
- LA ALHAMBRA -
 Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Este venres fará de contacontos:

- ÁLVARO: "El fantasma Faustino" (Edit. Vicens Vives)

Anónimo dijo...

Non salo do asombro, vendo unha peli, o meu neno dixome que eran vacaciones de Paris, porque salia a Torre Eifel", a min pasabame desapercibida totalmente a imaxe! Canto saben, e sin darnos conta, como se involucran!!

Anónimo dijo...

cuando veais a este profe hacedle la ola!!!!

María José CPI Progreso Catoira dijo...

Moi interesante coñecer estas marabillas do mundo.A miña favorita é a Torre Eiffel. Un saúdo para tod@s

Anónimo dijo...

A cantos sitios temos que ir de excursión....