Bienvenido

E TI... QUE QUERES SER DE MAIOR?

jueves, 17 de junio de 2010

Hoxe levamos para a casa “Ondiñas veñen”, a revista que curso tras curso cóntavos ás familias as cousas que máis nos interesan ademais de mostrarvos algúns dos traballos que realizamos ao longo do curso.
A aportación da nosa clase na revista deste ano xirou en torno ao eixo temático dos oficios e profesións que era o centro de interese que, da man da nosa amiga Miñoca, estabamos a traballar nese momento e cuxo obxectivo xeral era coñecer e valorar o traballo dalgunhas profesións e oficios do contorno inmediato, relacionando actividades, instrumentos e lugar de traballo con cada unha delas.
Coma sempre, e para detectar cales son os nosos coñecementos previos sobre o tema, partimos da formulación de hipóteses suscitadas na asemblea: conversamos sobre algunhas das profesións e oficios que se atopan no noso contorno, comentamos as que máis nos chaman a atención, cal é a dos nosos familiares... e por suposto, como non podía ser doutro modo, cada un de nós comentou o que lle gustaría ser cando fose maior.
Hai de todo e para todos os gustos: peluqueiras, bombeiros, médicos, conductores de coches e, sobre todo, profes, moitíiiiiiiisimos profes, unha profesión pola cos nenos e nenas se senten fascinados debido ao papel que moitas veces exercemos os mestres na aula no desenvolvemento da súa personalidade, séntense fascinados polo mundo adulto e convertémonos en modelos de observación de actividades interesantes.
Esta actividade, ademais de para traballar contidos relacionados coa unidade didáctica que estabamos desenvolvendo na clase, converteuse nun recurso excepcional co que seguir avanzando na lecto-escritura, ese ámbito de aprendizaxe que tanto interese e curiosidade esperta para moitos de nós. Ademais, tamén serviu para comprobar os logros obtidos ao longo do curso; moitos de nós escribimos o texto sen omitir ningunha letra e, o máis interesante, sen modelo de copiado... alucinante!
Xa centrando a actividade na aportación para a revista, resultou interesante coñecer por parte de cada neno e nena os argumentos que explicaban porque querían desempeñar esa labor cando fosen maiores, algunha delas son xeniais e verdadeiramente ocurrentes, non si?

Como dato anecdótico do día no que se ensinou en gran-grupo a revista e, logo, o profe deixóunola para ver nos nosos sitios de maneira individual, comentar como todos rapidamente fomos buscar a nosa folla, onde baixo o título: “E ti... que queres ser de maior?” aparecían as nosas fotos coa profesión e o argumento no que aduciamos razóns polas que nos gustaría desempeñar esa labor cando fósemos maiores.

Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A aportación deste ano resulta orixinal e co toque persoal de cada neno. Parabéns!!!

Un saúdo.

Anónimo dijo...

QUIXERA COMENTAR QUE ME SORPRENDEU ENORMEMENTE COMPROBAR COMO O MEU FILLO CONFESOU AO PROFE E AO RESTO DE COMPAÑEIROS OS SEUS PLANS DE FUTURO, POIS ATA HAI BEN POUCO APENAS QUERIA FALAR NI COMPARTIR OS SEUS PENSAMENTOS CON NADIE.
SEN EMBARGO O QUE MAIS ME EMOCIONOU E ME ENTERNECEU FOI A FRASE TAN DULCE DUNHA NENA:QUE QUERE SER MEDICO PARA CURAR A SUA AVOA!. QUE BONITO! UN BESAZO PARA CANDELA.