Bienvenido

"MUNA EN EL MUSEO"

viernes, 26 de enero de 2018

Esta semana, metidos de cheo no libro de actividades nº3, onda MUNA, PABLO e BERTA visitamos un MUSEO, espazo no que lonxe de expoñerse calcetíns de lunares -como inicialmente coidaba MUNA-, atópanse para gozo de visitantes distintas obras de arte: cadros, esculturas...
Co gallo desta temática, iniciámonos na valoración da expresión plástica como elemento indiscutible de representación e comunicación ao constituír unha das linguaxes con maiores posibilidades de expresión que potencia o desenvolvemento da comunicación non verbal.
A expresión plástica constitúe, polo tanto, unha forma peculiar de comunicar aspectos da nosa vida cotiá, empregando uns elementos, materiais, soportes e técnicas sinxelas e ricas para desenvolver actividades que estimulan e potencian a nosa imaxinación, curiosidade, pensamento crítico e creativo, a exploración e experimentación, a sensación, percepción...
Así pois, como unha das novas rutinas da asemblea matinal está o debuxo do esquema corporal do súper-encargado/a de cada día. Con esta rutina preténdese interiorizar a imaxe mental que temos do noso propio corpo, identificando segmentos corporais propios e alleos, así como posibilidades e limitacións, usos e necesidades de coidado…


Non perdemos detalle!... e é que con esta actividade consolidamos algunas das formas planas traballadas durante o 1º trimestre, pois cada vez máis optamos por formas rectas para debuxar cabeza, tronco, extremidades…
Empregamos para a cabeza e ollos o círculo, para o nariz unha línea vertical, garabatos diversos, diagramas…, para a boca un garabato e/ou diagrama -ás veces combinados-, para tronco e extremidades calquera forma posible, as máis empregadas son o rectángulo, triángulo, círculo… sen esquecer o pescozo e a roupa apropiada a cada situación. Neste senso, resulta interesante comprobar a través do debuxo os nosos gustos e preferencias, pois cadaquén decide en que situación quere ser debuxado, hai para todos os gustos: de camiño á escola, no parque do Cantiño, facendo un boneco de neve, co disfrace de antroido… mesmo dándolle de comer a Pastora!
Nesta actividade, ademais, aproveitamos para completar os debuxos con outros elementos que contribúen a dar unha visión final de conxunto: soles, nubes, arcos da vella, herba, flores… canto detalle, canta cor!


Ao tempo, coa realización de diferentes actividades impresas que xiran en torno á visita de MUNA ao museo, descubrimos, identificamos e empregamos diferentes elementos, materiais e técnicas da expresión plástica.


Ademais, nesta ocasión, trátase dunhas actividades menos estereotipadas que de costume, onde cadaquén, dentro duns límites establecidos, deixa voar a súa creatividade coa témpera, pincel, rotulador, ceras plásticas e mesmo co punzón e coa táboa de picado… amodo!


Con estas e outras actividades estamos convencidos de que quen máis e quen menos elaborará un esbozo cada vez máis completo do esquema corporal: cabeza con ollos, nariz, boca, orellas e pelo, tamén o pescozo, tronco e extremidades, será algo… fantástico!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

1 comentarios:

NURIA LOPEZ dijo...

Personalmente me encanta poder estar dentro del aula, a través de este blog, para ver las actividades que hacen y lo bien que se lo pasan. Muchas gracias