Bienvenido

DENDE LUGO CON ILUSIÓN!...

miércoles, 5 de octubre de 2016


No día grande da nosa cidade, mércores 5 de outubro -Día de San Froilán-, abrimos a ventá da nosa aula para que as nosas familias descubran e coñezan algunhas actividades de aprendizaxe que marcan a vida da nosa aula.
Así pois, para comezar, que mellor maneira que facervos partícipes das nosas primeiras xornadas escolares na aula de 4 anos con tempos de actividade tan dispares como o momento da asemblea, do traballo obrigatorio individual ou do xogo libre e/ou dirixido nos rincóns.
Comezamos a xornada escolar co momento dE entrada que vivimos xa autonomamente e cada vez de maneira máis positiva.
Como novidade este curso, somos nós os que cada día quitamos as prendas de abrigo, colgámolas no percheiro individual e poñemos o mandilón, prestando atención no correcto abotoado dos botóns. Uf!, parece moi doado, non si?..., pero nalgúns casos esta rutina convértese en toda unha odisea, estamos desentrenados, así que paciencia...


Seguidamente, e co mandilón posto e abotoado, sentamos na zona da asemblea disposta xusto na entrada da aula. Co momento da ASEMBLEA chega unha das rutinas clave da xornada ao servirnos para organizar as diferentes actividades que terán cabida cada día: repaso de actividades xa desenvoltas, traballo individual obrigatorio, mestres especialistas, xogo libre e/ou dirixido nos rincóns...


Na asemblea, si algo temos claro é que si ben hai que estar cos ollos e orellas abertas, a boca témola que ter... pechada! para dar comezo ao ritual dos bos días, o saúdo aos compañeiros e a elección do súper-encargado, o neno que se convertirá no protagonista absoluto deste momento.


O súper-encargado de cada día escollerá a pegatina que lucirá ese día o profe no seu mandión -algunha destas levan asociadas rutinas automáticas-, 


revisará no panel que neno ou nena falta, constatará o tempo atmosférico no panel de Pipo, o coello espacial... 


ademais, tamén ten encomendada a función de ser o maquinista do tren nas entradas e saídas da aula... case nada!
Logo de cantar e mimar a canción dos bos días, dos días da semana e dos meses do ano, chega o TEMPO DE FALADOIRO, no que previa man levantada, contamos todo aquilo que forma parte da nosa realidade. Para este momento: saber escoitar e respectar ao que fala... de momento complicado!
Posteriormente, falamos das actividades que levaremos a cabo durante a xornada, facendo un recordatorio do día anterior e prestando atención a aspectos relacionados coa lecto-escritura e a lóxica-matemática: o súper-encargado escribe no encerado o seu nome, o da mascota, o do profe... segue o ditado de letras e números nos recadros do encerado, tamén escribimos a data comprobando e tachando no calendario... axiña veremos resultados!


Logo da asemblea, desenvolvemos as actividades de aprendizaxe, -amodiño, sen présa e traballando como maiores, lembrando en cada momento que... non todo vale!...-, para antes do recreo, reservar un tempo para repoñer forzas co Momento da merenda.


Xa no MOMENTO DO PATIO, deixamos que o noso corpo rode, trepe, salte... canto rimos!, que ben o pasamos!...


Tamén os HÁBITOS DE HIXIENE e a SESIÓN DE RELAXACIÓN a través da escoita de audicións musicais, da lectura e interpretación de imaxes e/ou láminas de arte e da lectura de contos como o titulado: A que sabe a lúa? (Edit. Kalandraka) que non cansamos de escoitar!

A que sabe a Lúa? (Edit. Kalandraka) 
Vedes que durante a mañá non paramos, pero aínda queda o máis divertido, o xogo libre e/ou dirixido nos RINCÓNS.
Durante os primeiros días de clase, lembramos os xogos e xoguetes cos que disfrutamos o curso pasado; agora tocou descubrir novas ubicacións na aula, novos espazos e mesmo novos usos aos materiais de cada zona que, tras unha labor de expurgo e unha fase de motivación, conseguirán que pasemos uns momentos de xogo... xeniais!


Deste xeito, cada día o profe establece os rincóns que estarán en funcionamento: rincón de xogo simbólico, de biblioteca, de lóxica-matemática, de construcións, de expresión plástica... logo, organizámonos para disfrutar deste momento que marca o final da xornada.

- RINCÓN DE XOGO SIMBÓLICO - 
- RINCÓN DE CONSTRUCIÓNS -
- RINCÓN DE LÓXICA-MATEMÁTICA -
- RINCÓN DE EXPRESIÓN PLÁSTICA -
Que familias?..., que dicides da nosas primeiras semanas de cole?... Pois a seguinte semana virá cargada de máis sorpresas e novidades, así que seguide moi atentos ao noso blogue, estamos convencidos que camiñando xuntos conseguiremos  todo o que nos propoñamos… contamos convosco familias!
Un saúdo con sabor a pulpo sanfroilanceiro e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Natalia dijo...

Paréceme unha idea moi boa. Moitas grazas por compartir o que fan os nosos pequeños no cole.

nancy dijo...

GRACIAS, J. Ricardo!!!!! Por dejarnos ver un poquito lo que hacen nuestros hijos en clase. Estamos muy contentos y agradecidos por todo lo que han aprendido en este mes. Esperamos ansiosamente nuevas noticias...
Un saludo!

Unknown dijo...

La cosa promete, en fin, ¡enhorabuena al profe por su impagable labor de comunicación!

Teresa dijo...

Éste blog é a caña é como unha ventana aberta a vida dos nosos enanetes cando nós non estamos con eles, ésta forma de aprendizaxe fainos mais independentes, gústame o que leo e o que vexo.

Unknown dijo...

Noraboa polo blog José Ricardo. Aos que somos tíos e tías dalgún "pequeno gran homiño" que anda pola túa aula, resúltanos moi agradable poder seguir o seu día a día na escola. Grazas por facernos partícipes a todos e todas. Paula.