Bienvenido

OLA, OLA,... CARACOLA!

viernes, 2 de diciembre de 2011

Esta semana realizamos a nosa primeira excursión no cole dos maiores. Unha intensa saída didáctica por Rianxo na que, aproveitando os recursos tan valiosos que presenta a temática mariña da nosa vila: lonxa, cetárea, “Museo do Mar”, “Aula Activa do Mar”, porto pesqueiro, porto deportivo, praias, etc achegámonos un pouquiño á estrutura e funcionamento do sector pesqueiro galego.
Para isto, ademais, ao longo da semana pasada, organizáronse no cole unhas charlas-obradoiro, nas que coñecimos algunhas das especies mariñas do noso litoral. Buf, algunhas daban meeedo, moooito meeedo!
O certo é que estabamos moi nerviosos e ilusionados e, aínda que nun primeiro momento pensamos que a saída se suspendería polas inclemencias do tempo, finalmente non foi así, e todos e todas moi agarradiños das ás das nosas bolboretas de cores comezamos a visita a Rianxo… acompañádesnos? Pois ben agarradiños que saímos!

O primeiro destino era a charla coa mariscadora da vila que, por mor do tempo, no canto de levala a cabo na lonxa, tivo lugar no Auditorio Municipal de Rianxo. Xunto a Ángeles, coñecimos as prendas de abrigo que teñen que poñer para mariscar nas praias: traxe de buzo, chaquetas especiais varias, luvas aislantes… Tamén nos ensinou e nos explicou como se empregaban algúns dos instrumentos de uso a cotío como o rastrillo ou a pala… non perdimos detalle! Sen lugar a dúbidas, unha profesión para xente dura, moi dura… sabedes que teñen que ir á praia e meterse na auga incluso cando vai frío e está chovendo?...

Logo, fomos a unha cetárea próxima á lonxa. Alí puidemos ver distintos moluscos e crustáceos tales como langostas, centolos, nécoras, camaróns, ameixas… non quedou nadiña sen tocar, ulir e ata… chupar! Podedes imaxinarvos como nos puxemos, non?...

Cando as forzas ían cada vez a menos, tocaba merendar, pero… e as nosas bolsas da merenda, profe?... O profe nos prometera unha sorpresa, nada máis e nada menos que… galletas! Pero non se trataba dunhas galletas calquera, senón dunhas galletas especiais, con letras e que estaban… uuummm, delicious!

Para rematar, e tras un breve tempo de lecer libre no archi-coñecido por todos e todas “parque da tirolina”, visitamos moi brevemente o “Museo do Mar” -no que coñecimos o proceso de elaboración dun barco, dende que se tala a árbore ata que se poñen as velas e o motor- e a “Aula Activa do Mar” -na que nos convertimos en mariñeiros cando subimos ao barco a tamaño real que alí se atopa-.
Xa na clase e cansos, moooi cansos, lembramos todos os lugares visitados, todas as experiencias vividas na saída por Rianxo que, por motivos diversos, será lembrada por sempre xamais por todos e todas e, moi especialmente polo noso profe.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

4 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

“Me gusta el mar, porque si lo ves pareciera que a veces llega hasta el cielo”.

L.F. Patito.

Anónimo dijo...

Pareceme que fas un gran traballo,felicitacions....

Anónimo dijo...

Que sorte que ó final quedou boa mañan para a saída... o meu nene quere que lle construa un barco coma o da excursion. Canto aprenden nestas excursions, parece mentira!

Anónimo dijo...

A cantos lugares foron!!!!!!!!! Non me estrana que o meu fillo ese día quixera durmir a sesta.

Que ben o pasades!!!!!!!!!