Bienvenido

"EL 1 ES UN SOLDADO, HACIENDO LA INSTRUCCIÓN..."

viernes, 16 de diciembre de 2011

A piques de rematar o noso primeiro trimestre no cole dos maiores, decatástesvos de todo o que levamos vivido?...
Neste ano, tivo lugar un cambio moi importante nas nosas curtas vidas, estamos comezando a facernos maiores e por iso empezamos a vir ao cole, momento que moitos agardabamos dende xa había tempo.
Neste lugar no que nos fomos adaptando pouco a pouco, atopamos a uns compañeiros e ao noso profe J.Ricardo, cos que aprendemos moitas cousas novas que veredes nos traballos que fixemos ao longo do trimestre; sen esquecernos de tódolos hábitos e rutinas que de xeito sistemático realizamos día a día, algo que sen dúbida axudounos a conseguir cotas cada vez máis altas de autonomía persoal na realización das tarefas cotiás.
E é que durante a xornada… non paramos!!! facemos construcións, puzzles, modelamos plastilina, cantamos e bailamos cancións, aprendemos tamén a contar historias e a saber escoitalas. Inventamos ás veces os nosos propios xogos e aprendemos a compartilos, a respectar o turno e a deixar todo recollido cando veñen os duendes Colorín.
Non pensedes que todo é traballar, despois da merenda, cando vai bo tempo e saímos ao patio, a media mañá, deixamos que o noso corpo corra, rode, trepe, salte, caia… tras este descanso, vén o que máis nos gusta: o momento do conto, das cancións, do debuxo e dos rincóns.
Durante todo este 1º trimestre, no cole vivimos un sen fin de situacións e acontecementos que nos proporcionaron un cúmulo de experiencias que deixaron a súa pisada no noso modo de ver o mundo, no noso proceso de maduración e aprendizaxe; como o magosto, o Halloween e agora o Nadal.


Nesta semana, estivemos repasando algúns dos conceptos traballados ao longo do trimestre. Así, entre outros conceptos, traballamos as vogais, a forma circular, descubrimos as cores nos elementos da realidade e traballamos o número 1.
O número en Educación Infantil é un concepto que non se aprende, senón que se constrúe partindo de experiencias cotiás nas que manipulamos, agrupamos, clasificamos... diferentes elementos do contorno.
Deste xeito, para traballar o número 1, levamos a cabo actividades de vivenciación e referencia corporal (converténdonos en equilibristas de circo e camiñando, seguindo a direccionalidade correcta, por enriba dun gran número 1 trazado no chan), tamén actividades de expresión xestual (cando nas rutinas do súper-encargado contamos os nenos e nenas que non viñeron ao cole, os días da semana…) e actividades de discriminación e manipulación de obxectos (cada vez que recollemos e ordenamos os xoguetes en cadanseu lugar, en cadansúa caixa).
Pois ben, esta semana elaboramos o mural do número 1 con plastilina. Para iso, o profe repartiunos un anaco de plastilina que tiñamos que convertir nun número 1.










O certo é que nos resultou moi doado, xa que cando nos toca estar no rincón de plastilina, o profe sempre nos aconsella que fagamos moooitos números 1 para sí saber trazalos correctamente nas fichas.
O resultado, un mural no que cada un de nós aportou o seu graniño de area en forma de número 1… quedamos moi contentos co resultado!

Árbores e luces de cores… xa está aquí o Nadal! Así que seguide moi atentos ao noso blog e veredes como voltades a crer nos Reis Magos, xa que os Reis Magos existen!, existen no corazón de cada un dos que cren neles!…
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo nadal e que o ano 2012 veña cargado de moitas experiencias coma no 2011.

e como fóchedes moi bos, supoño que os Reis Magos vos taerán moitas cousiñas para que o pasedes moi divertido.

Anónimo dijo...

Que pena que este ano non haxa Festival de Nadal!!!!!!!!!!!
Co ben que o íamos pasar vendo aos nosos artistas.... pero ben outro ano será. Agardo que o pasedes igual de ben celebrándoo o nadal no cole sen a presenza dos pais e familiares.

Anónimo dijo...

Emocionantes son estas fechas tanto para eles coma para nos.

Ricardo, asi da gusto!

Bo Nadal e Feliz 2012 para todos!

Anónimo dijo...

A familia Riveiro Suárez deséxavos a todos e todas que seguides este blogue tan fermoso un BO NADAL e PRÓSPERO ANO NOVO, en especial a J. Ricardo e a os nenos e nenas de 3 anos B.
★˛˚˛*˛°.˛*.˛°˛.*★˚˛*˛°.˛*.˛°˛.*★Bo Nadal*★* 。*˛.
˛°_██_*.。*./ ♥ \ .˛* .˛。.˛.*.★* e Feliz *★ 。*
˛. (´• ̮•)*.。*/♫.♫\*˛.* ˛_Π_____.♥ 2012 ♥ ˛* ˛*
.°( . • . ) ˛°./• '♫ ' •\.˛*./______/~\*. ˛*.。˛* ˛. *。
*(...'•'.. ) *˛╬╬╬╬╬˛°.|田田|門|╬╬╬╬╬*˚ .˛ ...



Cos mellores Desexos.



*´¨)
¸.•´¸.•*´¨) ¸.•*¨)
(¸.•´ (¸.•` ¤ Familia Riveiro Suárez

Laura L. dijo...

Ricardo, eu e toda a miña familia desexámosvos a todos un Bo Nadal.