Bienvenido

PROFE,... QUERO SER ARTISTA!

viernes, 11 de noviembre de 2011

Uf!..., despois de dúas semanas esquecíamonos de contarvos que xa coñecimos a biblioteca do cole... é sensacional!
O pasado luns, asistimos ao “acto de inauguración” que, un curso máis, o “Equipo de Biblioteca” organizou coa proposta de varias actividades nas que nos convertemos nos protagonistas indiscutibles; comezaremos polo principio...
Ao longo deste curso, dende a biblioteca decidiuse traballar o mundo da arte, para iso, intentaremos participar, na medida das nosas posibilidades, nas experiencias e actividades que desenvolven a proposta de traballo titulada:
“profe,... quero ser artista!”.
Previamente, nunha das asembleas matinais achegámonos ao mundo da arte cando o profe formulou unha pregunta: a que se adica un pintor?...
Quen máis e quen menos considerouse un “pequeno-gran experto” nisto do mundo da arte e, entre todos, chegamos a varias conclusións: os pintores empregan pinceis e brochas para pintar, os pintores teñen que ter cadros en branco e témperas de cores e, sobre todo, todos e todas sabiamos que hai pintores de cadros e pintores de casas e pintores de paredes e pintores de mil millóns de cousas. (isto último tiñámolo clariiiiisimo)
Pero nós, xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos A, ao longo deste curso coñeceremos un pouquiño máis o traballo dos pintores de cadros, concretamente, as obras de Kandinsky... soávos? Deste xeito, contribuiremos ao desenvolvemento especial dunha das 8 competencias básicas establecidas pola UNESCO: a competencia cultural e artística.
No acto de inauguración, e antes de entrar na biblioteca do cole, unha parada obrigada: a porta da nosa biblioteca, que se establece como unha chave máxica que nos permite a entrada a un mundo distinto; o mundo da fantasía, da imaxinación e das sorpresas.
Este curso, o mural escollido é a reprodución dunha das obras pictóricas de Joan Miró. Trátase dunha obra postmoderna na que se poden ver elementos representativos das creacións deste artirsta catalán.
Pero profe,... é unha porta ou é un cadro?... As caras de estupor cando o profe abriu a porta si que foron un cadro, e a porta, simplemente... unha auténtica obra de arte!

Xa dentro, o profe explicounos as normas de obrigado cumprimento para todos e todas cada vez que entramos na biblioteca facendo especial fincapé neso que sabedes que tanto nos gusta... falar! Noooon!!, na biblioteca non se pode falar, en voz alta, só se pode falar amodiño, en voz baixiña.
Ademais, na presentación tamén coñecimos outras peculiaridades da nosa biblioteca.
Sabedes que hai que facer se vemos un libro estragado?... Pois deixalo na “Cruz Vermella” para que os profes o arranxen e non se rompa máis.
Sabedes que na biblioteca temos unha Xouba?... Xouba Castelao é a mascota da nosa biblioteca e a encargada de lembrarnos as normas a través de paneis e pictogramas.
Podemos comer ou beber na biblioteca?... Noooon, iso está prohibido!!

Finalmente, e para cerrar este acto de inauguración todos e todas xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos A e a profe Silvia, con pinceis, témperas de cores e imaxinación, moooita imaxinación, convertímonos en pintores de cadros e pintamos o noso propio cadro que puxemos no corredor de Educación Infantil.
O resultado, aquí o tedes; un mar de ensoño e fantasía porque nós estamos preparados para embarcarnos nunha viaxe polo mar dos libros,... acompañádesnos?

Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

RICARDO PERMÍTEME UTILIZAR O BLOG COMO MEDIO PARA DESPEDIR A UN "ARTISTA" DO QUE SEMPRE GARDAREMOS UN ENTRAÑABLE E AGARIMOSO RECORDO:

ATA SEMPRE ALEX MATUTE,AGARDÁMOSCHE O MELLOR....

OS TEUS COMPIS DE 3,4 E 5 ANOS B

UN BICO

Anónimo dijo...

Que mural máis traballado, quedouvos estupendo!!!

Profe J.Ricardo dijo...

¡Eso está hecho!... Además, me gustaría agradecerles a Carlos y a Mireya su actitud durante estos 3 cursos juntos, me habéis puesto el trabajo muy fácil.

Y a Álex Matute, desearle lo mejor del mundo mundial. Nunca olvides el secreto que te susurré al oído cuando te viniste a despedir.

Tu profe al que le dejaste para siempre un poquito de ti.

J.Ricardo

Anónimo dijo...

Nós tamén nos xuntamos a esa despedida a Alex Matute, que pena que non fora adiante o que se estaba tramando.

A Alex Matute e a súa familia que lles vaia moi ben na nova andadura que comezan.E moitas grazas por deixarnos compartir, sobre todo cos nosos fillos/as, unha parte das nosas vidas. Moita sorte.

Bicos dende Rianxo. Nunca vos olvidaremos.

Laura L. dijo...

Gustaríanos mandarlle unhas palabras de despedida a Alex Matute, e pensamos que a mellor maneira sería a través do blog, porque é o único xeito que temos de chegar a el.

Dexexámosvos o mellor e esperamos que algún día nos volvamos a ver, aínda que sexa mediante unha pantalla de ordenador.Recordade que en Rianxo sempre teredes uns amigos.

Todos os nenos che votamos de menos, e temos ganas de que volvas ó cole, e como dixo o profe Ricardo "non deixemos de soñar, porque os soños poden facerse realidade".

Un bico para todos.