Bienvenido

...NUNHA BARRIGUIÑA MOI QUENTIÑA!

viernes, 6 de marzo de 2015

Esta semana, queremos contarvos unha actividade que comezamos a semana pasada e que resultou especialmente significativa para dous dos nosos compañeiros.
No primeiro trimestre, BRUNO e YAIZA vivenciaron un gran cambio nas súas casas, na súa familia: tiveron un irmanciño e unha irmanciña!...
Este acontecemento, non pasou desapercibido xa durante o primeiro trimestre. Así pois, BRUNO e YAIZA, -cada un no seu estilo-, ilusionados fixéronnos partícipes de todos os preparativos que se estaban sucedendo nas súas casas. Contáronnos como a cuna estaba lista, a visita a un sitio que non era o súper para comprar cousas de bebé -coidamos que sería a farmacia?-...


No caso de BRUNO, e especialmente de YAIZA, case cada día nas asembleas, fixemos a conta atrás para o día no que DAVID e XIANA chegarían ás súas e ás nosas vidas. Estaban expectantes, aínda que non tiñamos de todo claro si tamén preparados para perder, dalgún xeito, o seu trono.
Ben é certo que o nacemento dun irmán en ocasións conleva sentimentos negativos, pero en ambos casos, aparentemente, e alomenos de momento, os celos non apareceron por ningures e a chegada de DAVID e de XIANA supuxo un cambio importante no seu proceso de maduración.
Tamén durante o primeiro trimestre, sorprendentes foron as conclusións ás que chegamos ante o momento no que DAVID e XIANA sairían da barriga quentiña das súas nais. Afortunadamente, espadas e machadas dos vikingos a un lado, concluímos que o médico, o médico sería o encargado de “operar” a PAULA e a SONIA... que alivio!
Todos estes feitos e novas situacións, supuxeron, durante esta semana varias actividades vencelladas co nacemento dun irmanciño.
Nas asembleas, BRUNO e YAIZA, máis protagonistas que nunca, nos contaron algúns dos cometidos que levan a cabo no coidado e atención do seu irmanciño e da súa irmanciña...


...danlles o biberón, axudan no cambio de cueiro, danlle a roupa... e, sobre todo, axudan moi activamente no momento do baño. Sen lugar a dúbidas, esta tarefa resultou a preferida en ambos casos!...


A participación e aportacións nestas asembleas de MARCOS no coidado de MARTA ou de MICAELA no coidado de LEO e MÁX, resultaron imprescindibles: maiores, eles tamén se senten irmáns maiores!...
Por outra banda, como recordo para DAVID e XIANA, creamos e recreamos un libro no que cada un de nós plasmou, na medida das súas posibilidades, como crían que eran os bebés dos nosos compañeiros.
Indubidablemente, esta actividade supuxo para nos un auténtico reto competencial, e situar os ollos, o nariz e a boca resultou case un mundo... uf!
Xa logo, puxemos os pendentes e laciño para XIANA e, o sombreiro e pelos de punta para DAVID. Con caras de ledicia ou de “choromicas”, quedaron uns primeiros retratos cargados de amor, moooito moitísimo amor e tenrura!...



Do mesmo xeito, esta secuencia de aprendizaxe, serviu como alicerce para iniciarnos na elaboración do esquema corporal que se consolidou a partir da creación e recreación improvisada dunhas NUBAS chulísimas ás que non lles faltou detalle: as coletas de cores, o nariz de pallaso e mesmo a nube do seu vestido favorito... moitos moitísimos parabéns polos resultados!


O libro-recordo-bebé, tomou forma de pañal,...


...un pañal que se convertiu por uns días nun recurso máis co que disfrutar dentro do rincón da biblioteca... fantástico!


E para rematar esta semana, que mellor xeito que deixando que o noso corpo corra, rode, trepe e... caia no patio! Por fin o tempo acompañou e voltamos a disfrutar do momento do patio. Xa somos outros, e o banco no que sentabamos aqueles nenos abrumados ante tal cantidade de nenos e nenas descontrolados, por momentos está baleiro ou case baleiro... xenial!






Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

4 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Os contacontos para este venres son:
- NAIARA: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". (Edit. Kalandraka)
- SABELA R.I.: "A cabra boba". (OQO editora)

Sonia Martinez dijo...

Moitisimas gracias polo regalo. Un detalle q nos encantou e emocionou. Vamolo gardar como ouro en paño para q cando medre xiana vexa o regalo q lle fixeron os amiguiños de yaiza. O dito moitisimas gracias!!!

Conchi dijo...

Q bonita manera de aprender!!!! O detalle é precioso!!
Se ve nesas fotos xogando no patio q disfrutan!! Estupendo¡!! Si eles están contentos su tamen¡!!
Un saúdo.

Familia Romero Sobradelo dijo...

Moitas grazas o conxunto da clase de 3 anos B (NICOLÁS, PAULA, MIGUEL, NAIARA, DANIELA, SABELA RG, LAURA, SABELA RI, XOEL, YAGO, MARCOS, SANTIAGO, NAIRA, MICAELA, EVA, XIMENA, GAEL, YAIZA, BRUNO E O PROFE RICARDO) polo agasallo tan especial que lle prepararon a XIANA e a DAVID.
Como xa sabemos os seguidores de "SONRISAS Y MANDILONES"a este conxunto de pequenas promesas non se lle esquece detalle.
Unha aperta para todos en nome de DAVID.