3, 2, 1... Siii, esta
semana despegamos!... Como que a onde?... Pois nada máis e nada menos que a
un país que existiu hai moitísimos anos cando había xigantes e magos, trasnos e
fadas, na época na que os animais falaban: Letrilandia, o País das Letras.
Da man do Señor
Estudoso, ese señor baixiño e simpático, cuberto cun sombreiro e cunhas
lentes que lle dan aire de personaxe sabio, descubrimos un curioso lugar rodeado
por verdes campos salpicados de alegres flores de cores nos que hai uns
pequenos ríos saltaríns que proporcionan auga fresca para beber e un lugar onde
xogar e refrescarse.
- SEÑOR ESTUDOSO - |
Cando paseou polas rúas do País das Letras, o Señor
Estudoso observou os costumes dos seus habitantes. Abraiárono as formas que
tiñan os seus corpos, así como a súa forma de comunicárense. Todos eran
distintos e falaban diferente.
Pensou que se debuxaba os seus corpos e aprendía o seu
xeito de falar, podería escribir todos os contos e marabillas que aprendía en
cada unha das súas viaxes.
Situado á esquerda, atópase o País dos Xigantes, onde
o mago Catapún e os demais habitantes vixían sempre para amolar as letras. Por
iso, estas camiñan sempre de esquerda a dereita.
Mediante este archi-coñecido método de lectura,
semanalmente descubriremos un a un os personaxes deste fantástico lugar, onde a
través das súas historias, coidamos gañar un chisquiño máis de confianza e
seguridade nas nosas posibilidades cara a aprendizaxe da lecto-escritura.
Cada venres, na carpeta do préstamo semanal, irá o
libro de lectura de “O País das Letras”
para traballar na casa de xeito sistemático aquel grafema visto durante a
semana na clase. Sen lugar a dúbidas, esta tarefa convírtese para nós nun
auténtico reto competencial que, agardamos axiña se convirta nunha realidade
rica e froitífera dentro das nosas aprendizaxes persoais... unha vez máis,
contamos convosco, familias!...
Este reto competencial que culmina este derradeiro
curso de Educación Infantil, será o resultado dun longo camiño iniciado xa cando
tiñamos 3 anos, onde, dun xeito máis construtivista e significativo, traballamos
a lecto-escritura en actividades tan cotiás como no fichaxe de ausencias e
presenzas de cada mañá, cando o profe nos manda “antes de nada e arriba de todo” poñer o nosso nome nas actividades
impresas, modelado en plastilina de grafemas, cando os coordinadores de cada
equipo de traballo reparten os libros, os rótulos e pictogramas que existen na
aula e que axudan a organizar e distribuir o espazo (percheiros, archivadores, recantos...)... e un senfín de recursos que farán posible que esa
linguaxe tan marabillosa que sae dos contos que máis nos gustan, saia tantas
veces como queiramos.
Familias!… abrochade ben os cinturóns, estades convidadas
a coñecer as aventuras e desventuras destes personaxes, e lembrade... camiñade
sempre de esquerda a dereita, que senón... atchís!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se
alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- LEO: "El gusano naranja". (Edit. Anaya)
ufff que duro esto da lectura.... como nos costa
pero si ricardo presumía de que sus niños leen genial
Publicar un comentario