Bienvenido

FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS...

domingo, 1 de julio de 2012

O verán é un período vacacional, e resulta importante que os nenos e nenas disfruten del como tal; nembargantes, as familias debedes ter en conta que calquera xogo ou actividade cotiá que fagades co voso fillo pode adquirir certo trasfondo pedagóxico.
Por iso, ademais de xogar, ir á praia, ao parque, de viaxe visitar novos lugares... é importante que, cada día, reservedes un tempo para realizar algunha tarefa que sirva para consolidar algunhas das capacidades adquiridas ao longo do curso. Non se trata de facer fichas similares ás que realizamos na escola, trátase máis de que non perdamos o hábito e a actitude de traballo acadada ao longo do curso.
Asemade, este tipo de actividades serviránnos para afianzar e consolidar algunhas das capacidades adquiridas ao longo do curso, todo isto dende un enfoque lúdico que abofé nos resultará ameno e divertido, de tal modo que non vexamos estas actividades como unha obriga, senón máis ben como unha rutina que levamos a cabo día a día durante as nosas tan merecidas vacacións.
Respecto á lecto-escritura, sinalar que un lector non nace, faise, para iso, debedes transmitirnos o valor da lectura como unha fonte de aproximación a novos coñecementos e como unha porta aberta ao mundo da fantasía.
Á hora de ler, resulta fundamental crear un clima cálido, seguro, de proximidade física e afectiva. Non intentedes obter de nós, máis do que podemos dar segundo o noso estado evolutivo, esto pode causarnos frustracións e o rexeitamento cara a lectura e sería unha magoa.
Neste sentido, destacar o importante que resulta que non nos iniciedes no proceso lector, xa que moitas veces, inconscientemente, xerádesnos frustracións e angustias innecesarias cara unha aprendizaxe custosa á que lle prestaremos atención o vindeiro curso na escola.
Resulta esencial que nos sintamos motivados de cara a proposta de actividades, pois só deste modo, gañaremos confianza nas nosas posibilidades, seguridade... actitudes que nos levarán, consecuentemente, a incrementar progresivamente o noso afán de superación e así facer sempre as tarefas propostas do mellor xeito posible.

Entre outras das posibles actividades que podemos levar a cabo durante estas vacacións, primando sempre o periodo vacacional e de descanso característico destes meses, estarían:
  • identificación e trazado de grafemas. Non nos poñades letras para copiar,... iso está chupao! agora xa somos maiores e deberiamos saber trazar as letras seguindo a técnica escolar do ditado... facemos a proba?
  • trazado e, moi especialmente recoñecemento dos números do 0 ao 3, a pesar de que durante o terceiro trimestre traballaramos a identificación e, nalgúns casos concretos, tamén o trazado dos números ata o 9, a algún de nós todavía se nos resiste a identificación e grafía dos números traballados sistematicamente durante o curso... coa vosa axuda o lograremos, estamos convencidos!,
  • seguir traballando as cores, os trazos e as formas planas (círculo, cadrado, triángulo), aprendendo a identificalas en elementos do contorno cotián,
  • tampouco deberemos esquecernos da expresión plástica, así que deixade que nos expresemos artisticamente e de xeito libre, sen modelos. Non esquezades que é máis importante o proceso que o produto, xa que este dependerá do noso grao madurativo e da nosa particular visión do mundo. Agora ben, lembrade que... non todo vale!,

Todo isto sen esquecernos de disfrutar ao máximo as tan merecidas vacacións que acabamos de comezar, aproveitando estes meses para recargar as pilas para todos os retos e actividades que nos agardan a partir de setembro... serán sensacionais!

OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS B,
DESÉXANVOS UNHAS MOI FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!!!


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Meredidas vacacións a todos e todas, tanto nenos e nenas coma o mestre J Ricardo.

Agora a descansar para comezar en setembro con moitas forzas

Anónimo dijo...

Moitas gracias por darnos estas pautas para poder practicar e compartir durante as vacacións cos nosos nenos.Sei que é abusar un pouquiño pero necesitaba que nos facilitases a lista do material que teñas previsto para o inicio do próximo curso, ou polo menos o que sexa máis seguro que faga falta para poder ir comprandoo.O motivo desta petición é como ben sabes a inminente subida do IVE para o mes de setembro.Sei que si está dentro das túas posibilidades farás o posible.Grazas de antemán (sexa posible ou non).

Profe J.Ricardo dijo...

Como resposta ao segundo comentario, achégase a continuación a relación de material seguro que se solicitará para o vindeiro curso. Este listado de material pódese ver ampliado.
A relación de libros de texto está exposta na porta do colexio.

- Mandilón aberto por diante, marcado co nome en letras maiúsculas e unha cinta longa no cuello para poder colgalo (12 cm.).

- Gorra co nome do alumno/a e curso no reverso para deixar na aula.

- 1 Vaso co nome do alumno/a de plástico ou aceiro inoxidable con ASA.

- 1 Carpeta tamaño folio con gomas para Inglés. (serve a do curso pasado)

- 1 Paquete de 100 folios DIN-A4 (80 grms.) de cores variados.

- 1 Block de cartulinas SELVI. (preferentemente desta marca)

- 1 Lapis STAEDTLER TRIPLUS. (preferentemente desta marca)

- 1 Caixa de ceras PLASTIDECOR (24 cores). (preferentemente desta marca)

- 1 Caixa de rotuladores JOVI-MAXI de 24 cores. (preferentemente desta marca)

- 1 Pegamento PRITT (40 grms.) (preferentemente desta marca)

- 1 Pincel mediano JOVI co pau de PLÁSTICO. (preferentemente desta marca)

- 1 TEXTSURFER CLASSIC-STAEDTLER fluorescente. (preferentemente desta marca) (AZUL=Lois, Unai, Lucía), (ROSA=Roi, Xiana X., Leo), (AMARELO=Diego, Nerea, Andrea), (LARANXA= Tania, Mencía, Daniela), (VIOLETA= Sergio, Luis M., Álvaro), (VERDE= Froilán, Carla V.)


NOTA: O material será entregado TODO xunto o máis pronto posible nunha bolsa cerrada na que figurará moi visible o nome, apelidos e curso do neno/a.
NON se lle poñerá o nome a ningún material, agás, nun lugar facilmente visible, á gorra e ao vaso de plástico con letras maiúsculas e co NOME COMPLETO do alumno.

Anónimo dijo...

Ola a todos e todas:

Antes de nada a J Ricardo moitas grazas polo listado do material así xa o podemos ir preparando con máis calma. E tamén por ser un profesional tan bo.

Que rápido pasaron as vacacións.... xa non queda nada para que comece o cole outra vez e agora xa non seremos os pequenos/as xa somos un pouquiño máis maiores.

Biquiños e xa nos vemos dentro de nada