Bienvenido

NÓS LEMOS... E TI?

viernes, 11 de mayo de 2012

A partir desta semana, incorporamos unha nova rutina á nosa parrilla de clase, a do préstamo de biblioteca, unha actividade cunha periodicidade semanal que se convertirá nun indiscutible recurso didáctico para o desenvolvemento lingüístico e para a consabida adquisición de técnicas vinculadas co proceso de lecto-escritura.
Trátase dun préstamo semanal (de venres a venres) que propiciará un sempre grato encontro co mundo dos contos e da lectura que creará un clima que resulta tan grato e estimulador para a aprendizaxe.
Ademais, tamén servirá para que nos familiaricemos coa dinámica da biblioteca -unha das nosas asignaturas pendentes este curso-, para que nos ilusionemos cun ambiente propicio á lectura no ámbito escolar e familiar e tamén para que nos contaxiemos do entusiasmo dos libros como portadores dun mundo máxico e marabilloso.
Ao longo de cada semana, coa axuda das nosas familias traballaremos o conto escollido co obxectivo de comprender a súa liña argumental, xa que cada venres, nomearemos dous contacontos por rigurosa orde da casiña do panel de rutinas, que “lerá” o conto ao resto de compañeiros e compañeiras a través da intepretación das imaxes e ilustracións co compoñen.
A través da narración dos contos, aprenderemos a escoitar, a pensar, a  adquirir un primeiro código moral, a ver as cousas cos ollos da imaxinación, estimulando a creatividade, o pensamento diverxente e o sentido crítico.
Entre as moitíiisimas actividades que podemos levar a cabo a partir do conto están: as actividades de comentar que axudan a asimilar o conto e a realizar unha trasposión dos feitos ás experiencias vividas, actividades de xogo dramático, representando os roles dos protagonistas do conto, tamén actividades de creación de historias como a ensalada de fábulas ou o binomio fantástico propostas por Gianni Rodari na súa obra Gramática de la Fantasía (1985).
Unha das actividades que levamos a cabo na clase a partir dos contos son as actividades de ilustración, como debuxar o noso personaxe favorito do relato ou a escena que máis nos gustou, obtendo como resultados uns debuxos aos que nos lles falta detalle. Ollade a esta Carapuchiña Vermella con lobo, cazador e bosque... rechiflante!


Moi entusiasmados coa actividade do préstamo, o venres fomos á biblioteca non sen antes lembrar as normas que debemos seguir cada vez que acudimos ao pabillón dos maiores: sempre ben agarradiños na fila, soltámonos para subir e baixar as escaleiras que unen cada pabillón e, o máis importante e que máis nos custa... boca pechada!
Xa na biblioteca, sentámonos nas sillas dos maiores -estas si que son altas- e lembramos as normas, usos e funcións da biblioteca: para que serve, que podemos atopar...
Logo, o profe foinos presentando un a un os contos que levaremos de préstamo.
Así, temos contos como: Orejas de mariposa (Edit. Kalandraka), Corre corre cabaciña (Edit. OQO), Mateo (Edit. Kalandraka), Avós (Edit. Kalandraka), Paco Papán (Edit. OQO)... algúns deles xa os coñeciamos, e outros, descubrímolos durante estes días nas asembleas matinais.
Logo, e tras lembrar que cada semana os contos deberán vir en perfecto estado, -non se poden colorear, raiar, recortar, romper...-, comezamos co proceso de selección, un proceso que suscitou polémica, pois case todos queriamos os mesmos contos. O conto de Renato (Edit. Kalandraka) e o conto de O monstro de Ricardo (Edit. Kalandraka), foron, sen dúbida, os que máis seguidores tiveron...

RENATO (Edit.Kalandraka)
O MONSTRO DE RICARDO (Edit. Kalandraka)

Nin moito menos esta situación supuxo problema algún, xa que todos e todas tiñamos claro que os únicos que podían elexir conto serían os dous contacontos de cada semana. Nesta ocasión Lois, escolleu o conto de Os sete cabritos (Edit.OQO) e Daniela escolleu o conto de A que sabe a Lúa? (Edit. Kalandraka)... estamos seguros que serán uns contacontos colosais!


O resto, participamos nunha dinámica sinxela. Unha vez dispostos os contos nas mesas da biblioteca, tiñamos que movernos ao seu redor ao son dunha cantinela e, unha vez que parabamos de cantar, tiñámonos que sentar na cadeira que estaba ao noso carón e... tachán... conto escollido!












Comprobaredes que, aínda que o noso primeiro curso no cole dos maiores está entrando na súa recta final, non deixamos de incorporar novidades á nosa parrilla de clase; unhas novidades que coa axuda das nosas familias convírtense en experiencias de ensinanza-aprendizaxe que non fan senón contribuír ao noso desenvolvemento integral.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

PEQUENOS-GRANDES KANDINSKYS...

viernes, 4 de mayo de 2012

Siii, nun aula de artistas como a nosa, seguimos mergullados no sempre fascinante e interesante mundo da arte.
Desta maneira, durante estes días, estivemos traballando unha das obras de arte que descubrimos fai xa algunhas semanas a partir das sesións cos “Bits de Inteligencia”.
Trátase dunha das obras máis archi-coñecidas de Vassili Kandinsky titulada: “Cuadrados con círculos concéntricos”. Esta obra de arte, sérvenos, ademais de para repasar e consolidar as formas planas do círculo e do cadrado, para seguir coñecendo novas cores como a morada, carne ou añil.
"CUADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS"
Baixo o lema que durante este curso serve á biblioteca como eixo vertebrador das actividades propostas: “Profe, quero ser artista!”, convertímonos en pequenos-grandes Kandinskys recreando a súa obra, prestade atención…
Tendo en conta que a obra traballada está composta integramente por círculos e cadrados, o que fixemos foi picar moitos círculos e cadrados, pero moitos moitíiisimos… canto suamos! Pero isto non supuxo ningún problema para uns súper-traballadores coma nos, e con entusiasmo e entrega, picabamos o círculo ou o cadrado ao xeito, amodiño, polo contorno marcado na figura.

Logo, veu o máis divertido, xa que unha vez analizada con detalle a obra real de Kandinsky, convertímonos por un intre en artistas, realizando composicións a partir das formas picadas no paso anterior. Tan só unha premisa, os círculos debían estar ordeados de máis grande a máis pequeno, e en cada cadrado debía haber 4 círculos… non todo valía!


Unha vez que tiñamos a composición máis ou menos clara, quedaba o paso máis sinxelo, pegar todo nunha cartulina de cor vermella, así, como na obra real de Kandinsky.
O resultado dunha das nosas primeiras obras de arte no cole dos maiores… súper-rechiflante! Ademais, ao tempo que xogabamos coa arte, consolidabamos algúns dos conceptos traballados ao longo do curso como as formas planas, as cores e o picado con demarcación.



Outro día, recreamos de novo a obra seleccionada, pero agora de forma individual. Dada unha plantilla con 12 cadrados, tiñamos que debuxar con rotulador en cada cadrado, círculos de todas as cores e tamaños posibles. Logo, -agora si veu o complicado-, tiñamos que pintar os círculos da cor seleccionada... un traballo excelente!


Comprobaredes que non paramos de facer cousas en toda a xornada, e o mellor de todo é que a nosa actitude e os nosos resultados son cada vez de máis súper-maiores -ou iso nos di o profe-
Seguide moi atentos ao noso blogue, xa que durante as vindeiras semanas, faremos a estrea mundial do noso primeiro “Conto Cooperativo”, un conto que nos trasportará a un país diferente, a un país moi, pero que moooi especial que estamos seguros que vos rechiflará…
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

mergullARTE NA ARTE!!!

viernes, 20 de abril de 2012

A pesar dunhas semanas intensas no ca actividade diaria se refire, -xa rematamos o libro número 6 de Papelote-, comezamos a estudar uns “Bits de Inteligencia” novos, nesta ocasión vencellados co mundo da arte... fascinantes!
Os “Bits de Inteligencia”, resultan de gran utilidade para estimular o cerebro, a aprendizaxe e a memoria, axudándonos a adquirir novos coñecementos, a desenvolver e ampliar a linguaxe, o hábito e a capacidade de atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a nosa curiosidade e interese... e xa o trimestre pasado, convertíronse nuns recursos didácticos excepcionais cos que aprendemos algúns dos planetas do Sistema Solar e tamén as características dalgúns instrumentos musicais como o metalófono, a gaita ou o violín.
Pois agora, chegou o turno de mergullarnos no mundo da arte, máis concretamente, estamos descubrindo obras pictóricas de artistas archi-coñecidos por todos e todas: Picasso, Leonardo Da Vinci, Miró, Salvador Dalí...
Con esta rutina, poñémonos en contacto coa arte e as expresións artísticas de todos os tempos e de diferentes culturas, para deste modo, desenvolver e ampliar o noso sentido artístico ao máximo, así como ofrecernos unha amplia gama de posibilidades artísticas que contribuirán ao desenvolvemento da competencia cultural e artística establecida pola UNESCO.
Esta nova rutina, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade que se amosa. Ademais, día a día, aprendemos un pouquiño máis de cada obra: autor, movemento pictórico, características máis salientables... e todo aquilo que nos amose un coñecemento o máis exhaustivo posible das 12 obras seleccionadas.
Así, para convertirnos en pequenos-grandes expertos en arte: ollos abertos, orellas abertas e... boca? Pechadaaa!!! Non se nos escapa unha...

 LA GIOCONDA de Leonardo Da Vinci.

 “LAS BAÑISTAS” de Pablo Ruiz Picasso.

“LATAS DE SOPA DE TOMATE" de Andy Warhol.

“NIÑOS JUGANDO A LOS DADOS” de Murillo.

“EL HOMBRE DE VITRUVIO” de Leonardo Da Vinci.

“CAMPO DE TULIPANES EN HOLANDA” de Claude Monet.

“MADRE E HIJA DELANTE DEL SOL” de Joan Miró. 

“LA GALLINITA CIEGA” de Francisco de Goya y Lucientes.

"PERSISTENCIA DE LA MEMORIA” de Salvador Dalí.

“MUJER EN UNA VENTANA” de Salvador Dalí.

 “LAS MENINAS” de Pablo Ruiz Picasso.

“EL GRAN CANAL DESDE EL PALACIO BALBI” de Canaletto.

 “LA CONVERSACIÓN” de Henri Matisse.

“CUADRADOS CON CÍRCULOS CONCÉNTRICOS" de Vassili Kandinsky.

Ollade as obras con atención, xa que pronto, moi pronto, unha delas durante os vindeiros días convertirase no eixo motivador dunha viaxe a un país especial, moooi especial... estades preparados?
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

NOIVA DO CAMPO PAPOULA...

Poco a pouco, despois das vacacións, imos collendo de novo o ritmo de traballo cotiá, e aínda que a algún de nós lle está custando máis da conta porque... “está cansado”, con entusiasmo comezamos xa o libro número 6 de Papelote, no que se nos presenta unha unidade didáctica cuxos contidos de traballo están vencellados coa primavera. 
Coas actividades que levaremos a cabo nesta unidade diáctica investigaremos para observar, descubrir e identificar algúns dos cambios que se producen no contorno e na vida das persoas coa chegada da primavera: saen as flores, as follas das árbores son de cor verde, xa non vimos ao cole tan abrigados como no inverno... 
Para comezar, o profe propúxonos un torbeliño de ideas no que tiñamos que dicir obxectos, elementos, situacións... relacionadas coa primavera: bolboreta, árbore, flores, sol, abella, herba, flores, paxaros, arco da vella, caracois e... flores, porque o que si temos clarísimo é que coa chegada da primavera os campos énchense de flores, moooitas flores. 
Non había tempo que perder, e despois do patio, aprendimos a facer flores de todas as cores e clases, unhas flores que, xunto a outros elementos que aportamos no torbeliño de ideas, quedaron plasmados nos debuxos da primavera que decoran un dos corchos da aula... unhas primaveras preciosas!






As flores convírtense para nós na proba máis evidente da chegada da primavera, por iso, outra das actividades que levamos a cabo foi a decoración dunha flor multicolor, que debíamos pintar ao xeitiño e sen saírnos do contorno de diferentes cores. Pero todavía quedaba o máis xenial, xa que na parte central, logo de picala co punzón, pegamos unha foto nosa... uns traballos cada vez máis de súper-maiores! 


Asemade, durante estas semanas, desenvolvimos na clase unhas dinámicas de psicomotricidade que nos serviron para traballar nocións musicais como o ritmo ou a frecuencia, e tamén nocións de expresión corporal. 
A rutina era básica, ao son do pandeiro, tiñámonos que mover pola aula adoptando os roles que se indicaban para cada caso: bolboretas, serpes, paxaros, canguros... 




Neste tipo de actividades, algo que se convirte nun auténtico reto para máis dun é seguir as normas establecidas para este tipo de dinámicas, xa que ás veces aproveitamos para facer un pouco o que nos dá a gana e non, iso non pode ser... está prohibido! 
Estas conversas dirixidas e actividades enriquecéronse se cabe todavía máis coa posterior lectura e interpretación da lámina mural desta unidade didáctica na que se podía ver unha paisaxe primaveral con moitos dos elementos que saíran no torbeliño de ideas. 
Sen lugar a dúbidas, faltan mil millóns de cousas por contarvos de todo o realizado durante estas semanas, pero as informacións estarán cargadas de maior riqueza se as contamos en persoa... non dubidedes en preguntarnos! 
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

"ADORAD EN ESPÍRITU Y VERDAD"

viernes, 6 de abril de 2012

Tuvimos la suerte de en tus venas caer;
Sentimos en nuestro pulso todo tu tirón.
Ha quedado absorto nuestro corazón,
Comentándolo con el Rosicler.

A pesar de todo los que nos diste a ver,
TÚ eres en todo la última razón.
Son tus pisadas el único son:
Nos captan, nos llegan a entumecer.

Mar zafiro, coral de infinitud;
Cielo en el que nos perdemos sin perderte.
La cáscara te besa y te repasa.

¿Qué diría del misterio de tu CRUZ?
¿Qué de tu barca de tu AMOR y MUERTE?
Pasa entre estas callejas, Jesús, ¡pasa!


D. Luis Romay G. Arias.


Que a Virxe María, “Raíña e Nai garimosa, vida, dozura e esperanza nosa”, como cantamos na Salve, e a quen acompañamos no camiño da súa dor este venres Santo, nos axude a vivir este día con piedade sincera, con coherencia cristiá e con auténtico espírito de penitencia e caridade.