Bienvenido

FIN DE CURSO.

viernes, 30 de junio de 2017

Tras unha andadura chea de vivencias, experiencias, descubrimentos e aprendizaxes, chega o final do curso co inicio do verán e as vacacións.
Así pois, para rematar o curso como ben merece, a última semana gozamos de diferentes actividades que mudaron de xeito considerable o desenvolvemento de cada xornada escolar. Neste senso, e para ter proba física de todo o que nos agardaba, marcamos con fluorescente no calendario do panel de rutinas cada acontecemento para ir facendo a conta atrás de tanta novidade: o libro das letras, a letra animada, o estoxo, os materiais...etc... canta cousa concentrada!
En primeiro lugar, adicamos parte da semana a organizar, arquivar e lembrar todas as actividades impresas desenvoltas ao longo do curso. Comezamos co caderniño de El jardín de las letras (Edit. Anaya) co que nos aproximamos á lectura e escrita en letra enlazada das vogais a partir das historias de Ana, Emilio, Inma, Óscar e Úrsula.


De todos os xeitos, os materiais que causaron máis expectación foron as actividades impresas que alá polo mes de outubro comezamos a arquivar en cadansúa gabeta. Había actividades impresas que nin lembrabamos: do San Froilán, de contos como o de A que sabe a lúa? (Edit. Kalandraka), do Samaín-Halloween -pantasmas, Frankensteins, mascota de Drácula-, actividades da secuencia de aprendizaxe sobre o espazo exterior, onde os planetas, constelacións, naves espaciais, alineníxenas... enchen cada espazo de actividade... canto traballamos!


Afortunadamente, e como vén sendo decote na organización da nosa secuencia rutineira, estes momentos de traballo combinámolos co recordo de varias das cancións que inspiraron momentos verdadeiramente xenuínos durante o curso: Arco Iris, Robin Hood, Noche de Terror, Sueña de David Bisbal e ata Las flechas del amor de Karina... divertidísimo!


Xa o xoves, coidamos que o curso estaba a piques de rematar, pois logo do acto organizado no hall do noso edificio co gallo da graduación dos nenos e nenas de 5 anos, dispuxéronse mesas con snacks variados a modo de merenda de despedida coa que festexar o final de curso... mmm, que idea!


E aínda quedaba o máis xenial... gozar coas cancións do momento a través da proxección no Encerado Dixital Interactivo (E.D.I.) das últimas novidades do Just Dance 2017... como nos gusta bailar!... que artistas!.. non se nos escapa unha!...


Asemade, neste ambiente de festa, e xa máis tranquilos, un a un asinamos a modo de recordo de grupo nos círculos dispostos na tarxeta de MUNELA coa que o xoves, en plena asemblea, vivimos un momento inigualable cuns convidados especiais... as nosas familias!... inesquecible... GRAZAS de corazón!...















E xa para rematar... que mellor que converternos nun dos personaxes sobre os que xiraron gran parte das conversas deste curso: o conde Drácula... a Drakuleta estaba deliciosa!...


Agora xa, sen esquecer todo o vivido, toca disfrutar das tan merecidas vacacións que comezan, aproveitando estes meses de verán para recargar as pilas para os retos e actividades que nos agardan a partir de setembro... case listos e preparados!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

ARDE LVCVS MMXVII.

viernes, 23 de junio de 2017

Ilusionados, antes de pechar o curso, reservamos uns días desta semana para traballar unha das celebracións organizadas cada mes de xuño na nosa cidade, siii... o Arde Lvcvs xa está aquí!
O Arde Lvcvs, comezou a súa andadura no ano MMII ligado ao solsticio de verán cun obxectivo primordial: rememorar a fundación da nosa cidade recreando o seu pasado romano.
Así pois, hai xa uns días, o casco histórico amurallado comezou a transformarse en Lvcvs Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana, para ofrecer aos visitantes do 30 ao 1 de xullo un completo programa de actividades.
Neste senso, cunha motivación extra pois quen máis e quen menos xa viviu o Arde Lvcvs de anteriores edicións, e coa axuda do Encerado Dixital Interactivo (E.D.I.), revivimos algúns dos actos máis emblemáticos desta celebración como o desfile das distintas asociacións pola Ronda da Muralla, identificando lugares próximos á nosa casa.


Asemade, como non podía ser doutro xeito, convertidos nuns auténticos deseñadores de traxes e vestidos, descubrimos como durante estes días, as caracterizacións da cultura romana e castrexa serán o eixo principal.
Lugo converterase nun esceario perfecto para revivir o noso pasado a través dos personaxes da época como os druidas, guerreiros, lexionarios, patricios, sacerdotisas, escravos, emperadores...
Uf!... despois de ver tanto personaxe e tanta indumentaria concentrada, non resultou doado recrear o noso disfrace ideal... había tanto onde escoller!...
Do que nos decatamos foi que tanto homes como mulleres levan saia-vestido, non pantalón, algo que teriamos en conta na recreación dos debuxos.
Os resultados desta pequena secuencia didáctica de aprendizaxe co gallo da celebración que terá lugar na nosa cidade nos vindeiros días, materializáronse nuns debuxos aos que non lles faltan detalle... cantas cores!... romanos con e sen capa!... de longo e de curto!... con coroas!...


Indubidablemente, os romanos gañan aos castrexos nas recreacións elaboradas, quedaron uns romanos e, sobre todo unhas romanas versión 2.0. con tacóns, bolsos, maquillaxe, ombros ao aire... etc... únicas!...
Que corcho lateral tan bonito, así que non dubidamos en reubicar estes debuxos no corcho central da aula unha vez repartidas as letras das nosas fotografías, quedando de testemuña na que en setembro será xa a nosa aula de 5 anos... estupendo!


Destacar que este curso, a ANPA do noso centro puxo en marcha no seu momento un banco de vestimentas para que todos os nenos e nenas participen no desfile dos diferentes colexios da cidade o domingo 2 de xuño ás 11 horas da mañá, antes de acudir a unha nova experiencia do Circo Romano que terá lugar ás 18 horas... fantástico!Agora xa, antes de que o noso blogue tome un respiro para o vindeiro curso, seguide moi atentos porque despedirase dos nenos e nenas de 4 ANOS e das súas familias como ben o merecen, antes, toca disfrutar a estrea do recoñecemento do Arde Lvcvs como Festa de Interese Turístico Nacional... preparados!...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

CON LEDICIA E ILUSIÓN!

viernes, 16 de junio de 2017

A piques de rematar o curso e de iniciar as vacacións de verán, estes días viaxamos a lugares tan dispares coma París, a India e mesmo China; tan só precisamos deixar voar a imaxinación e os mellores pasaportes de viaxeen forma de Bits de Intelixencia.
Coa incorporación desta nova rutina á parrilla de clase, coñecemos, comprendemos, apreciamos e valoramos criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade próxima.
Para comezar, partimos do MUSEO GUGGENHEIM de Bilbao e de A ALHAMBRA de Granada, ambos sitos en España.


Interesantes achegas supuxeron as imaxes da TORRE EIFFEL de París (Francia) e a PIRÁMIDE DE KUKULKÁN de Chitchen Itza (México)... altas, altísimas, menudas torres!...


Tamén descubrimos que o TAJ MAHAL de Agra (India) non é unha igrexa como pensabamos, senón un dos maiores centros turísticos deste país e unha das marabillas do mundo... case nada!


E que na GRAN MURALLA CHINA non poden ir coches, autobuses, motos de carreiras..., por moito que pareza unha pista de Fórmula 1!...


Neste senso, destacamos tamén a MURALLA ROMANA de Lugo, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000 e irmandada dende o ano 2007 coa GRAN MURALLA CHINA... fantástico!


A imaxe que máis expectación e curiosidade suscitou, foi a da PONTE DOS SUSPIROS de Venecia (Italia) que no canto de estradas e beirarrúas, vimos que Venecia está asolagada de auga:  auga por todas partes.


Como actividade final, dispuxemos os bits de intelixencia no encerado para que cadaquén recrease aquel lugar que lle gustaría visitar estas vacacións. 


Non sabemos si foi pola sinxeleza das súas liñas, polas cores facilmente distinguibles ou polas formas planas que agochan, pero a TORRE EIFFEL de París e a PIRÁMIDE DE KUKULKÁN de México foron as máis representadas, só algún valente se animou a representar o TAJ MAHAL da India ou A ALHAMBRA de Granada.


Por outra banda, esta semana tamén aproveitamos para pechar actividades tales como a do horto e as actividades impresas de “archivar”. O cadro que levamos para a casa e así non esquecer á nosa mascota de 4 ANOS quedou... xenial!


Así pois, o mércores, xusto despois da asemblea, fomos coa profe de HORTO ESCOLAR recoller os produtos plantados durante o 2º e 3º trimestre.


Este curso cunha periodicidade quincenal, cada mércores plantamos: fabas, leitugas, repolos, chícharos, cebolas, allos e cabazas, ao tempo que pintabamos cada alimento no caderniño do horto que ilusionados levamos para as nosas casas. Pois ben, lonxe de ter unha extensa colleita, unicamente levamos uns cantos chícharos e cebolas, xa que os paxaros e demais insectos, fixeron das súas e acabaron con todo... que mágoa!


Tamén pintamos MANDALAS, representacións gráficas que redescubrimos en forma de actividade impresa na que pintamos con rotuladores: círculos, cadrados, óvalos, estrelas, flores... converténdose nun orixinal mecanismo co que relaxarnos a través das súas cores e formas.


O truco deste fantástico exercicio co que combater o estres é non repetir a mesma cor en celdas contiguas, ningún problema para nós pois... somos expertos en series de cores!... estupendos resultados!...


E para rematar... foron moitas as semanas nas que botamos a conta para ver cando rematariamos coa visita de MUNELA, pois por fin chegou unha vez máis a semana de CARLOTA, encargada de pechar esta actividade coa que poñeremos o punto e final a esta andadura de 4 ANOS chea de vivencias, experiencias, descubrimentos e aprendizaxes... que ilusión!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!