O martes por fin chegou o día tan
agardado do Festival de Nadal; un día de nervos e ilusións compartidas entre
nenos e familias, que puxeron o mellor dos broches a este 1º trimestre de 4
anos.
Como xa sabiades, este curso
preparamos a performance de SUEÑA, a
B.S.O. de El Jorobado de Notre Dame
de Walt Disney; un número que con traballo, constancia, entrega e ilusión, moooita ilusión, preparamos pouquiño a
pouco, logrando converternos nunhas auténticas súper-stars… estivo xenial!
Sen lugar a dúbidas, a nosa actuación converteuse
en todo un exercicio de memoria e de concentración, moita, pero que moita
concentración... Tiñamos que estar atentos para saber a parte que soaba en cada
momento, non adiantarnos á música, desenvolvendo cada parte con movementos
pausados e libres de tensións… que complicado ao principio!... canta présa!
Así, e para meternos se cabe aínda
máis en cadanseu papel, escoitamos activamente no Encerdado Dixital Interactivo
(E.D.I.) unha e outra vez a canción da nosa actuación versionada por David
Bisbal… preciosa letra!
Moitos
parabéns equipo!... Estivestes fenomenal!... E que guapísimos!... Familias,
GRAZAS MIL pola vosa colaboración e implicación, non nos faltaba detalle!... E
disculpade polas toneladas de purpurina concentradas espalladas ese día na nosa
aula para brillar máis que nunca, pero o noso toque persoal non podía
faltar!...
Agora,
despois dun 1º trimestre cargado de descubrimentos, aprendizaxes e traballo,
chegan as vacacións, pero non perdades de vista o noso blogue, xa que agardamos
seguir sorprendéndovos tamén durante as vacacións de Nadal... SUEÑA!
Un saúdo aínda de purpurina e non esquezades
que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
Que guapos pagaba por habelos visto....pero agradeceseche este acercamento.SUEÑA
Por favorrrrr,estaban para comelos a chupetazos, sí, a purpurina durounos tres duchas pero mereceu moitisimo a pena, gracias profe por tomarte tan en serio o teu traballo e ser tan auténtico .agora temos un actor-cantante...canta e baila continuamente....é un neno feliz....e nós unhos papás felices. Gracias, feliz nadal
Pero....que guapos todos!!!! la ocasión lo ameritaba.....y que caritas de felicidad. Gracias, J.Ricardo, si no fuera por tí nada de esto hubiera sido posible. Felices fiestas!!!!!!
Flia. Villanueva Castro
Publicar un comentario