Mergullados de cheo nas aventuras dos
habitantes de Letrilandia–O País das Letras, comezamos a recta final deste 1º
trimestre con actividades relacionadas coa lecto-escritura.
Como xa vos contaramos, este curso, da man
do Señor Estudoso, tentaremos gañar un chisquiño de confianza e
seguridade nas nosas posibilidades lecto-escritoras.
Estes días, case rematadas as actividades
propias do trimestre, traballamos de xeito sistemático a lecto-escritura en
letra enlazada minúscula.
Neste senso, identificamos a letra minúscula
co seu habitante de Letrilandia–O País das Letras, tamén o seu son e letra
maiúscula correspondente, trazamos grafías illadas e/ou combinadas seguindo a direcionalidade
correcta... que súper-maiores!
Este reto competencial que culmina este curso
de Educación Infantil, será o resultado dun longo camiño iniciado cando tiñamos
3 anos, onde, dun xeito máis construtivista e significativo, traballamos a
lecto-escritura en actividades cotiás como o fichaxe de ausencias e presenzas
de cada mañá, cando escribimos “antes de
nada y arriba de todo” o nome nas actividades impresas, modelado en
plastilina de grafemas, os rótulos e pictogramas da aula que organizan e distribúen
o espazo (percheiros, arquivadores, rincones...)...
e un senfín de recursos que fan posible que esa linguaxe tan
marabillosa que sae dos contos, saia tantas veces como queiramos.
Así, na nosa viaxe a Letrilandia–O País das
Letras, coñecemos xa os problemas na perruquería do Panadeiro P, a importancia da Señora
do Silencio para que o Rei U poida traballar sen ningún problema e os
deliciosos flans que prepara o Leiteiro
L... case nada!
Estas e outras historias, dado o interese
que suscitan, converten a tarefa de aprender a ler nunha actividade emocionante
repleta de intriga, sorpresas e toneladas concentradas de fantasía...
estupendo!
Agora xa, para pechar este 1º trimestre
como ben se merece, levaremos a cabo actividades que tomarán como eixo
motivador o Nadal, así que preparados para ilusionarse e voltar a crer nos Reis
Magos porque... os Reis Magos existen!,
existen no corazón de cada un dos que cren neles!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso
blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Felices vacaciones a todos los "letrilandieros"
Publicar un comentario