Bienvenido

"HAZME UN MUÑECO DE NIEVE..."

viernes, 19 de enero de 2018

Con Elsa, Anna e Olaf, atopamos a mellor das motivacións posibles para descubrir, identificar e valorar algúns dos elementos e cambios producidos no contorno e na vida das persoas coa chegada do inverno... que frío!
Mergullados neste centro de interese, comezamos nas asembleas matinais con torbeliños de ideas varios sobre o inverno.
O certo é que as asembleas matinais resultan cada vez máis produtivas no incio dun novo centro de interese, evidenciando os nosos coñecementos previos e necesidades de aprendizaxe cara o tema de estudo.
Así, e tras ollar as roupas de abrigo dos percheiros, conversamos sobre a indumentaria propia que precisamos para protexer o noso corpo contra o frío: pezas máis grosas, uso de materiais máis cálidos, maior cantidade de roupa...
Neste senso, ademais de recoñecer bufandas, gorros e luvas como accesorios específicos do inverno, descubrimos un novo complemento indispensable para protexer os oídos do frío polar... as “orejeras”!...
Co gallo deste complemento, e con actitude de traballo, desenvolvimos un improvisado obradoiro de plástica no que confeccionamos as nosas propias “orejeras” pintando con pincel e témpera o troquelado propio da unidade.


Xa durante a semana, reunidos de novo na asemblea, probamos unha e outra vez o resultado final, logo de engadir como elemento decorativo un arame de cor vermella... espectacular!


E MUNA?... Pois claro que si, MUNA tamén tiña as súas “orejeras” axustadas totalmente á súa cabeza... resultou a talla perfecta!


Sen lugar a dúbidas, quedounos clara a necesidade de abrigarse para evitar arrefriados, gripes, dores de gorxa…, proba irrefutable disto é o abrigados que saimos ao ximnasio para disfrutar do momento do recreo: poñemos abrigo, e si chove... ata capucha!


Por outra banda, se algo tamén temos claro, é que no inverno hai neve, moita moooita neve… e que podemos facer coa neve?... Uf!, un montón de cousas divertidas: bonecos de neve, bólas de neve, patinar, esquiar... As alusións a Frozen foron case inmediatas, un feito que suscitou a escoita activa e visionado de fragmentos parciais do filme... cando Anna pide a Elsa o boneco de neve... o noso favorito!


E para rematar esta semana de traballo, que mellor que saír o venres ataviados co noso complemento perfecto... as “orejeras”!... así siii!...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

0 comentarios: