Bienvenido

"MUNA EN EL MUSEO"

viernes, 26 de enero de 2018

Esta semana, metidos de cheo no libro de actividades nº3, onda MUNA, PABLO e BERTA visitamos un MUSEO, espazo no que lonxe de expoñerse calcetíns de lunares -como inicialmente coidaba MUNA-, atópanse para gozo de visitantes distintas obras de arte: cadros, esculturas...
Co gallo desta temática, iniciámonos na valoración da expresión plástica como elemento indiscutible de representación e comunicación ao constituír unha das linguaxes con maiores posibilidades de expresión que potencia o desenvolvemento da comunicación non verbal.
A expresión plástica constitúe, polo tanto, unha forma peculiar de comunicar aspectos da nosa vida cotiá, empregando uns elementos, materiais, soportes e técnicas sinxelas e ricas para desenvolver actividades que estimulan e potencian a nosa imaxinación, curiosidade, pensamento crítico e creativo, a exploración e experimentación, a sensación, percepción...
Así pois, como unha das novas rutinas da asemblea matinal está o debuxo do esquema corporal do súper-encargado/a de cada día. Con esta rutina preténdese interiorizar a imaxe mental que temos do noso propio corpo, identificando segmentos corporais propios e alleos, así como posibilidades e limitacións, usos e necesidades de coidado…


Non perdemos detalle!... e é que con esta actividade consolidamos algunas das formas planas traballadas durante o 1º trimestre, pois cada vez máis optamos por formas rectas para debuxar cabeza, tronco, extremidades…
Empregamos para a cabeza e ollos o círculo, para o nariz unha línea vertical, garabatos diversos, diagramas…, para a boca un garabato e/ou diagrama -ás veces combinados-, para tronco e extremidades calquera forma posible, as máis empregadas son o rectángulo, triángulo, círculo… sen esquecer o pescozo e a roupa apropiada a cada situación. Neste senso, resulta interesante comprobar a través do debuxo os nosos gustos e preferencias, pois cadaquén decide en que situación quere ser debuxado, hai para todos os gustos: de camiño á escola, no parque do Cantiño, facendo un boneco de neve, co disfrace de antroido… mesmo dándolle de comer a Pastora!
Nesta actividade, ademais, aproveitamos para completar os debuxos con outros elementos que contribúen a dar unha visión final de conxunto: soles, nubes, arcos da vella, herba, flores… canto detalle, canta cor!


Ao tempo, coa realización de diferentes actividades impresas que xiran en torno á visita de MUNA ao museo, descubrimos, identificamos e empregamos diferentes elementos, materiais e técnicas da expresión plástica.


Ademais, nesta ocasión, trátase dunhas actividades menos estereotipadas que de costume, onde cadaquén, dentro duns límites establecidos, deixa voar a súa creatividade coa témpera, pincel, rotulador, ceras plásticas e mesmo co punzón e coa táboa de picado… amodo!


Con estas e outras actividades estamos convencidos de que quen máis e quen menos elaborará un esbozo cada vez máis completo do esquema corporal: cabeza con ollos, nariz, boca, orellas e pelo, tamén o pescozo, tronco e extremidades, será algo… fantástico!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

"HAZME UN MUÑECO DE NIEVE..."

viernes, 19 de enero de 2018

Con Elsa, Anna e Olaf, atopamos a mellor das motivacións posibles para descubrir, identificar e valorar algúns dos elementos e cambios producidos no contorno e na vida das persoas coa chegada do inverno... que frío!
Mergullados neste centro de interese, comezamos nas asembleas matinais con torbeliños de ideas varios sobre o inverno.
O certo é que as asembleas matinais resultan cada vez máis produtivas no incio dun novo centro de interese, evidenciando os nosos coñecementos previos e necesidades de aprendizaxe cara o tema de estudo.
Así, e tras ollar as roupas de abrigo dos percheiros, conversamos sobre a indumentaria propia que precisamos para protexer o noso corpo contra o frío: pezas máis grosas, uso de materiais máis cálidos, maior cantidade de roupa...
Neste senso, ademais de recoñecer bufandas, gorros e luvas como accesorios específicos do inverno, descubrimos un novo complemento indispensable para protexer os oídos do frío polar... as “orejeras”!...
Co gallo deste complemento, e con actitude de traballo, desenvolvimos un improvisado obradoiro de plástica no que confeccionamos as nosas propias “orejeras” pintando con pincel e témpera o troquelado propio da unidade.


Xa durante a semana, reunidos de novo na asemblea, probamos unha e outra vez o resultado final, logo de engadir como elemento decorativo un arame de cor vermella... espectacular!


E MUNA?... Pois claro que si, MUNA tamén tiña as súas “orejeras” axustadas totalmente á súa cabeza... resultou a talla perfecta!


Sen lugar a dúbidas, quedounos clara a necesidade de abrigarse para evitar arrefriados, gripes, dores de gorxa…, proba irrefutable disto é o abrigados que saimos ao ximnasio para disfrutar do momento do recreo: poñemos abrigo, e si chove... ata capucha!


Por outra banda, se algo tamén temos claro, é que no inverno hai neve, moita moooita neve… e que podemos facer coa neve?... Uf!, un montón de cousas divertidas: bonecos de neve, bólas de neve, patinar, esquiar... As alusións a Frozen foron case inmediatas, un feito que suscitou a escoita activa e visionado de fragmentos parciais do filme... cando Anna pide a Elsa o boneco de neve... o noso favorito!


E para rematar esta semana de traballo, que mellor que saír o venres ataviados co noso complemento perfecto... as “orejeras”!... así siii!...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

ALFABETOMOTRICIDADE.

viernes, 12 de enero de 2018

Siii, esta semana comezamos de novo o cole, un 2º trimestre que, como vos adiantabamos, vén cargado de fantásticas sorpresas... estupendo!
Así pois, unha das primeiras novidades aconteceu xa na asemblea matinal de primeira hora da mañá, non sen antes falar de todos os agasallos cos que gozamos este Nadal. Houbo de todo e para todos os gustos, ata un microondas para cociñar!... que afortunados!
Xa logo, máis tranquilos, descubrimos o calendario 2018 no que identificaremos o día no que nos atopamos e así facer o rexistro da data completa no encerado... estamos no ano 2018!


Tamén puxemos na ruleta o pictograma do inverno, unha estación que comezamos a traballar esta mesma semana e da que vos daremos boa conta proximamente... agora si vai frío!
Agora ben, sen lugar a dúbidas unha das novidades estrela foi o recitado e escrita das letras do abecedario. Cos ollos e orellas máis abertas que nunca, e coa boca non pechada, senón pechadísima, descubrimos que lonxe das 5 vogais que traballamos e identificamos nos nosos nomes e noutras palabras significativas xa durante o 1º trimestre, existen outras moitas letras que axiña recoñeceremos e que nos permitirán desenvolver un senfín de interesantes actividades.


Neste senso, son diversas as actividades e rutinas cotiás nas que se presentan situacións excepcionais nas que o uso, case sistemático da lectura e escrita, faise de obrigado cumprimento.
Así pois, nas asembleas matinais realizamos o fichaxe de ausencias e presenzas -identificando o nome dos compañeiros e compañeiras ausentes-, escribimos a data e o nome do súper-encargado no encerado, ollamos os días da semana de PIPO, os meses do ano no tren dos aniversarios, todos os rótulos das gabetas, rincóns e armarios...


Indubidablemente a nosa aula convértese nun verdadeiro entorno receptor alfabético, onde a lecto-escritura é un contido máis que construímos e reconstruímos a partir dunha visión construtivista da aprendizaxe escolar.
Asemade, son moitos os contos que traemos ilusionados cada mañá, ás veces desesperamos porque non chega a nosa quenda, pero paciencia, ao final todos se len...
Sabedores das posibilidades da lectura de contos para a creación dun clima de diversión e festa que resulta tan grato e estimulador para a aprendizaxe, estes días relimos Un agasallo diferente (Edit. Kalandraka), non podía ser doutro xeito nesta data!...


Grazas á historia de Marcel e Tristán, ollamos como calquera obxecto cotiá pode servir de elemento de xogo, tentando xerar actitudes de consumo responsable e de espírito crítico, especialmente nunhas datas tan consumistas como as de Nadal.
Lembramos, mimamos e dramatizamos o babeiro, o pucho para a cabeza, a vela do barco, o protector de oídos, o pano de despedida...


e, por suposto, o paracaídas, sen lugar a dúbidas o mellor uso de todos os posibles...


Isto, acompañados da canción de La marcha de las letras de Miliki e Paz Padilla, supuxo o mellor deste 2º trimestre que promete ser... xenial!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!