Menuda sorpresa
nos agardaba esta semana, pois nada máis e nada menos que hoxe venres 27 de
outubro celebramos... 3 aniversarios!... Si, si, no cole dos maiores terán
cabida a celebración dos nosos aniversarios que, dado o cúmulo de situacións
que provocan no noso pequeno-gran mundo, converteranse en experiencias
didácticas cun enorme potencial educativo.
Nestes
primeiros aniversarios mensuais do mes de outubro, foi a quenda de GAEL, MARTÍN
C., SOFÍA e ÁNGEL que, convertidos en todos uns súper-maiores de 3 anos, fixeron de anfitrións no desenvolvemento
das rutinas que levaremos a cabo a medida que o tren dos aniversarios da clase
vaia avanzando ao longo do curso.
Como?...
que non sabedes que na clase temos o tren dos aniversarios?... No espazo por
excelencia da nosa aula, presidindo a asemblea, contamos cun tren onde cada
vagón se corresponde cun mes do ano e onde as nosas fotografías están ordenadas
atendendo á nosa data de nacemento. A partir deste panel, diariamente, logo de
escribir a data de xeito convencional no encerado e nas ruletas dispostas no
panel de rutinas, cantamos e mimamos a canción dos meses do ano que son 12...
Así pois,
esta celebración por ser a primeira, resultou especial, descubrindo a secuencia
rutinaria que seguiremos na celebración dos aniversarios que teñamos durante o
curso, atentos...
En
primeiro lugar, e para que os homenaxeados se sentisen os verdadeiros
protagonistas do evento, xa a primeira hora da mañá, inmediatamente despois do
ritual da asemblea matinal, MARTÍN C., SOFÍA e ÁNGEL puxeron cadansúa coroa na
que figuraba nun lugar visible o número 3, os anos que cumprían os nosos
cumpreañeiros. Tratábase dun día diferente para eles... que contentos estaban!
Xa no
tempo que habitualmente adicamos ao momento da merenda, disfrutamos do ritual
dos aniversarios. Sen perder detalle, xuntos vivimos o momento estrela desta
rutina, un dos momentos que conta con máis significado para nós: o traspaso da
foto dos cumpreañeiros da tarta de 2 anos para a tarta de 3 anos, foi un
momento sensacional e co que todos e todas estabamos expectantes, encántanos
setirnos súper-maiores!...
Deste
modo, cada cumpreañeiro colleu amodiño da tarta de 2 anos a súa foto e pegouna
na tarta de 3 anos, decatándonos que na tarta de 2 anos quedan as fotos de 7
compañeiros: no mes de novembro, JAVIER & PABLO F., e no mes de decembro de
BELTRÁN, NABIA, VALERIA, ALICIA e SIRA, eles serán os próximos en cumprir anos;
paciencia...
Seguidamente,
aprendemos e cantamos a canción de “Tengo
3 años”, a primeira vez timidamente para logo mimar e dramatizar cada
acción...
Finalmente,
para rematar, e para sentir se cabe máis que todos e todas formamos parte dun
grupo, un abrazo enorme entre os 25 para os 3 cumpreañeiros de novembro...
moitísimos parabéns!
Isto, e a
purpurina que MARTÍN C., SOFÍA e ÁNGEL refregaron pola cara, resultou o mellor
dun día de festa no cole... este cole si que mola!
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Parabens os cumpleañeiros e gracias a Jose Ricardo por amosarmos todos os traballos
Nuestra más sincera enhorabuena por el blog. Además del gran trabajo que estás haciendo con los niños, estos relatos nos permiten a los padres (y demás familiares) conocer algo más de lo que hacen y cómo se divierten en el día a día en el cole. Esperamos ansiosos las nuevas publicaciones.
Inma y Alberto
Publicar un comentario