Bienvenido

CoMeZaMoS!...

jueves, 5 de octubre de 2017

Nun día tan especial e agardado na nosa cidade, -xoves 5 de outubro Día de San Froilán-, comeza a vida no noso blogue no que semanalmente tentaremos facervos partícipes da cotidianeidade que vivimos no colexio... comezamos!...
Finalizada a entrada progresiva en quendas propia dos días do período de adaptación, pouco a pouco imos collendo o pulso á vida da nosa aula.
Como vos contaremos noutra ocasión, a asemblea matinal converterase nun dos momentos máis significativos da nosa parrilla de clase e, para iso, debemos adoptar uns hábitos indispensables para que todo transcorra con normalidade. Neste senso, xa a semana pasada establecemos cadanseu sitio na liña vermella sita onda o panel de rutinas. De momento, nalgúns casos, non temos de todo claro onde sentar, pero estamos convencidos que será cuestión de tempo, temos que lembrar onda quen nos sentamos... complicado dabondo!



Estas primeiras semanas de cole foron días de toma de contacto co espazo escolar: persoas, obxectos, materiais e espazos, establecendo unha serie de normas, hábitos e rutinas cotiás que axiña sairán sen decatarnos: espazos comúns e individuais, tempos de aula e de patio, consecución dunha maior autonomía persoal e social...
Así pois, o tipo de actividades que levamos a cabo están encamiñadas a coñecer principalmente aos mestres/as de Educación Infantil e aos compañeiros/as de aula; tamén actividades que nos permitan adquirir hábitos de cooperación e colaboración a través de xogos e cancións en grupo que propicien unha incipiente cohesión social e sentimento de pertenza ao grupo-clase. Ao tempo, marcamos algúns dos ritmos e rutinas que rexerán a vida na aula durante o curso... canta novidade!
Xuntos aprendemos a serenarnos para dar comezo á asemblea matinal, gozamos co momento do conto, desenvolvemos con máis ou menos tino o ritual do momento da merenda, 


...preparámonos nun tren sen fin para ir ao patio... 




...e xuntos, sobre todo, xogamos, creándose fantásticas situacións de ensinanza-aprendizaxe que nos axudan a comprender un chisquiño máis o noso pequeno-gran mundo...


Evidentemente, na nosa aula hai momentos para todo, pois nada ten que ver o ambiente cálido e acolledor que se crea na asemblea ou no momento do conto no que o silencio e concentración resultan fundamentais, co momento dos rincóns no que o balbordo resulta case inevitable... que cambio!



Agora xa, a vindeira semana, mergullados de cheo neste ambiente de aula tan festivo e de acollida, iniciarémonos na realización de diferentes actividades impresas que nos achegarán ao uso coidado de elementos e materiais propios da expresión plástica. Será un traballo gradual en pequeno grupo, onde o máis complicado será agardar a nosa quenda, así que paciencia, moooita paciencia...
O curso comezou, e os nenos e nenas de 3 ANOS A están preparados, despegamos en 3, 2, 1...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

6 comentarios:

Unknown dijo...

Un blog muy interesante!!
Nos acerca un poco más al día a día de nuestros pequeñ@s. Ya en marcha y todos metidos en dinámica.Muchas gracias

Carol. dijo...

Muchas gracias Jose RIcardo por dejar acercarnos a nuestros peques. Da gusto verlos!!

Maria Fernández Lamas dijo...

Enhorabuena profe José Ricardo, nos encanta el blogspot. Consideramos que es una herramienta fantástica para poder conocer el día a día de nuestros hijos, una manera muy eficaz y preciosa de hacernos partícipes. Enhorabuena de nuevo y muchísimas gracias.

Maria Fernández Lamas dijo...

Enhorabuena profe José Ricardo, nos encanta el blogspot. Consideramos que es una herramienta fantástica para poder conocer el día a día de nuestros hijos, una manera muy eficaz y preciosa de hacernos partícipes. Enhorabuena de nuevo y muchísimas gracias.

Jose dijo...

Moitas gracias por facernos partícipes

Antía dijo...

Que bonito poder meterse dentro de la clase!! Gracias