Bienvenido

BO NADAL 2016!

domingo, 25 de diciembre de 2016

Moitos estaredes aínda nervosos e preguntándovos como Papá Noel entrou nas vosas casas para deixarvos xunto á árbore de Nadal os agasallos que estades disfrutando; senón é así, non vos preocupedes xa que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente non se esquecerán de pasar polas vosas casas... son 3 e son magos! Para iso lembrade o que tedes que facer na Noite de Reis senón queredes que vos pase como a Martiño…


E por fin... chocolatina a chocolatina... chegamos ao 25 de decembro... Día de Nadal!!















Así pois, neste día tan especial, gustaríanos desexar a todos cos que compartimos un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento das nosas vidas e deixástedes unha pegada en nós, que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a quen querer.



Os nenos e nenas de 4 ANOS deséxanvos un BO NADAL 2016 e un PRÓSPERO ANINOVO 2017 no que todos os vosos soños e desexos se convirtan en realidade.


Un saúdo con sabor a turrón de chocolate e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

NADAL CON BISBAL!

miércoles, 21 de diciembre de 2016

O martes por fin chegou o día tan agardado do Festival de Nadal; un día de nervos e ilusións compartidas entre nenos e familias, que puxeron o mellor dos broches a este 1º trimestre de 4 anos.
Como xa sabiades, este curso preparamos a performance de SUEÑA, a B.S.O. de El Jorobado de Notre Dame de Walt Disney; un número que con traballo, constancia, entrega e ilusión, moooita ilusión, preparamos pouquiño a pouco, logrando converternos nunhas auténticas súper-stars… estivo xenial!


Sen lugar a dúbidas, a nosa actuación converteuse en todo un exercicio de memoria e de concentración, moita, pero que moita concentración... Tiñamos que estar atentos para saber a parte que soaba en cada momento, non adiantarnos á música, desenvolvendo cada parte con movementos pausados e libres de tensións… que complicado ao principio!... canta présa!


Así, e para meternos se cabe aínda máis en cadanseu papel, escoitamos activamente no Encerdado Dixital Interactivo (E.D.I.) unha e outra vez a canción da nosa actuación versionada por David Bisbal… preciosa letra!



Moitos parabéns equipo!... Estivestes fenomenal!... E que guapísimos!... Familias, GRAZAS MIL pola vosa colaboración e implicación, non nos faltaba detalle!... E disculpade polas toneladas de purpurina concentradas espalladas ese día na nosa aula para brillar máis que nunca, pero o noso toque persoal non podía faltar!...







Agora, despois dun 1º trimestre cargado de descubrimentos, aprendizaxes e traballo, chegan as vacacións, pero non perdades de vista o noso blogue, xa que agardamos seguir sorprendéndovos tamén durante as vacacións de Nadal... SUEÑA!


Un saúdo aínda de purpurina e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

ESCOLA DE NAIS E PAIS.

viernes, 16 de diciembre de 2016

Sabedores dos problemas de convivencia escolar de moitas aulas de Educación Infantil, esta semana foi a quenda das nosas familias... xenial!

*  *  *  *  *

Relacionarse cos demais e adquirir progresivamente pautas elementais de convivencia e de relación social, así como exercitarse na resolución pacífica de conflitos, convértese nunha das finalidades da Educación Infantil, para iso, os centros e as aulas convértense nuns alicerces excepcionais para evitar situacións que en ocasións xeran situacións conflitivas dende idades temperás.
En todo caso familias, teremos en conta que os conflitos e pelexas nestas idades, forman parte do proceso de socialización xurdindo por factores como: diferenzas individuais (temperamento, idade e personalidade), problemas transitorios de saúde, situacións frustrantes, por non coñecer ou non comprender as normas que rexen a vida en grupo... complicado dabondo!

Porén, e dentro da autonomía pedagóxica e de xestión que a lexislación vixente lle concede aos centros docentes, establécese o Plan de Convivencia dentro do Proxecto Educativo (con actividades que terán como obxecto fomentar un bo clima de convivencia), tamén as Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia (onde se establecen as normas de convivencia e de conduta de obrigado cumprimento para a comunidade educativa).
Asemade, existe a figura do Dinamizador de Convivencia así como a Comisión de Convivencia integrada no seo do Consello Escolar. Mesmo no Portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dentro de EDUCONVIVES. GAL, se recollen diferentes protocolos e medidas para afrontar estas situacións xa dende a etapa de Educación Infantil.
Ademais de todo isto, nas aulas de Educación Infantil e dada a importancia do establecemento dun ambiente escolar que transmita sensacións de seguridade afectiva, emocional e persoal, establécense diferentes estratexias para evitar condutas maladaptativas tales como a técnica do semáforo (detente-pensa-actúa), a zona de mediación onde aprendemos a resolver pacificamente os conflitos, a retirada de atención ou a economía de fichas (ambas técnicas empregadas polo personaxe televisivo da SuperNanny), lectura de contos como o da Tortuguita, sesións de relaxación, obradoiros de ioga infantil, mindfulness... facilitando que a afectividade se convirta no fío condutor de toda situación de ensinanza-aprendizaxe.
A partir de todo este entramado de relacións e situacións de aprendizaxe, achegámonos ao desenvolvemento da Competencia Social e Cidadá na que traballamos habilidades sociais a través da resolución pacífica de conflitos que xorden na convivencia cotiá de forma construtiva, fomentando a toma de decisións autónomas e responsables, valorando e respectando a diversidade como un elemento positivo e enriquecedor.


Evidentemente, todas estas repercusións tan facilitadoras do noso densenvolvemento persoal e social, non se convertirían en realidades ricas e froitíferas sen o fortalecemento de vías de participación familia-escola, onde dependendo do caso, se establecen pautas para continuar na casa a labor moitas veces iniciada no ámbito escolar. GRAZAS familias por amosar comprensión, empatía e receptividade!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

ESPÍRITO DE NADAL.

viernes, 9 de diciembre de 2016

Como pasa o tempo!... Parece que foi onte cando comezabamos de novo o cole e xa rematamos o primeiro trimestre de 4 anos...
Esta semana ultimamos os derradeiros detalles da postal coa que participaremos no concurso organizado a nivel de centro. Se a nosa creación resulta gañadora, será a escollida para felicitar estas festas a todos os membros da comunidade educativa... case nada!
Indubidablemente, estes días festivos convertíronse, un ano máis, no momento ideal para montar na casa a decoración típica onde a árbore  segue sendo indiscutiblemente o referente básico. Así pois, quen máis e quen menos puxo a árbore de Nadal con bolas, luces e cintas, moitas moitas cintas...
Pois... que mellor que recrear unha árbore de Nadal na nosa postal?...
Para non complicarnos dabondo, partimos dun modelo dado no que en asemblea axiña identificamos o triángulo e o rectángulo. As cores estaban case definidas: verde clara ou escura para o triángulo, e marrón para o rectángulo.


Xa logo, debiamos picar ao xeito e sen présas polo contorno da árbore, prestando especial atención ás zonas delimitadas para tal efecto.


Parecía doado, pero as présas son as nosas peores inimigas e máis dun comezou de novo a súa postal... así non vale!
A medida que acababamos de picar a árbore, eliximos cartolina azul. Había ata 4 azuis distintos: clara, celeste, cyan e mariña.
Xa logo, gomet dourado con forma de estrela na parte máis alta da árbore e co dedo impregnado en témpera de cor vermella, as bolas...


Finalmente, démoslle o noso toque persoal: gomets prateados con forma de estrela espallados ao chou, e no chan... purpurina!, canto nos gusta!...
E para rematar, e como toda postal leva sempre unha mensaxe, escribimos un texto sinxelo que nos permite un achegamento á lecto-escritura partindo de situacións reais e contextualizadas.


Bonita, bonita, quedou a nosa postal de Nadal...


No edificio dos maiores, das 26 postais unicamente puxemos 4, unha de cada cor. Nembargantes, non hai de que preocuparse, na última semana de trimestre, todos levaremos a postal coa que adornar, agora si de verdade, a nosa árbore de Nadal.


Do mesmo xeito, durante estes días lemos un dos contos que non podía faltar: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis (Edit. Kalandraka).

Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis (Edit. Kalandraka)
Tamén nas asembleas, deixamos claro que o que máis nos gusta do Nadal é a visita de Papá Noel e das SS.MM. os Reis Magos de Oriente. Uf!... canta cousa!... Pois ben, a partir da historia de Marcel e Tristán que conta: Un agasallo diferente (Edit. Kalandraka), aprendemos a valorar as pequenas cousas que nos rodean, comprobando como un anaco de tea pode converterse naquilo que desexemos... basta con deixar voar a imaxinación!

Un agasallo diferente (Edit. Kalandraka)
Ah!, e aos poucos, seguimos avanzando nos ensaios para o Festival de Nadal que terá lugar o martes 20 de decembro a partir das 10:00h. Unicamente quedan algúns detalliños e “marear” un chisquiño ás familias coas excentricidades do profe para que a actuación esté á altura dun Gran Musical... lograrémolo?... Unha mágoa que non estedes convidadas, familias!...  


Con estas e outras actividades descubrimos, coñecemos e valoramos os elementos representativos do Nadal, observando as modificacións que se suceden no contorno cotiá. Canto deu de si o acendido do alumbrado de Lugo e a festa que se organizou detrás da praza do concello... todo un acontecemento para CARLOTA, HÉCTOR, PABLO, ÁLEX & GAEL, ANTÓN...!! 
E xa para a vindeira semana, o colofón final a todo este ambiente cargado de mancheas de emocións, quilos de sorpresas e toneladas concentradas de ilusións compartidas onde as nosas familias aprenderán a crer nos Reis Magos, porque... os Reis Magos existen!, existen no corazón de cada un dos que cren neles!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

SORPRESA DE NADAL!

viernes, 2 de diciembre de 2016

Esta semana por fin descubrimos a sorpresa de Nadal, incorporando unha nova rutina á asemblea matinal: a rutina do “Calendario de Adviento”.
Tras todas as pistas destes días, HÉCTOR, descubriu que a sorpresa de Nadal agochaba, nada máis e nada menos que... un “Calendario de Adviento”!
Así pois, cada mañá, o súper-encargado/a -con gorro de Papá Noel incorporado-, logo de marcar no calendario do panel das rutinas a data diaria, amodiño abre a ventá do día no que nos atopamos para comprobar que debuxo se agocha na chocolatina... mmm, delicious!...
Asemade, e para contaxiarnos se cabe aínda máis deste espírito de Nadal que impregna todos os recunchos da nosa cidade, haberá outro gorro de Papá Noel para aquel axudante que colaborará no desenvolvemento normal desta nova actividade cotiá que tanta expectación levantou durante estes días.
O xoves PAULA foi a súper-encargada en estrear esta rutina... que emoción tamén para JAVIER!


E hoxe venres, foi a quenda de ANTÍA e a súa axudanta LAURA... 


A introdución desta rutina, proporciona un cúmulo de experiencias, pois ademais de realizar actividades relacionadas coa lóxica-matemática tales como contar, iniciación á suma e á resta, identificación e trazado de números… propicia multitude de conversas sobre estas datas. Evidentemente a carta a Papá Noel e ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente son do máis recorrentes...


No “Calendario de Adviento”, aparece unha ilustración de Papá Noel decorando unha inmensa árbore de Nadal. Como non podía ser doutro xeito, Papá Noel ten como axudantes aos seus compañeiros fieis: os elfos e renos.


Sabiades como se chama o reno que sempre sempre vai de primeiro?...
Chámase Rodolfo. Rodolfo é un reno diferente, especial, é o único reno que ten o nariz de cor vermella e sempre vai diante dos outros renos para que Papá Noel non se perda polo ceo e os agasallos lles cheguen a todos os nenos e nenas que lle escribiron a súa carta.
O espazo de MUNELA quedou fantástico... e o detalle do christmas... xenial!


Outro pequeno-gran acontecemento foi a sorpresa que tiña preparada PABLO para ese mesmo día da que unicamente nos adiantou que tiña forma de “lamparita” e coa que celebraríamos a chegada do Nadal... nada menos!...



Desta vez tivémolo complicado para adiviñar en que consistía, tratábase dun delicioso, esponxoso e orixinal biscoito de Nadal... un panettone do que non deixamos nin as migallas!...



Sen lugar a dúbidas, a incorporación destas actividades supón o comezo dunhas semanas cargadas de sorpresas e de ilusións compartidas: rematamos o noso primeiro trimestre de 4 anos -momento no que levaremos os traballos de MUNELA para ensinar ás nosas familias-, celebraremos os derradeiros aniversarios do trimestre -CARLOTA, LAURA e ANTÓN..., xa vos queda menos!-, a chegada de Papá Noel e das SS.MM. os Reis Magos de Oriente,... e un senfín de cousas máis coas que xa comezamos a SOÑAR neste Nadal que entre todos intentaremos que sexa diferente... apuntádesvos?... 
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

MISIÓN CUMPRIDA!

viernes, 25 de noviembre de 2016

Embarcados nunha misión espacial, estas semanas descubrimos e identificamos algúns elementos representativos do Sistema Solar, así que… cinturóns abrochados que a viaxe comeza... “hasta el infinito y más allá”!...
Como sabedes, comezamos cada xornada coa asemblea matinal, un tempo adicado á expresión oral, reflexión, organización e secuencia das actividades propias de cada día no que a elección do súper-encargado é un dos momentos clave.
Entre as tarefas que realiza o súper-encargado, ademais da fichaxe de ausencias e presenzas e das actividades de lecto-escritura e de pensamento e razoamento lóxico-matemático, está a rutina de PIPO, o coello espacial.
Chegado este momento, introducímonos na observación e identificación dalgúns fenómenos atmosféricos e meteorolóxicos que se suceden no día a día, constatando en cada caso co seu pictograma correspondente -de sol, sol con nubes, nubes negras e choiva-, o tempo cotiá.


Estes días, a partir desta actividade, e convertidos nuns auténticos astronautas, descubrimos planetas tales como: XÚPITER e VENUS, compostos fundamentalmente de gases e rochas volcánicas, respectivamente.















Tamén coñecemos un dos nosos planetas favoritos: SATURNO, cuxa forma esférica rodeada de aneis de cores nos resulta tan espectacular.


E como non, a TERRA, que resultou o máis doado de recoñecer ao tratarse do planeta no que vivimos.


Nesta viaxe espacial tamén descubrimos as constelacións, agrupacións de estrelas que se atopan no Universo como por exemplo a de O CENTAURO -con forma de animal mitolóxico metade home, metade cabalo-, ou a OSA MAIOR, -con forma de carro sen rodas-.















Vimos cometas como o HALE-BOOP con forma de lume da que sobresaen varias colas... fascinante!


Para esta viaxe espacial, non puidemos atopar o mellor pasaporte: os “Bits de Inteligencia”... como?... non oistedes falar aínda deles?...
Os “Bits de Inteligencia”, resultan de gran utilidade para estimular o cerebro, a aprendizaxe e a memoria, axudando a adquirir novos coñecementos, a desenvolver e ampliar a linguaxe, o hábito e a capacidade de atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a curiosidade e o interese...
Foi tal a expectación que levantou o uso deste material didáctico, que no tempo adicado ao debuxo libre e/ou guiado, plasmamos en diferentes días auténticas producións espaciais.


Ollamos no Encerado Dixital Interactivo (EDI) cores, formas, tamaños e proporcións dos ALIENÍGENAS. Caras verdes, antenas, ollos e brazos sen control... ata alienígenas-chica con vestido, lazo... case nada!


Achegámonos á figura do primeiro home en pisar a lúa, o estadounidense NEIL ARMSTRONG, sen esquecer a VALENTINA TERESHKOVA, primeira muller en viaxar ao espazo exterior... e mesmo a LAIKA, o primeiro animal en orbitar a Terra... que interesante! Debuxamos cohetes, naves espaciais e ata platillos voantes...


Nestes días, formulamos e verificamos hipóteses, xogamos a pensar, miramos no EDI elementos vencellados... HÉCTOR ata modelou con plastilina un cohete!


Ah! E o chándal de LOIS... ideal como lanzadeira de ideas previas!




Agora xa, na vindeira semana, comezaremos a vivir un dos momentos máis especiais do ano: o Nadal. Xuntos no noso blogue, comprobaremos como os Reis Magos existen!... existen no corazón de cada un dos que cren neles!...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!