Bienvenido

...CACEROLANDO!

viernes, 20 de febrero de 2015

Logo dunha semana disparatada de antroido, pouco a pouco iremos retomando as nosas rutinas e bos hábitos cotiás.
Así pois, aproveitaremos esta semana para facervos partícipes da nosa primeira incursión como pequenos máster chef... moi atentos!...
Cociñeiros e cociñeiras??... Siii, na semana previa ao antroido, participamos activamente no obradoiro de cociña desenvolto na aula de 3 ANOS A co gallo da celebración do aniversario da profe Silvia... que mellor maneira de celebralo que preparando un biscoito?...

A mañá do venres 6 de febreiro resultou diferente, pois xa dende primeirísima hora da mañá, metímonos na pel dun auténtico chef de cociña, e con gorro de cociñeiro incluído, comezamos revisando os ingredientes necesarios para o biscoito de aniversario.
A ver, a ver, tomade nota dos ingredientes que necesitabamos:

1º INGREDIENTE: IOGUR DE LIMÓN


2º INGREDIENTE: FARIÑA



3º INGREDIENTE: AZUCRE



4º INGREDIENTE: OVOS



5º INGREDIENTE: RAIADURA DE LIMÓN e LEVADURA


E listo!... Botamos, misturamos, batemos, batemos e batemos...; ben coa axuda dunha escobiña, ben co que nos resultou máis divertido... unha batidora!


Ah!... para que o biscoito resultase unha receita do máis especial, decidimos botarlle un sexto e derradeiro ingrediente da nosa propia colleita: LACASITOS de chocolate para que nos saise un biscoito, si cabe aínda máis delicioso... fantástica idea?...



A mistura, dispúxose rapidamente no forno disposto para tal efecto na aula... parecía de xoguete!



Que impacientes!... queríamos ver o resultado da receita... xaaa!... Afortunadamente, a espera fíxose máis levadeira porque tiñamos na sesión seguinte Psicomotricidade,... perfecto!
Xa de volta de Psicomotricidade, un arrecendo a doce polo corredor lembrounos a elaboración do biscoito... que ben ulía!
O mellor momento?... Comprobar o aspecto tan profesional do noso biscoito... aínda estaba quentiño!...


E, por suposto... a degustación do biscoito!... Rico, rico..., soubonos a pouco!...


Moitos PARABÉNS profe Silvia!, desexamos que cumplas moitos máis celebrándoo connosco deste xeito tan divertido!... Grazas mil pola invitación!...



Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Os contacontos para este venres son:
- BRUNO: "A casa da mosca chosca". (Edit. Kalandraka)
- MIGUEL: "Renato". (Edit. Kalandraka)

Anónimo dijo...

Gustoume moito que a profesora de 3 anos A fixese partícepes a tódolos nenos de promoción de 3anos da celebración do seu cumple. PARABENS SILVIA!!!
Nembargantes, posto que se trata dun proxecto conxunto bótase en falta unha foto de 3 Anos A e 3 anos B xuntos.
Saúdos