Bienvenido

CHEIRO A BISCOITO...

viernes, 24 de octubre de 2014

Menuda sorpresa nos agardaba esta semana, pois nada máis e nada menos que o xoves celebramos no cole... un aniversario!...
Neste primeiro aniversario, foi a quenda de SANTIAGO, que convertido en todo un súper-maior de 3 anos, fixo de estupendo anfitrión servindo de guía na incorporación á nosa parrilla de clase da rutina dos aniversarios que levaremos a cabo a medida que o tren dos aniversarios da clase vaia avanzando ao longo do curso.
Esta celebración, por ser a primeira que vivimos, convertiuse en algo especial, pois xuntos descubrimos a secuencia rutinaria que seguiremos na celebración dos aniversarios que teñamos durante o curso, moi atentos...
En primeiro lugar, e para que o homenaxeado se sintise o verdadeiro protagonista do evento, xa a primeira hora da mañá, inmediatamente despois do ritual da asemblea matinal, SANTIAGO puxo a súa coroa na que figuraba nun lugar moi visible un gran número 3, os anos que cumpría o noso cumpreañeiro. Sen lugar a dúbidas, tratábase dun día diferente para o noso compañeiro... que contento estaba!


Así pois, xa no tempo que habitualmente adicamos ao momento da merenda, disfrutamos do aniversario do noso compañeiro. Para isto, SANTIAGO comezou soprando a vela ao tempo que lle cantabamos o “Cumpleaños Feliz”...


Posteriormente, o momento estrela desta rutina, un dos momentos que, curso tras curso conta con máis significado para nós: o traspaso da foto do cumpreañeiro da tarta de 2 anos para a tarta de 3 anos, foi un momento sensacional e co que todos e todas estabamos expectantes, encántanos setirnos súper-maiores!...
Deste modo, o cumpreañeiro colleu amodiño coa axuda do profe da tarta de 2 anos a súa foto e pegouna na tarta de 3 anos, decatándonos que na tarta de 2 anos só quedan as fotos de 3 compañeiros: EVA, JUAN RAÚL e YAIZA, eles serán os próximos en cumprir anos; así que paciencia...


Despois, cantamos e mimamos a canción de “Tengo 3 años” e degustamos un delicioso biscoito do que non deixamos nin as migallas... mmm, estaba delicioso!






















E para rematar e como recordo do aniversario de 3 anos de SANTIAGO no cole dos maiores, que mellor que unha foto de familia na que todos e todas lucimos as nosas mellores sonrisas... PA-TA-TA!


Agora xa, para a vindeira semana celebraremos no cole o Halloween-Samaín, e aínda que non sabemos moi ben de que se trata exactamente, ao longo destes días descubriremos un pouquiño máis que se celebra. Estades preparados para pasar medo?... Nos cremos que... si?
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Que bonito! Celebrar todos xuntos o cumple do compañeiro. Seguro que o disfrutaron un montonazo.

Veremos logo que nos depara a próxima semana ca celebración do samaín.

Riveiro dijo...

"Vaya tropa" que están hechos estos chicos y chicas. Que bien se lo paso Santy. Se le ve en la cara.Es increíble el cambio que vemos en nuestras casas con nuestros peques. Con unas semanas de cole ya se nota y mucho. Agradecer la labor del profe, que a todo el mundo le gusta una palmadita en la espalda de vez en cuando.

Romy dijo...

Muchas felicidades Santi!!! Que bien lo pasaste con los compis, me alegro qe disfrutarais mucho todos. Muchos besotes de mami.