Bienvenido

MAMÁ DÁME BICOS, PAPÁ DÁME MÁIS...

viernes, 12 de septiembre de 2014

Esta semana abrimos por primeira vez a porta da nosa aula, e MIGUEL, NAIRA, GAEL e SABELA R.G., SABELA R.I., XIMENA, MICAELA, XOEL, YAIZA e BRUNO, iniciamos o noso primeiro día no cole dos maiores con moitos nervios, ansiedades, ilusións compartidas, algunha que outra bágoa e sorrisos, moooitos sorrisos... Todo era novo para nós: o cole, a aula, o profe e os amiguiños, os xoguetes... uf, cantos cambios!

Esta semana, aproveitamos o noso blogue de aula para animar nesta ocasión a PAULA, LAURA, NICOLÁS, NAIARA, MARCOS, EVA, JUAN RAÚL, DANIELA, YAGO e SANTIAGO. Estes nenos e nenas son os seguintes en disfrutar dunhas horas na aula e no parque do cole dos maiores...

Xa ao longo da vindeira semana, os grupos serán máis diversos, un feito que propiciará o coñecemento de novos amiguiños e amiguiñas... isto soa ben, moi ben!...
Do mesmo xeito, esta diversificación de grupos, servirá para convertir a nosa aula nun fermoso poleiro, onde seremos uns agarimosos pitiños e pitiñas que axudarán a un pitiño de crista de vermella no seu período de adaptación á escola do medio da eira. Moi atentos...

O pitiño branco
de crista vermella
comeza hoxe a escola
do medio da eira.

Intúe que a escola
é algo importante,
porque no poleiro
só fan preguntarlle:

-E ti?...vas á escola?
-Cando á escola irás?
-Se non vas á escola...
non aprenderás.

Onte pola noite
non pechaba ollo,
estaba nervioso
con todo ese embrollo.

O pitiño branco
non dorme, non soña,
faise mil preguntas
sobre iso da escola:

Haberá unha mestra?,
ou un educador?,
será un sitio frío?,
fará nel calor?

Que fago cando entre?,
terei que sentar?
Se non teño sitio...
poderei marchar?

Alí hai moita xente...
coñecerei a alguén?
Con quen xogo se...
non coñezo a ninguén?

E se quero caca
ou facer pipí...
a quen llo debo eu
comentar ou dicir?

Se vou ao retrete
saberei regresar?
Quen a cremalleira
me axudará a pechar?

E se cando acabe
non me veñen buscar...
que fago? marchar?
ou pórme a chorar?

Estas e outras dúbidas
fanlle presentir
que iso da escola
non é para si.

Cando dorme, soña
coa avoa galiña.
Que emocionada
está a pobriña!:

-Como pasa o tempo!
Onte inda era ovo,
e hoxe o meu neto
é un alumno novo!

Espertou outra vez,
ás tres da mañá
e lembrou as cousas
que lle mercou papá:

Un lapis, uns folios,
unhas cores, un traxe...,
Moitas máis cousas
que se vou de viaxe!
..................................
O galo ergueuse
e chamou ao pitiño,
a pola mandou
bulir un pouquiño:

-Hai que bulir un pouco,
xa pasa da hora
correde ou non chegamos
cediño á escola.

Será que a escola
-pensa o pitiño-
se vai desprazando
cada minutiño?

Ai que nervios teño!
Xa estamos chegando
con pitas e pitos
eu voume atopando.

O pai, o galo
está preocupado...:
que fará o pito
cando estea esgotado?

Se a escola é -cavila-
o mellor que hai...
por que lle treme todo
á miña bela nai?
...............................
Que é iso que soa?
Que é ese timbre?...
Non entro, non quero,
as miñas ás resístense.

Mamá dáme bicos,
papá dáme máis,
Nin que me fose
alén de Xangai!

Se me dan máis bicos,
voume suxeitar,
forte, moi forte,
non me hei soltar.
...........................
Chegou o momento,
xa teño que entrar,
saúdanme na porta...
isto vaime gustar.

Papá e mamá
quedaron un pouquiño
por se tiña medo
de ficar soíño.
............................
...Aos poucos días
vai seguro á escola,
está pouco tempo,
máis todo controla.
.................................
E é que esta escola,
a escola da eira,
ten un plan de entrada
que é de primeira.


Azucena Arias Correa en "E ti... vas á escola?"

Durante as vindeiras semanas, traballaremos a modo de secuencia de aprendizaxe, o poema “As dúbidas do pitiño” de Azucena Arias Correa... será estupendo!... preparados?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios! 

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola mamas quero decivos q estedes tranquilas porque sodes moi afortunadas animovos a q vexades d q falo pois tendes a sorte d poder entrar en sonrisas e mandilons ai veredes todo o q fan os vosos fillos todas as semanas todo o q van aprender e como eles o levan esto e o mellor q aun lle pode pasar cando todo son dubidas e entras no cole por primeira vez animovos a q disfrutedes eu xao disfrutei durante tres anos tendes q animarvos a entrar pa saber a sorte q tendes do profe non vos digo nada porque eu solo podo eloxialo xa q para min foi moi especial e acabamos querendoo tanto esto todo polo q os nenos sinten por el pero eso prefiero q o vivades porque eso e o mais importante d todo o q ides vivir. Moito animo