Bienvenido

XA VEÑEN OS REIS MAGOS...

domingo, 5 de enero de 2014

[…]
Cando chegou a Noite de Reis, díxolle a nai:
-          Hoxe tes que te deitar ben cedo. Esta noite veñen os Reis Magos!
-          Non! Eu quero velos! -fungou o neno.
-         Os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos! -espetoulle o pai.
-          Entón voume deitar cedo -aceptou o cativo.
[…]

Fragmento do conto: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis. (Edit. Kalandraka)

Así que xa sabedes o que hai que facer esta Noite de Reis, deitarnos ben cediño para mañá ver cumpridas todas as nosas ilusións nas árbores de Nadal que presiden as nosas casas como elemento decorativo representativo destas datas. Unhas árbores de Nadal, abofé tan orixinais como coas que nos agasallástedes para decorar os corredores do colexio nas derradeiras semanas de trimestre. Bonito, bonito, quedou o cole vestido de Nadal... Grazas mil familias... quedaron unhas árbores fantásticas!




E no cole?... Que agasallos nos deixarán este curso para o cole as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente?... Teremos que agardar ao xoves 9 de xaneiro... que inicio de 2º trimestre máis emocionante!
Un saúdo e non esquezades que... os Reis Magos existen!, existen no corazón de cada un dos que cren neles!!!

1 comentarios:

Marta dijo...

Que rápido pasaron as vacacións do Nadal...Aínda que xa entrados en Xaneiro a familia Peleteiro Ces queremos desexarte o millor para este novo ano.
saúdos.