Bienvenido

DENDE NUBARIS CON ILUSIÓN...

viernes, 24 de enero de 2014

 A partir deste mesmo xoves, semanalmente teremos nas nosas casas á nubari que máis ama os libros: a ARIS.
Como xa vos contaramos a principio de curso, a ARIS encántalle descubrir os tesouros que se agochan nos libros.
Por iso, cando un libro cae nas súas mans, cun suave movemento de nariz, viaxa a través del introducíndose nos relatos das súas páxinas regresando sempre coa satisfacción de quen descobre cousas novas.
En cada centro de interese, ARIS convírtese nun excepcional alicerce no que a través das súas historias estamos descubrindo como se produciu a historia.
No 1º trimestre, con ARIS fomos homes e mulleres prehistóricos e descubrimos como era a vida no Antigo Exipto, a importancia do río Nilo, o proceso de construción das pirámides, como eran os palacios e templos, de que se alimentaban, como coidaban a súa saúde, a escritura...
Agora xa, neste 2º trimestre, da man de ARIS coñeceremos como eran os castelos e as cidades na Idade Media, como vivían as persoas, quen eran e que facían os cabaleiros, como eran as rúas e as tendas...
Asemade, será tamén neste 2º trimestre cando nos reencontraremos coa vida e costumes dos indios, que xa traballaramos cando tiñamos 3 anos e que suscitaron diversas actividades que contribuiron ao noso proceso integral de aprendizaxe.
A actividade da rutina semanal de ARIS, consiste en contar no libro da mascota, o que fixemos con ARIS durante a semana na que estivo de visita na nosa casa. Posteriormente, nas asembleas matinais, cada un de nós fará partícipe ao resto do grupo-clase de todo o vivido durante a visita.


En tanto que xa temos máis ou menos dominada a escrita enlazada en pauta da letra minúscula, o profe explicounos que ao igual que nas actividades da “Mochila Viaxeira” e do “Préstamo Semanal”, deberemos de ser nós os encargados de escribir (con lapis, rotuladores…), o texto que acompañe a actividade.
O devandito texto irá acompañado, preferentemente, dunha fotografía na que aparezamos ARIS, outros membros da familia e nós mesmos en actividades do día a día: xogando, durmindo, no coche, no parque… e en todos aqueles lugares significativos que forman parten da nosa vida cotiá.
Ademais, este curso tocaranos traballar un chisquiño máis que os anteriores -uf!, este libro si que é grande-, e o texto e as fotografías acompañaranse dunha creación artística plástica na que poderemos empregar diferentes materiais (ceras plásticas, rotuladores, plastilina, purpurina...) e técnicas (collage, mosaico, estampado...) que ilustren de maneira orixinal e creativa unha situación vivida con ARIS. Sen lugar a dúbidas, esta será a parte na que poderemos deixar voar a nosa imaxinación... sorprenderemos seguro!
Así pois, e para dar bo exemplo, esta semana traballamos arreo e tocounos preparar entre todos e todas as páxinas que serven de inicio do libro no que compilaremos o roteiro de ARIS polas nosas casas e/ou pisos.
Buscamos e seleccionamos fotografías de diferentes momentos deste curso que non son poucos (xogando, traballando, no patio...), elaboramos unha creación plástica, escribimos unha breve historia persoal sobre ARIS...


Esta actividade resultou un auténtico traballo en equipo, pero o resultado pagou a pena, estamos moi orgullosos... unha mostra da actividade única!
E para comezar,… ARIS viaxou á casa de DANIELA. Non vexades todo o que fixo en apenas un día de estancia... fantástico!...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

7 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Este venres fará de contacontos:

- NEREA: "A cor dos amigos". (Edit. Miniland)

Esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta dos grafemas /N/ e /Ñ/.

LAURA, MESTRA DE INFANTIL dijo...

DÚAS COUSAS; QUE A MASCOTA DA CLASE PASE UNS DÍAS NAS NOSAS CASAS É ALGO QUE ÓS NENOS LLES FAI ILUSIÓN, PERO NON ENTENDO O EMPEÑO DE ACADAR INFORMACIÓN GRÁFICA DO QUEFACER DIARIO E/OU DAS FAMILIAS...POR OUTRA BANDA, COMENTAR QUE ESTE BLOG ESTÁ ALGO "PESADO" O QUE FAI COMPLICADO VISITALO.
UN SAÚDO

Anónimo dijo...

QUE GANAS QUE PASE ARIS POLA NOSA CASA!! VAI TER UNHA AXENDA MOI APRETADA..ESTUPENDO O TRABALLO EN EQUIPO!!

Anónimo dijo...

s quen lle pareza pesado o blog que non entre non e obligatorio e esto vai pa mestra de infantil o mais facil e criticar o traballo dos demais un saudo e arriba o noso blog

Anónimo dijo...

Ola. Son Froilán, teño moitas ganas de que Aris veña á nosa casa

Anónimo dijo...

O traballo de Daniela deixa o listón moi altoooo....fárase o que poidamos...
un saudiño..

mestras de infantil dijo...

perdoando a ignorancia da persoa que contestou...efectivamente as que se teñen que sentir cómodas co blogue e cas tarefas que mande o profe sodes as familias, pero pendase que outros mestres tamén entramos para coñecer o que fan outros compañeiros..tan so aclarar o concepto "pesado" non se refire ós contidos senón que a cantidade de información que o blogue contén, dificulta a navegación polo mesmo.
Sendo un blogue de infantil non se deberan dar as contestacións que se dan, parecen algo agresivas. Todos sabemos da liberdade de cada un de entrar no blogue que lle apeteza e que non obrigatorio...deberades interpretalo como un consello.
Amosades ser unha clse moi competitiva entre vos e eso non é bo para os nenos..aí queda eso