Olaaa, estou moooi feliz porque hoxe, a dúas semanas
de rematar o cole, por fin me deixaron facerme cargo da entrada semanal do noso
blog…
Nesta ocasión, non serán os
nenos e nenas de 4 ANOS B os que vos conten como foi a semana na clase, non,
esta vez, por tratarse dunha entrada un tanto especial, deixáronme que fose eu
a encargada de despedirme do blog, das familias e dos nenos e nenas cos que
vivín un curso estupendo repleto de momentos intensos e divertidos, moooi divertidos…
Como… que aínda non sabedes
quen son?... Son eu, a rá Pascuala, que marcha para a clase doutros nenos e
nenas de 4 ANOS, xa que as “SONRISAS Y MANDILONES” do profe J.Ricardo para o
vindeiro curso convertiranse nos súper-maiores
de mandilón e como tales, cambian de mascota, nada máis e nada menos que unha
das primeiras compañeiras de mandilón do profe, ARIS, coa que vos adentraredes nunha
nova dimensión, na Dimensión Nubaris… estades preparados?
Foron miles os momentos
vividos ao longo do curso: xuntos xogamos, lemos, traballamos, debuxamos,
bailamos e, sobre todo… aprendemos! Buf,
canto aprendemos!
Xuntos aprendemos a sumar e a
ler a partir de palabras e textos significativos, xuntos tamén aprendemos a
identificar algúns dos cambios que se producen no contorno e na vida das
persoas coa chegada de cada estación, xuntos aprendemos a ilusionarnos coa
maxia do Nadal e a visita das SS.MM. os Reis Magos de Oriente, xuntos
aprendemos a recoñecer os elementos representativos do antroido convertíndonos
en encantadores príncipes e marabillosas princesas…
Agora xa, e aproveitando a
chegada inminente deste verán que parece que non quere vir, aproveitamos para
coñecer elementos do tesouro que agocha o fondo mariño. Coñecimos as baleas,
golfiños, polbos, peixes de todas as cores, e ata a Bríxida, unha sereíña coa
que conseguimos salvar un home e o seu fillo que caeran ao mar… menuda
aventura!
A partir desta aventura no
mar, descubrimos que a auga dos ríos sempre se move porque ten corrente, así
coma o nome dalgún río coma o Nilo, que se atopa en Exipto e está cheo de
crocodilos, ou o Misisipi, que é un dos ríos máis grandes do mundo.
Sen lugar a dúbidas, se me teño que quedar co que máis me gustou da miña
estancia no cole, foi convertirme semanalmente na convidada especial de cada
familia... cantos sitios novos coñecín!... Fun a un centro comercial, a festas
de aniversarios onde había máis nenos e nenas, a happy parks... ata me levaron de viaxe en tren ata Vilagarcía!
O anfitrión semanal explicaba na asemblea todos os lugares visitados e
todas as actividades que fixera durante esa semana de estancia na súa casa ou
piso. Incluso, varios nenos e nenas presentáronme novos amiguiños e amiguiños
que, en forma de boneco de peluche, servíronnos para dar renda solta á nosa
fantasía: Pascual e Pascualiño, o esquío Roni, Pingüi, o oso panda Wiki,
Nutriart, Branco e Negro... canta imaxinación hai nesta clase!
Ademais, e por si todo isto fose pouco, puxéronme máis guapa que nunca
confeccionándome diversos complementos. Vamos, que estou feita unha súper-modelo,... un look para cada ocasión, sempre son a sensación!
PASCUALA SÚPER-SPORT! |
PASCUALA SÚPER-COCIÑEIRA! |
PASCUALA SÚPER-MODELO! |
Agora, máis que nunca, e convertida nunha auténtica súper-modelo, sempre se presenta algún candidato ou candidata para
debuxarme cos ollos da imaxinación. Preciosa e estupenda me ven estes nenos e
nenas...
Por todo isto, gustaríame dar mil millóns de grazas ás familias pola vosa
implicación na actividade “Pascuala vén á
casa” proposta polo profe, xa que non sempre é doado conciliar a vida
laboral cos traballiños que se propoñen dende a nosa aula e dende o cole, -que
non son poucos-. Coa vosa guía e supervisión quedou unha compilación de
traballos e fotografías fantástica que axiña decidimos integrar no rincón de
biblioteca e que ollamos unha e outra vez sen aburrirnos nin un chisquiño...
Estes días estou un pouco triste porque axiña remata o cole e teño que
marchar, pero... imos de vacacións e son moitas as sorpresas que nos agardan
durante as vindeiras semanas. Como non podía ser doutro xeito, xuntos,
poñeremos o punto e final a este curso, así que seguide moi atentos ás novas do
noso blog e... contáxiate de diversión!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos
comentarios!
4 comentarios:
Este venres fará de derradeiro contacontos do curso:
- ROI: "Un taxi muy extraño". (Edit. Vicens Vives)
Ufff xa ala vai o curso, que rápido pasou e cantas cousiñas aprenderon
Para o ano os supermaiores de mandilón
Graciñas Ricardo por axudarnos a educar aos nosos fillos
SEMPRE ATOPAMOS UN ANAQUIÑO DE TEMPO PARA A COLABORACION COS NENOS, E MOI GRATIFICANTE!!
o ano que ven ai que levar mandilon
Publicar un comentario