Esta semana tivo lugar a inauguración oficial da
biblioteca do noso centro para este curso escolar e, como non podía ser doutro
xeito, dende o “Equipo de Biblioteca”
propuxéronse unha serie de dinámicas na que nos, unha vez mais, seriamos os
protagonistas indiscutibles; comezaremos polo principio...
Lembrades cal fora o centro de interese do curso
pasado?... Moi ben, si, o curso pasado mergullarámonos no mundo da arte
descubrindo obras de artistas tales como Picasso, Leonardo DaVinci, Murillo...
profundizando máis de cheo nas obras de Vassili Kandinsky.
Bueno, pois este curso, aproveitando que o ano 2013
será o “Ano Internacional da Cooperación
na Esfera da Auga”, o centro de interese será a AUGA e, baixo o lema: “palabras que vas ler, non has deixes correr”,
durante o curso participaremos en múltiples actividades que nos permitirán
achegarnos a distintos aspectos vencellados coa auga.
Á nosa clase, tocounos acudir hoxe venres ao acto de inauguración xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de 4 anos A, pero antes, os días previos, levamos a cabo un pequeno traballiño na clase, pois para ese día debiamos ter cumprido un cometido e así, poñer o noso graniño nunha dinámica na que participarían todas as aulas do centro.
No hall do pavillón dos maiores, organizouse un
recuncho especial, diferente, organizouse un “Recuncho Literario”, pero... para
que serve un “Recuncho Literario”?... Pois ben, o profe explicounos que nese
recuncho atoparemos durante este curso os nosos contos e libros favoritos e para
iso, cada clase tivo que escoller un personaxe de conto como elemento
decorativo deste espazo.
Así que, na asemblea matinal do luns adicamos parte do
faladoiro a determinar que personaxe de conto nos gustaría aportar ao mural que
se estaba preparando no pavillón dos maiores.
Neste momento, sucedéronse varias situacións
anecdóticas, xa que lonxe dos personaxes de conto de sempre tales como
Carapuchiña Vermella, Os Tres Porquiños ou Pinocho, saíron personaxes
ultra-modernos extraídos na súa meirande parte das nosas series de animación
preferidas.
O profe quedou abraiado ao comprobar que moitos non
coñeciamos a Brancaneves, Cincenta ou Peter Pan, por iso, e dado que o tempo
non acompañou para poder saír ao patio en toda a semana, adicamos algúns
momentos de ocio a ver fragmentos de debuxos animados de sempre.
Finalmente, saíron como personaxes “de contos”: Dora La Exploradora , Peppa Pig
e, por suposto, Rayo MacQueen. Tras unha votación moi reñida, saiu como a
opción máis votada Dora La
Exploradora , pero o profe explicounos que este personaxe xa
fora escollido polos nosos compañeiros e compañeiras de 3 anos C, así que a
segunda opción máis votada fora, contra todo pronóstico,... Peppa Pig! As caras
dos fanáticos de Cars eran un poema e con certa resignación aceptaron a proposta
“de chicas”...
Ilusionadísimos co debuxo, día a día preguntabámoslle
ao profe cando nos ia a chamar para pintar, se podiamos levar un debuxo da
familia pig para a casa...
Finalmente, mentres uns xogabamos nos rincóns, o profe
foinos chamando aos poucos para que pintaramos ao xeito e moi amodiño. Así,
dirixidos por unha Mencía entregadísima en concretar cales eran as cores
exactas de cada personaxe, fomos enchendo de cores á familia pig.
E para rematar... o noso toque final... uns polviños
de purpurina e... tachán, faboulous!
O día da inauguración -con coloretes vermellos ao Peppa Pig style-, ataviámonos coas nosas gotiñas
de auga tamén preparadas durante os días previos e nas que se podía ler o lema
da biblioteca deste curso e rapidamente dirixímonos para a biblioteca, non sen
antes, que a nosa súper-encargada
Xiana X., collera á nosa Peppa Pig. Unha Peppa Pig que completou o mural do
“Recuncho Literario” do cole no que xa estaban, entre outros: Pinocho,
Carapuchiña Vermella, Dora La
Exploradora , a abella Maya ou a Sirenita.
Antes de entrar, unha parada obrigada: a porta da nosa
biblioteca, que se establece como unha chave máxica que nos permite a entrada ao
mundo da fantasía, da imaxinación e das sorpresas.
Sabedes que a nosa clase e o cole comezou a encherse
de cabazas, bruxas, morcegos e esqueletes... o Halloween-Samaín, un curso máis
está aquí, así que non perdades as novas do noso blogue que a vindeira semana
será... monstruosamente divertida!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se
alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Este Miércoles hará de cuentacuentos:
- TANIA: "Unha pantasma con asma". (Edit. Kalandraka)
Publicar un comentario