Bienvenido

3 ANOS B, UN AULA DE PEQUENOS-GRANDES ARTISTAS!

viernes, 8 de junio de 2012

Un ano máis, e como vén sendo habitual cada curso, está a piques de saír unha nova edición da nosa revista escolar “Ondiñas veñen”, en cuxa proceso de elaboración participamos todos os nenos e nenas do cole.
As seccións e temáticas que integran a nosa revista escolar son para todos os gustos e públicos, dende traballos nos que se explican como vivimos as distintas celebracións que teñen lugar no cole tales como o samaín, o magosto ou o nadal, ata entrevistas, pasatempos e mesmo contos nos que se converten en protagonistas seres fantásticos e marabillosos.
Uf!, o primeiro e máis complicado foi determinar a temática que achegariamos á revista escolar unha das clases dos máis pequerrechos do cole.
Esta tarefa, serviunos para facer unha flashback e lembrar todos os momentos vividos durante este curso: o noso primeiro Samaín-Halloween, o magosto, o nadal, o antroido...

















E mil millóns de actividades máis como a celebración do “Día da Paz”, o traballo da secuencia didáctica “Pintamos o indio” na que descubrimos o modo de vida e costume dos pobos indíxenas, saídas didácticas que nos serviron para coñecer un pouquiño máis o noso concello... 














Momentos únicos e irrepetibles que se convertiron en experiencias de ensinanza-aprendizaxe que, dado o cúmulo de experiencias vividas, estiveron patentes na aula, propiciando descubrimentos, xerando aprendizaxes e contribuindo á interacción entre iguais e aos nosos procesos de socialización infantil... Sen lugar a dúbidas, uns momentos súper-rechiflantes!
Finalmente, optamos por unha temática de sobra coñecida polos nosos blogueiros máis fieis que, afortunadamente, segundo nos contades, cada vez sodes máis... escollimos as nosas sesións de mergullo no mundo da ARTE.
Deste xeito, nas dúas cariñas asignadas, sintetizamos algúns dos descubrimentos realizados durante este curso sobre este mundo que tan interesante nos resultou e do que agardamos seguir aprendendo para o vindeiro curso.
Así, recollimos algunhas das obras de arte traballadas durante o curso, lembrando os distintos artistas que sustentaron este traballo tan fascinante: Goya, Leonardo DaVinci, Picasso, Miró, Andy Warhol, Murillo, Canaletto, Monet, Matisse... As obras de arte seleccionadas foron:

"La gallinita ciega" de Francisco de Goya y Lucientes.
"Las Meninas" de Pablo Ruiz Picasso.





"La conversación" de Henri Matisse.
"Madre e hija delante del sol" de Joan Miró.









Asemade, aproveitamos para explicar os procesos de creación e recreación dunha das obras máis coñecidas de Vassily Kandinsky: “Cuadrados con círculos concéntricos”, convertíndonos, agora si que si, en pequenos-grandes kandinskys...

 

O resultado do noso traballo... velaí o tedes! Pero antes, unha pregunta, atréveste a mergullARTE na ARTE con 3 anos B?...

3 anos B, 
un aula de pequenos-grandes artistas!



Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

8 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

El próximo Viernes 15 de Junio tendremos como últimos cuentacuentos del curso:

- CARLA V.: "Renato". (Edit. Kalandraka)

- FROILÁN: "Unha pantasma con asma". (Edit.Kalandraka)

Seguro que lo hacéis fenomenal.

Ese mismo día, si el tiempo lo permite, acudiremos a visitar en Rianxo el museo de escultura de NUCO.

nesve dijo...

Como se lle nota a este profe que todo o que se saia do sistemático e rutinario non se lle da nada ben....a proba está en que fora deso, todos os traballos son copiados das compañeiras, o peor de todo é que os luce coma se saísen del...o traballo da revista o fixo outra profe cas letras na revista pasada....se un quere presumir do seu traballo ten que ser mais creativo....

María M. dijo...

Me encanta todo el trabajo que habéis hecho durante el curso. La revista , con vuestra aportación, quedará chulísima! estoy segura.

Qué cantidad de ideas me estáis dando para mi nueva experiencia en Infantil!
GRACIAS al profe y esos alumnos tan riquiños.

Besos.

María M.

LUCÍA dijo...

POBRES NIÑOS Y NIÑAS.......HACEN MÁS POSADOS QUE LOS TOPS MODELS...

Anónimo dijo...

Espectacular Ricardo!!!!

Anónimo dijo...

cANTO Traballaron estes nenos/as ao longo do curso!!!!!!!!!!!!
que bonito vos quedou o artigo para a revista do cole, xa estamos desexandoa ver nas nosas mans.
Cantas historias vividas nestes meses que xa pasan a ser recordos...
Unha cousiña, fixachedesvos como medraron os nosos nenos, están grandísimos
Moitos bicos a todos e ánimo nesta última semana de curso que vos quedan moitas cousas por facer.
ah e sorte aos contacontos que seguro que o fan moi ben

Anónimo dijo...

A este profe..Calquer cousa que saia do sistemático e rutinario, sáelle fenomenal,
A proba é que todo esta inventado,
Só hai que saber facer cada cousa dándolle o toque persoal.
Nada máis temos que fixarnos nos resultados:
Boísimos!!!
E...non hai queixa.
Esto decimolo as mamás orgullosas de ver que por moitos recortes que se fagan, segue habendo docentes con vocación.

nesve dijo...

Ricardo acabo de leer os comentarios publicados neste articulo e non salo do meu asombro.Nesve e o seudonimo que utilizo desde fai moito tempo e acabo de ver publicado un comentario que non realicei.Non entendo o porque é utilizado nin con que obxetivo co fácil que é poñer ANONIMO.Con este feito obligame non poder utilizalo máis neste blog...