Bienvenido

LOITEMOS CONTRA A CRUELDADE... DEIXANDO QUE CANTEN AS CORES!

viernes, 3 de febrero de 2012

De xeito especial, ao longo desta semana estivemos traballando aspectos relacionados coa Educación para a Paz, esto non quere dicir, nin moito menos, que este ámbito de traballo o limitemos exclusivamente a esta data, pois ao longo de distintos momentos da xornada escolar, dunha maneira ou doutra, traballamos diversos elementos relacionados con este eixo transversal.
Así, por exemplo, o momento da asemblea posibilita o traballo desta temática no momento en que moi pouquiño a pouco avanzamos na escoita atenta ao resto de compañeiros, a saber respectar a súa opinión cando esta é distinta da propia, e, sobre todo, levantar a man antes de falar, algo que nos está custando levar a cabo. Asemade, tamén traballamos elementos relacionados con esta temática cando a principio de curso establecemos e consensuamos as normas que rexen a vida da aula ou cando o profe nos ensina formas pacíficas e máis aceptadas socialmente para resolver os nosos conflitos diarios; conflitos que forman parte do noso proceso de socialización.
Pois ben, todo isto foi traballado dun xeito máis dirixido e intencional nesta semana na que os nenos e nenas de 3 anos B pedimos a Paz, un concepto do que xa tiñamos algunha idea.
Para iso, unha vez máis, as asembleas matinais convertíronse nun recurso excepcional para chegar ao centro deste concepto que tantas veces escoitamos nos medios de comunicación social.
Día a día fomos traballando sobre a Paz, e para organizar un pouco as nosas ideas, que eran moitas, decidimos facer un bule-bule no encerado, e previa man levantada (esta semana facíase algo indispensable) relacionamos a Paz con accións tales como: “portarse ben”, “facer ben a ficha”, “ir ao parque”, “non estar de florero”...
De todo este torbeliño de ideas, seleccionamos: “alegría”, “amar” e “querer” e pegámolas noutra obra de arte. Neste caso era unha litografía tamén de Pablo Picasso que representaba unha paloma da paz, e que cada clase encheu con palabras vencelladas coa Paz.










Por outra banda, sabedes que esta semana nos convertemos nuns auténticos picassos?... Deste xeito, o profe presentounos unha obra de arte diferente, unha obra de arte na que unicamente se emprega a cor negra, branca e gris. Tratábase do “Guernica” de Pablo Picasso, unha obra coa que o seu autor tentou plasmar as consecuencias e horrores da guerra.
Coñecidos algúns dos detalles máis representativos desta obra, a nivel de centro organizouse unha actividade na que participamos todos os nenos e nenas do cole, dende os máis pequerrechos ata os máis grandes. A actividade consistía en pintar de cores a parte do “Guernica” que lle correspondía a cada clase.
Nós decidimos aportar o noso graniño de area empregando a cor azul, verde, amarela, laranxa e rosa, e un a un, con moito coidado fomos dos primeiros en encher de cores un cadro co que o seu autor intentou transmitir tristeza.











Xa o luns, despois do patio, dirixímonos de xeito organizado ao porche do pavillón sur para xuntarnos co resto de nenos e nenas do cole. Así, ataviados coas nosas coroas e cunha bandeira pola Paz, dispuxémonos a contemplar o resultado final do noso “Guernica” particular, un resultado no que se empregaron mil millóns de cores para loitar contra a crueldade e que podedes contemplar tantas veces como queirades no porche do pavillón sur... quedou sensacional!

E para rematar... todos xuntos cantamos e bailamos a canción do grupo musical 3+2 titulada: “Los niños queremos la Paz” que durante estes días aprendimos na clase e que agora tamén poderemos escoitar tantas veces como queiramos no noso blog.

Si, si, si... o antroido xa está aquí! Para a vindeira semana comezaremos a vivir e a disfrutar o antroido na nosa clase. Papelote xa atopou disfraz, disfrazarase de indio, e con el aprenderemos un pouquiño máis acerca dos indios. Nos tamén temos xa disfraz?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Que cancion tan chula para o dia da paz, é maravilloso como se involucran os nenos nestas cousas.

Anónimo dijo...

O meu peque di que ides facer un disfraz de dentes caidos.... Que imaxinacion lle pon!

Anónimo dijo...

Ricardo, como podemos escoitala cancion da Paz no blog?

Anónimo dijo...

A verdade é que o pasamos xenial non só o día da paz senón pintando o "noso" cadro do Guernica. Ademais a canción foi todo un éxito.
Saudiños da teacher Karina.

Anónimo dijo...

Muy original la inicitiva del "Guernica" y sobre todo que haya participado todo el cole con distintas actividades según el ciclo,y muy chuli la canción.

Ahora estamos deseosos de ver a Papelote disfrazado de indio, seguro que está muy simpático.

Un besito

Anónimo dijo...

Efectivamente, se trata de valores que deben interiorizar a través del saber, del hacer y del convivir...
y que las familias debemos reforzar..


Gracias profe, por hacernos llegar el trabajo en el aula, pudiendo así continuarlo en casa.

Profe J.Ricardo dijo...

Para escoitar a canción no blog, hai que darlle ao "PLAY" do enlace que aparece a continuación do parágrafo no que se fai alusión á canción.