Bienvenido

... PARABENS, SÚPER-MAIORES!

miércoles, 22 de junio de 2011

“Sabedes que os soños poden facerse realidade?... Atrévete a soñar!!!” Este foi o lema sobre o que xirou o acto celebrado onte á tarde na nosa clase.
Foi unha tarde especial, mooooooi especial, unha tarde de sentimentos encontrados: estabamos contentos porque para o próximo curso estaremos na planta dos maiores, pero tamén un pouquiño tristes, sabedores de que unha das etapas máis importantes nas nosas vidas, a Educación Infantil, remataba para sempre.
Onte á tarde vivimos a “Festa do Mandilón”, un acto simbólico que estivemos preparando con moitísima ilusión durante estes días.
Quixemos compartir con todas as familias asistentes, -que foron moitas-, a nosa derradeira asemblea. Tratouse dunha asemblea diferente, especial, xa que os profes foron Mauro e Paulo que, coa nosa axuda, foron explicando que era iso da “graduación”.
Xuntos fixemos unha flashback lembrando eses pequenos grandes-momentos que dalgún xeito marcaron a vida da nosa clase. Lembrades?...


A celebración dos magostos, unha festa que, curso tras curso, propiciou situacións divertidas que nos fixeron pasar momentos sensacionais.


Tamén o “Halloween”, convertidos en cabazas cando tiñamos 3 anos, en pantasmas con 4 anos e de esqueletes en 5 anos... terrorificamente divertidos!!!


Uf, e como esquecer o Nadal da nosa clase!... vivido dun xeito moi especial, compartimos soños e ilusións: as cartas e o e-mail das SS.MM. os Reis Magos, os agasallos, os ensaios de cada festival... Recordos inesquecibles que lembraremos sempre con especial cariño e que voltariamos a revivir unha e mil veces máis.


Finalmente chegaría o antroido, uns días cheos de fantasía nos que cada curso aproveitamos para convertirnos nos nosos personaxes favoritos. De piratas en 3 anos, de Pedro & Wilma Picapiedra cando tiñamos 4 anos e de pingüíns en 5 anos. Foron uns pasarrúas sensacionais e cada vez os disfrutamos máis...


E que me dicides das excursións e saídas realizadas durante estes 3 cursos?... Sen lugar a dúbidas, convertíronse en experiencias de ensinanza-aprendizaxe que, dado o cúmulo de experiencias vividas, estiveron patentes na aula, propiciando descubrimentos, xerando aprendizaxes e contribuindo á interacción entre iguais e aos procesos de socialización infantil.


Por todo isto e por mil millóns de cousas máis, hoxe temos que estar mooooooi contentos, coa seguridade de que en setembro, e xa sen mandilón, agárdannos novos retos que comezarán a formar parte dos nosos recordos.



PROMOCIÓN 2008 - 2011



E lembrade. Nunca deixedes de soñar. Os soños poden facerse realidade... Atrévete a soñar!!!




8 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Durante estas semanas, no dejéis de visitar el blog, ya que antes de que lleguen las nuevas "sonrisas y mandilones", mis 25 pequeños-grandes tesoros tendrán un "hasta siempre" muy especial...

Marisa dijo...

¡Qué rápido pasaron estes 3 anos!Parece que foi onte cando fixestes a 1ª reunión, na que había tantas normas que me asustei e pensaba:"este home vai a acabar cos nosos fillos, sólo teñen 3 anos" e agora penso que non estarían nada mal outros 3 anos máis.
Como dí a canción "siempre tendrás un lugar en mi corazón de niño", estes nenos nunca che van a olvidar, e nos sempre estaremos ahí para recordarlle que se lle gusta o que fan e lle poñen ganas, sempre conseguirán facelo ben, que foi o que ti nos enseñastes a todos nestes 3 inesquecibles anos.
Gracias por todos eses momentos nos que fixestes que nos sentíramos especiais, como os festivales de nadal nos que o público aplaudía nas gradas e sabíamos que érades os mellores, sentíamosnos orgullosos dos nosos fillos, e ano tras ano todos estaban esperando a actuación do profe Ricardo. Nos correrúas nos que sempre había unha canción ou algo que vos facía ser diferentes ó resto do colexio. E como non, por eses finales de curso, que non queríamos que chegaran, pero ó mesmo tempo estábamos desexando ver a sorpresa que nos tiñas preparada. E o máis importante, por tratar ós nosos fillos como se fosen teus.
Por todo eso e moito máis...GRACIAS

Anónimo dijo...

¿POR QUE A MAIORIA DOS NEN@S E MESTRES SALEN CON CARA DEFORME NAS FOTOS? ¿OU E QUE SON O UNICO QUE SE DECATOU DE QUE AS FOTOS DA ORLA ESTAN DEFORMADAS?

Anónimo dijo...

pois estaremos moi atentos... como é este profe que nin descansa nas vacacións, sempre pendiente dos seus 25 tesouros

Grazas por deixarnos compartir contigo as experiencias dos nosos fillos...

Áurea dijo...

Levamos 3 anos xuntos. O pasamos moi ben.
Corazón, con amor.
Áurea

MONICA. dijo...

Tú también has sido un gran tesoro para ellos, claro que formarás parte de sus recuerdos.. y de los nuestros.
Gracias y !Felices Merecidas Vacaciones!.

mauro dijo...

que pena me dá.......

como che vou botar de menos.....

Profe J.Ricardo dijo...

Las fotografías de algunos niños y maestros salen defectuosas debido a problemas técnicos con la cámara con la que se realizaron las fotografías para la orla: programa seleccionado y zoom incorrectos.
En el ordenador, los problemas en las fotografías eran imperceptibles.