Bienvenido

NA HORTA DO COLE HAI...

viernes, 6 de mayo de 2011

Pero... no cole hai unha horta?... Pois si, no cole hai unha horta e o pasado xoves entusiasmados acudimos a visitala.
Grazas á colaboración dun dos mestres encargados do coidado e supervisión da horta do cole, descubrimos algunhas das funcións e traballos que desenvolven día a día os agricultores, así como tamén as necesidades vitais de plantas, hortalizas e verduras.
Na visita guiada á horta, observamos cal é o estado natural dalgunhas hortalizas e verduras antes de chegar ao supermercado, así vimos: leitugas, pementos, chícharos, tomates... e ata fresas de cor verde.
Tamén entramos nos invernadoiros, e alí dentro, coñecimos que hortalizas e verduras precisan para poder lograrse de temperaturas superiores ás do exterior, xa que o invernadoiro é un lugar no que se cultivan aquelas plantas que precisan de temperaturas altas. Uf... que calor pasamos!
Sen lugar a dúbidas, a zona que máis nos gustou foi o espazo reservado para as plantas aromáticas nas que se atopan dous pequenos estanques de auga nos que se engadirán ras, peixes e tartarugas unha vez rematada esa zona da horta. Foi neste espazo, onde unha das nosas compañeiras regou algunhas das plantas que alí se atopaban, lembrando que ademais da terra e do sol, as plantas necesitan auga para vivir.

Por outro lado, e posto que nos atopabamos no lugar ideal, decidimos plantar o sobre de sementes que nos enviaran os nosos compañeiros e compañeiras do proxecto de investigación “Esculpindo emocións!” co motivo da actividade “Sembrando Amizades” que desenvolvimos alá polo mes dos namorados, lembrades, non si?...
Quen máis e quen menos fixo algo nesta plantación tan especial: uns botamos terra no semilleiro, outros as sementes, outros aplastamos despaciño a terra e botamos unha pouquiña de auga... vamos que non paramos!
Agora a ver se temos sorte, e antes de que remate o curso vemos o resultado da actividade convertido nunhas flores tan bonitas tan bonitas como algunhas das actividades que levamos a cabo co desenvolvemento do proxecto e que nos axudaron a coñecer e exteriorizar as emocións e sentimentos persoais, valorando e respectando os alleos.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

1 comentarios:

Anónimo dijo...

que boa pinta teñen esas acelgas!!

que iniciativa tan boa do colexio para que os nenos coiden o seu horto e non pensen que as froitas e verduras veñen das tendas.....

que pouquiño queda xa para rematar o curso..