Bienvenido

¡MÚSICA MAESTRO!

viernes, 15 de abril de 2011

Un final de trimestre sensacional!... Que por que??... Porque hoxe cerramos un trimestre repleto de traballo e aprendizaxes varias, asistindo ao concerto de música que correu a cargo do grupo da “Escola de Música de Rianxo” que nos ofreceu no Auditorio Municipal.
No concerto didáctico, os compoñentes do quinteto musical interpretaron varias pezas clásicas que musicaban o conto infantil de
“El flautista de Hamelín”.
A expresión musical xoga un papel indiscutible en Educación Infantil, xa que constitúe unha das linguaxes con maiores posibilidades de expresión que potencia o desenvolvemento da comunicación non verbal e contribúe á consecución dos obxectivos xerais de etapa e das competencias básicas establecidas pola UNESCO, neste caso, especialmente, a competencia cultural e artística.
A música constitúe unha forma peculiar que os nenos e nenas teñen de comunicar aspectos da súa vida inmediata e cotiá; de aí que, debido á riqueza dos medios que utiliza, á sinxeleza das técnicas que emprega e á variedade de soportes sobre os que traballa, convirtan a esta materia nun compoñente indispensable da Educación Infantil.
Neste sentido, as cancións, dadas as súas características, convertiranse na principal actividade e recurso musical nesta etapa educatica desenvolvendo a observación, a expresión e a representación musical nos máis pequenos.
Faise, importante polo tanto, que os nenos e nenas canten, que disfruten facéndoo, que sintan como ao abrir a súa boca para cantar ábrese ao mesmo tempo a porta a un marabilloso mundo de sensacións que lle permite expresar aquilo que, quizáis, non sería capaz de dicir falando.
Para todo isto, atoparemos no repertorio folklórico e tradiconal un amplo abano de cancións de tradición popular, moderna ou didáctica tales como: “Un elefante se balanceaba...”, “El cocherito leré” ou “El patio de mi casa”, entre outras.
Ademais, actualmente, existen grupos musicais dirixidos ao público infantil como é o caso de “Cantajuegos”, “Mamá Cabra” ou o grupo “Migallas”.
O concerto, en liñas xerais, resultou interesante, especialmente naqueles fragmentos musicais que, de maneira espontánea, acompañamos de palmas marcando o ritmo da melodía.
Cando o concerto rematou, o director do grupo, presentounos un a un aos compoñentes do quinteto que, acompañados do seu instrumento musical, descubrimos algunhas das súas características: famlia á que pertencen, que tipo de sons emiten, partes e elementos...
Xa na clase, cada un plasmou a parte do conto de “El flautista de Hamelín” que máis lle gustou. Hai para todos os gustos, pero vos decataredes que o que máis predominan son os ratos, mooooitos ratos...



Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

0 comentarios: