Bienvenido

SABER MÁIS PARA COMER MELLOR.

viernes, 21 de enero de 2011

Ao longo desta semana, o noso centro participou, igual que o curso pasado, no “Plan de Consumo de Froita nas Escolas” unha inciativa promovida coa axuda financieira da Comunidade Europea e do Fondo Galego de Garantía Agraria... Que quere dicir isto? Moi atentos...
Durante varias semanas alternas non teremos que traer a merenda ao cole, xa que procederase á distribución de froita a todo o alumnado do centro. A distribución realizarase na hora do recreo e a froita obxecto de distribución esta semana foi: mazá o luns, o martes mandarina, o mércores plátano, o xoves pera e, de novo, o venres mazá.
O certo é que apenas apareceron reticencias entre nós á hora de comer a froita que tocaba cada día e, entusiasmados coa inciativa, quen máis e quen menos pedía outro anaco... estaban deliciooooosas!!!
Esta iniciativa permitiunos establecer múltiples relacións coa Educación para a Saúde, un eixo transversal que pretende fomentar a adquisición de hábitos de saúde adecuados referidos á alimentación, hixiene e descanso.
Todo isto non é algo novo para nós, pois no noso centro e, especialmente na Educación Infantil, considérase a alimentación saudable como un dos alicerces para conseguir unha boa calidade de vida, convertíndose nun dos espazos máis favorables para que os nenos e nenas adquiran e incorporen condutas saudables dende pequenos e pequenas.
Deste xeito, temos un horario de almorzo saudable no que a cada día lle corresponde un alimento diferente: luns-lácteos, martes-peza de froita do tempo, mércores-bocadillo de embutido, xoves-galletas básicas, cereais ou froitos secos e, os venres o que máis nos gusta de toda a semana.
Sen lugar a dúbidas, experiencias como esta, propician un cúmulo de situacións que promoven a adquisición de hábitos que promoven un estilo de vida saudable, pois aqueles alimentos que, nun principio non estabamos acostumados a comer, agora, co paso dos días, descubrimos que están de rechupete, algo imposible de acadar sen a inestimable colaboración das familias, coma sempre... mil millóns de grazas!
Como vedes, unha semana repleta de experiencias e aprendizaxes na que aprendimos, dunha maneira amena e desenfada, contidos de vital importancia que contribúen ao desenvolvemento de hábitos e actitudes que facilitan sistemas de vida saudables.
Seguide moi atentos ao noso blog, xa que o luns comezaremos a disfrutar da semana máis solidaria do curso...

Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Que iniciativa máis boa. Ademais este ano está mellor organizada porque así os nenos/as non se aburren tanto da froita (mellor 1 semana ó mes e non todos os días como o ano pasado)
Moita xente (sobre todo persoas externas ao centro educativo) critican o sistema de merendas do Colexio Castelao; "a ver porque eu non lle podo mandar para merendar o que queira o meu fillo e teño que andar pendiente do día". A min persoalmente venme ben xa que así non teño que andar a pensar hoxe que lle meto para merendar, xa teño a folliña e así xa varía.
Non sei se para o ano van a seguir este sistema, en primaria teñen as mesmas indicacións ??? (que grandes xa os nosos nenos EN PRIMARIA, como pasa o tempo) pero eu seguirei facendoo aínda que non llo digan porque me parece moi boa idea.

Un saúdo