Bienvenido

RUDOLF OU RODOLFO, PROFE?...

viernes, 3 de diciembre de 2010

Como pasa o tempo!... xa estamos en decembro a piques de rematar o 1º trimestre.
Este mes é moi especial xa que trae consigo variadas e divertidas sorpresas que agardamos durante todo o ano e que, dado o cúmulo de experiencias que suscitan, atópanse moi presentes nas nosas conversas do resto do curso: a lectura de contos de Nadal, os últimos aniversarios do ano -tranquilos que cada vez falta menos-, os ensaios do Festival e o “Calendario de Adviento”.
Así pois, o mércores 1 de decembro o profe trouxo, tal e como prometera, o tan agardado: “Calendario de Adviento”.
Cada mañá, abrimos a portiña do día correspondente e, o súper-encargado/a, come a chocolatina tras descubrir o debuxo que se agocha en cada unha das súas ventás... delicioooosas!
No “Calendario de Adviento”, aparece unha ilustración de Papa Noel no seu trineo co seu saco repleto de agasallos. Como non podía ser doutro xeito, do trineo tiran os seus compañeiros fieis: os renos.
Xa sabedes que non se nos escapa ningún detalle e rapidamente observamos que o reno que ía en primeiro lugar na fila, Rodolfo ou Rudolf, non tiña o nariz de cor vermella para a guiar a Papa Noel nesa noite na que reparte ilusión polas casas de todos os nenos e nenas do mundo. A solución non se fixo esperar, e o profe, decidiu coller un dos seus rotuladores e pintarlle o nariz de cor vermella. Boa idea, quedou sensacional!


Esta rutina cotiá, un curso máis, proporciona distintas situacións de ensinanza-aprendizaxe que non deixamos escapar, pois ademais de realizar actividades relacionadas coa lóxica-matemática tales como contar, sumar, restar, identificar o número do día no que nos atopamos… propicia multitude de conversacións sobre esta data que tan máxica e especial resulta para nos.
Asemade, o súper-encargado/a de cada día, gorro de Papa Noel incorporado, ademais de escribir en letra maiúscula ou minúscula as palabras que vai indicando o profe e que, na medida do posible, están vencelladas co centro de interese que estamos traballando, agora tamén escribe aquilo que non debería faltar na súa árbore na noite de Papa Noel ou dos Reis Magos, pois pronto, moi pronto, escribiremos a carta...



Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Era Rodolfo un reno,
que tenía la nariz
roja como la grana
y de un brillo singular.

Todos sus compañeros,
se reían sin parar
y nuestro buen amigo
no paraba de llorar.

Pero NAVIDAD llegó,
Santa Claus bajó
y a Rodolfo eligió
por su singular nariz…

Anónimo dijo...

cucurucho no te escucho
cucurucho no te escucho

como saben mantener un secreto nuestros niños, no sueltan nada del festival.
después lo que pasa en casa se lo cuentan a todo el mundo.

que día es el festival? que ganas tengo de que llegue el día.... ya andan los nervios a flor de piel

feliz navidad y próspero año nuevo

Profe J.Ricardo dijo...

El "Festival de Nadal" será el Miércoles 22 de Diciembre, pronto se os pasará el programa con el orden de las actuaciones.

Anónimo dijo...

Con qué nos sorprenderán este ano os nenos e nenas de 5 anos B?
Despois daqueles anxeliños que tanto nos fixeron rir cando a mula non decía nin mú, pasando polas emocións transmitidas o ano pasado no que se convertiron en parellas de todo CORAZÓN.
O profe ten que sentirse orgulloso destes 25 artistas que, sendo tan pequenos,poidan amosar tanta fidelidade á súa "obra", e que non nos conten nada..(bueno,polo menos no caso da miña filla)...

FAGAN O QUE FAGAN LOGRARÁN SORPRENDERNOS E EMOCIONARNOS COMA SEMPRE E OS PAIS,COMA SEMPRE, SEREMOS OS MENOS OBXETIVOS...

Anónimo dijo...

Estou desexando ver esa grande actuacion que con tanto traballo e ilusion estades preparando.Xa veras que vai ser todo un exito.Grazas de parte de Vanessa e Zaida.