Bienvenido

SUEÑOS DE GARABATOS I.

viernes, 26 de marzo de 2010

A pesar dunhas semanas intensas, no ca actividade diaria se refire, non deixamos as nosas prácticas diarias comezamos a estudar uns “Bits de Inteligencia” novos, nesta ocasión vinculados co mundo da arte e que nos están resultando fascinantes.
Os “Bits de Inteligencia”, resultan de gran utilidade para estimular o cerebro, o aprendizaxe e a memoria dos nenos e nenas, axudando a adquirir novos coñecementos, a desevolver e ampliar a linguaxe, o hábito e a capacidade de atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a curiosidade e o interese... e xa o curso pasado e este convertíronse nuns recursos didácticos excepcionais cos que aprendemos, entre outras cousas: os planetas do Sistema Solar, acercámonos ao mundo da escultura e arquitectura, descubrimos as características dalgúns animais e do conxunto instrumental escolar, escritores e músicos coñecidos...
Con esta rutina, inténtase poñer aos nenos en contacto coa arte e as expresións artísticas de todos os tempos e diferentes culturas, para deste modo, desenvolver e ampliar o seu sentido artístico ao máximo, así como ofrecerlles unha amplia gama de posibilidades artísticas que contribuirán ao desenvolvemento da competencia cultural e artística establecida pola UNESCO.
Esta nova rutina, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artítisticas que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade que se amosa. Ademais, día a día, aprenderemos un pouquiño máis de cada obra: autor, movemento pictórico, características máis salientables... e todo aquilo que nos amose un coñecemento o máis exhaustivo posible das 8 obras seleccionadas. Non se nos escapa unha!!!
“Persistencia de la memoria” y “Mujer en una ventana” de Salvador Dalí.
“La gallinita ciega” de Francisco de Goya y Lucientes.
“El gran canal desde el palacio Balbi” de Canaletto.
“Madre e hija delante del Sol” de Joan Miró.
“Niños jugando a los dados” de Murillo.
“Las Meninas” de Pablo Ruiz Picasso.
“La conversación” de Henri Matisse.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

4 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

¿Qué otra/s categoría/s os resultarían interesantes para trabajar en el 3º trimestre?...

Muy atentos a nuestro blog también durante las vacaciones, ya que a lo largo de la semana habrá más de una sorpresa.

Anónimo dijo...

IMPRESIONANTE!!!!...Estos sí que son recursos didácticos innovadores, aínda que penso que é de suma importancia saber utilizalos ben, o cal non parece doado.
Polo que explica o profe na entrada o efecto que produce no cerebro dos nenos o traballo cos bits resulta similar ós dos anuncios televisivos...
Quedamos fascinados escoitando á nosa filla identificar cada obra,o que nos levou a pensar todo o que pode dar o cerebro humán e o pouco que o estimulamos....
En canto ás categorías penso que cantas máis se traballen mellor, pero como sei que ó profe non lle vai chegar o orzamento de aula para mercar tantos (aínda que xa amosou ser bo administrador económico o ano pasado)...,escolleremos bits relacionados con aspectos xeográficos e históricos...

Coma sempre a súa redacción é brillante ;-)

Anónimo dijo...

Cualquiera categoría resultaría interesante, porque los "Bits de Inteligencia" son fascinantes los mires por donde los mires.
Pero qué al día estamos con lo de las competencias básicas!!!

Anónimo dijo...

Hola, pues no estarían nada mal unos bits relacionados con la literatura ahora que se acerca el "Día del Libro"...

Saúdos.