Bienvenido

SE A PAZ É UN SOÑO... NÓS SOÑAREMOS TODA A VIDA!

viernes, 29 de enero de 2010

Se a PAZ é un soño, nós soñaremos toda a vida. Esta é a conclusión á que chegamos ao longo desta semana, tras as conversacións suscitadas pola actividade conmemorativa que celebramos hoxe venres no noso centro: o Día da Paz.
Na relación dos principios establecidos na LOE, ocupa, sen lugar a dúbidas un lugar relevante, a transmisión daqueles valores que favorecen a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidaridade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, así como aqueles outros valores que axudan a superar calquera tipo de discriminación.
Tendo esto moi presente, nesta semana estivemos traballando aspectos relacionados coa Educación para a Paz, esto non quere dicir, nin moito menos, que este ámbito de traballo que demanda a sociedade plural e cambiante na que vivimos, a limitemos exclusivamente a esta data, pois, día a día, ao longo dos distintos momentos da xornada, dunha maneira ou doutra, traballamos elementos relacionados con este eixo transversal.
Así, por exemplo, o momento da asemblea posibilita o traballo desta temática no momento en que progresamos na escoita atenta ao resto de compañeiros, a saber respectar a súa opinión cando esta é distinta da propia e, sobre todo, levantar a man antes de falar, algo que sabemos nos está custando acatar... sentímolo profe.
Tamén traballamos elementos relacionados con esta temática cando a principio de curso entre todos e todas establecemos as normas que rexen a vida da aula ou cando o profe nos amosa formas pacíficas e máis aceptadas socialmente para resolver os conflitos que día a día nos suceden e que forman parte do noso proceso de socialización.
Todo isto foi traballado dun xeito máis dirixido e intencional nesta semana na que os nenos e nenas de 4 anos B pedimos a PAZ, un concepto do que xa tiñamos algunha idea.
Para iso, unha vez máis, as asembleas matinais convertíronse nun recurso excepcional para chegar ao centro deste concepto que tantas veces escoitamos nos medios de comunicación social. Día a día fomos traballando sobre a paz, e para organizar un pouco as nosas ideas, que eran moitas, decidimos facer un bule-bule no encerado, e previa man levantada (esta semana facíase algo indispensable) relacionamos a Paz con conceptos e accións tales como: “axudar a mamá”, “portarse ben”, “recoller”, “amigos”, “obedecer”... A partir destas ideas, moi acertadamente chegamos a unha conclusión, pois para todos nós a Paz é algo máis ca ausencia de guerra.

Todo isto ademais tamén se traballou a partir de actividades impresas que xiraban en torno á Paz, posibilitando a adquisición de habilidades relacionadas coa lecto-escritura, mediante a composición da palabra PAZ para o cal debíamos fixarnos e colocar na orde correcta cada grafema, habilidades manipulativas, identificación de elementos relacionados coa Paz...
Finalmente o venres, logo do recreo, todo o alumnado do centro reunímonos no porche do pavillón sur e alí, clase a clase, fomos lendo a petición que fixemos e meténdoas nun cesto que ía unido a un inmenso globo inflado con helio que representaba a bola do mundo e no que tamén se podían ler palabras e mensaxes relacionados coa Paz.
Cando todos os grupos expuxeron o seu desexo de Paz, proxectáronnos nunha pantalla dixital unha canción na que se fala de valores vinculados coa data obxecto de conmemoración. Titúlase Aquarela, unha música e unha letra sensacional acompañada dunhas imaxes que non nos cansamos de ver e, durante a semana, lle pedíamos ao profe unha e outra vez que a puxera no ordenador.
Como actividade final deste acto conxunto do centro, aquel globo ao que non lle quitamos ollo durante toda a celebración - era espectacular -, soltouse na explanada do patio e, subiu moi moi alto, ¿a onde irá parar?...
Agardamos que as nosas mensaxes, acaben nun lugar no que non coñecen a Paz, nun lugar no que non existen os sorrisos nos nenos e nenas pois, a PAZ... comeza cun sorriso!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

MOI ATENTOS...

6 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Quiero una P,
para parar,
peleas y guerras que
nos harán llorar.

Quiero una A,
para abrazar,
todo el amor
que tú puedas soñar.

Y ahora también,
para el final
quiero una Z
para zapatear.

Anónimo dijo...

Precioso o vídeo e moi currada a actividade conxunta con todo o centro...parabéns!!! (silvia)

Anónimo dijo...

As imaxes e a historia son moi bonitas, sen embargo, na miña modesta opinión, a canción non foi unha elección acertada para nenos tan pequenos. Sei que foi unha decisión a nivel de centro, pero deberían non esquecerse do alumnado de Educación Infantil!!!

Anónimo dijo...

Excelente traballo cos pequenos, sobre todo porque tal e como se pode ler na entrada, a "Educación en Valores" é un dos pilares sobre os que se sustenta o texto legal da LOE; por outro lado, algo que a sociedade reclama cada vez dunha maneira más directa á escola. Saudiños...

Anónimo dijo...

MAMA, MAMÁ HOXE VOUME PORTAR BEN PORQUE NA ESCOLA CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Asi veu da escola o meu fillo todo ilusionado, eso si só se portou ben o venres; cumpleu o que dixo

Anónimo dijo...

O meu fillo veu un pouco decepcionado do colexio porque explicoume que algo raro acontecera co globo; aínda así, contou todo con pelos e sinais, e recalcou varias veces que iba ser bo porque él quería a Paz.

Un saúdo.