Bienvenido

PROFE, HOXE LEVANTEIME E SENTINME MÁIS MAIOR, PROMÉTOCHO...

viernes, 22 de enero de 2010

Despois da conta atrás realizada ao longo da semana, por fin chegou o 19 de xaneiro, un día no que dous dos nosos compañeiros, Mauro e Laura L., serían os primeiros, de toda a clase, en cumprir 5 anos, de aí que esto mereza unha mención especial no noso blog.
“Profe, hoxe levanteime e sentinme máis maior, prométocho”, era o que dicía, moi contento, un dos nosos cumpreañeiros ao entrar na clase e é que de sobra sabía que hoxe era o seu día; un día no que se convertiría xunto coa outra nosa cumpreañeira nos protagonistas da xornada.
Cando levamos a cabo a asemblea matinal o profe colocou, tal e como prometera, a tarta de 5 anos logo de retirar a de 3 anos que quedara baleira en decembro tras os aniversarios de Izan, Hugo e Paulo.
Como podedes imaxinar, a partir deste momento surxiron preguntas inevitables para moitos de nós.
- Tamén poñerás a tarta de 6 anos, profe?.
- Claro, pero para iso todavía queda moooooito tempo, nada máis e nada menos que agardar de novo a que pase o Festival de Nadal.
- E logo da tarta de 6 poñerás a tarta de 7 anos?...

A resposta nesta ocasión foi inesperada, pois fixo replantexarnos moitas cousas coas que non contabamos.
O profe explicounos que non ten preparada a tarta de 7 anos, pois cando cumpramos esta idade, incluso moitos de nós os 6 anos, estaremos na planta dos maiores.
A moitos de nós a idea gustounos; por fin nos esqueceremos do mandilón e, sobre todo, por fin, estaremos na hora do patio na zona de xogos dos maiores, unha zona que invita máis ca nosa á expansión vital.
Simultaneamente, sucedéronse sentimentos atopados, pois o feito de subir para a planta dos maiores conlevaba unha condición coa que moitos nos contabamos. Así, un dos nosos compañeiros moi sentido dixo: “profe, eu non quero cumprir máis anos, porque quero que ti sempre sexas o meu profe”... sen palabras.
Logo de levar a cabo todas as rutinas da asemblea, marcadas pola celebración dos aniversarios, e de realizar as actividades de aprendizaxe establecidas para ese día na zona do traballo obrigatorio, por fin chegou o momento, un momento que aos nosos cumpreañeiros fíxose interminable...
Coma sempre, a celebración dos aniversarios leváronse a cabo co ritual que seguimos dende o curso pasado: decoración da coroa, soplado de velas, fotografías e... traspaso da foto para a tarta de 5 anos, un momento que, nesta ocasión converteuse en algo sensacional e co que todos e todas estabamos expectantes.
Logo de cantar a canción “Tengo 5 años”, puxémonos a comer os cakes cos nosos cumpreañeiros trouxeron, e por tratarse de dous aniversarios o profe deixounos comer máis trozos dos permitidos habitualmente..., estaban delicioooosos!!! e por enriba disto, hoxe tamén teriamos ración dobre de caramelos masticables.
Ssssshhhh!!!, un segredo para Mauro e para Laura L. de parte de: Paulo, Carla, Iván, Candela, Alejandro P., Borja, Samuel, Laura R., César, Iria, Hugo, Áurea, Paula, Izan, Zaida, Alejandro O., Marta, David, Alejandro S., Sandra, Alejandro M. e Adriana... querémosvos mil millóns!!! (pero lembrade que é un segredo)

Como vedes, as pequenas cousas contan cunha significatividade especial na nosa aula convertíndose en situacións excepcionais que nos fan cada día un pouco máis maiores e axúdannos a entender mellor o noso pequeno-gran mundo e aínda que temos que agardar ata marzo para celebrar os próximos aniversarios, ao longo destas semanas compartiremos sorpresas fantásticas, así que seguide atentos ao noso blog.
Un saúdo e non ESQUEZADES que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

PARABÉNS LAURA LORENZO E MAURO.
XA TEDES UN ANIÑO MÁIS, AGORA HAI QUE PORTARSE MOI MOI MOI BEN PORQUE SODES OS MAIORES DA CLASE.

GRAZAS A J. RICARDO POR FACERLLE TAN ESPECIAL A CELEBRACIÓN DO SEU ANIVERSARIO NO COLEXIO.

Anónimo dijo...

felicidades Laura e Mauro!! e recordade que agora debedes ser o exemplo para os vosos compañeiros da clase pois sodes os maiores...

Anónimo dijo...

Non sei o que terá este profe que todos os nenos están toliños por el. ¿Cal será o seu secreto?

Anónimo dijo...

Felicidades para Mauro e Laura L.,un aniño máis, que os leva a ser os maiores da clase;pero...pouco a pouco esa tarta comezará estar chea de máis nenos e nenas.
Está claro que os nenos son impredecibles, cando para moitos de nós o paso de Infantil a Primaria é todo un mundo por saber como se van sentir eles, para eles, supón xogar no paito dos maiores, estar no edificio dos maiores,esquecer o mandilón...a verdade é, que é unha pena, porque este paso vai destrozando a inocencia que os caracteriza nestas idades.

Un saúdo, gracias Ricardo por todos os días que pasas cos nenos´.;)

Anónimo dijo...

Que ben o pasamos no cumple de Mauro e Laura Lorenzo, sobre todo, cando cambiaron a súa foto para a tarta de 5 anos. As próximas serán en marzo Zaida e Paula tal e como indica o "Tren dos Cumples" da clase.

Marisa dijo...

Son un pouco novata nisto, a verdade e que son bastante reacia a facer comentarios deste tipo,pero penso que xa é o momento de deixar atrás ese medo.
Antes de nada felicitarlle o cumple, con un pouco de retraso a Laura e a Mauro e desexarlle que disfruten ó máximo destes 5 anos que so se cumpren unha vez.
Ó profe decirlle que todo o que precise de nos, que non dubide en pedilo,que seguro que todos estamos dispostos a axudar no que nos sexa posible.
E para rematar decirlle a o profe que é un privilexiado por poder disfrutar da etapa máis bonita da vida dunha persoa, a infancia, e que desa etapa se é feliz sempre se lembra como algo bonito e un acórdase sempre das persoas cos que a compartiu, e que estes nenos nunca se esquencerán do seu profe que axudou a que fosen felices e sempre o levarán no seu recordo.

Anónimo dijo...

Que bonito ver como medran os teus alumnos, en tódolos sentidos...é unha experiencia que podemos disfrutar os que traballamos con nenos, os que amamos este mundo.. este ano eu tamén estou vivindo o soño da miña vida: ser mestra...e en isto tí Ricardo tes moita culpa, gracias polas túas ensinanzas e o teu "saber facer".
Encántame o blog...seguide así!!! (silvia P)